POR QUE DEBEMOS FACER EXERCICIO DURANTE A CORENTENA?

 

         Saímos da casa, baixamos polas escaleiras, cruzamos a rúa, imos o colexio, cambiamos de clase, saímos ao recreo, compramos o pan... Son algunhas das accións diarias que facíamos habitualmente. Pouca xente clasificaba, antes da corentena, estas rutinas como exercicio físico.

          No día a día realizamos moitos desprazamentos, que agora polas circunstancias actuais, reducíronse na maior parte dos casos aos límites da vivenda.

“Pasar 15 días sen moverte da casa non é o mesmo que pasalos en casa sen moverte. Na situación de corentena actual, o primeiro pode salvar a túa vida e a doutras persoas, o segundo é definitivamente malo para a saúde.

Segundo un estudo da Universidade de Liverpool, en Reino Unido, dúas semanas de inactividade física total (1.500 pasos e 36 minutos de movemento, o que leva facer algunhas tarefas domésticas) producen unha perda media de 0,36 quilos de masa musculoesquelética en todo o corpo. A diminución muscular media é de 0,21 quilos só nas pernas.

 Os científicos que levaron a cabo a investigación tamén apreciaron unha redución da capacidade aeróbica, un aumento da masa graxa, sobre todo no perímetro abdominal, e cambios metabólicos relacionados coas enfermidades cardiovasculares e a diabetes. Se optas por non moverte, seguramente saias da corentena peor que cando a comezaches. Pero evitalo é sinxelo.

Sigue lendo: https://elpais.com/elpais/2020/03/21/buenavida/1584772174_455933.html

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930