Actividades

Resolución Certame Dolores Agrelo

O xurado do Certame Literario Dolores Agrelo, convocado pola ANPA do centro, outorga os seguintes premios entre os participantes:

5º Ed. Primaria

•   1º Premio: Un gran enredo, de Xenxo Vázquez Pardo (5ºA)

•   2º Premio: Un mar de lixo, de Nora López Cotovad (5ºA)

•   3º Premio: A lagoa segreda, de Valeria González Soares (5ºB)

 6º Ed. Primaria

•   1º Premio: O mar que nos une, de Hugo González Rodríguez (6ºA)

•   2º Premio: Unha amizade sen obstáculos, de André Otero Jelpi (6ºB)

•   3º Premio: O mar lembra, de Carmen Elena Alves (6ºB)

  Accésit:

- Recordos sabor sal, de Daniela Rial Estévez (6ºB)

- Valente defensora do mar, de Natalia Rodríguez Gómez (6ºA)

- A illa das tribos, de Ariadna Leyenda García (6ºA)

 1º- 2º Ed. Secundaria

•   1º Premio: Distintos tempos, o mesmo mar, de Xiana Calero Iglesias (2ºB)

 

A ANPA tamén achega o seu agradecemento ao alumnado integrado no xurado cun pequeno agasallo.

 

Chocolatada da ANPA antes da ponte da Constitución

Este martes 5 convidáronnos a chocolate quente a todo o alumnado, mesmo con rosca para os máis cativos. O alumnado de Ed. Primaria e ESO puideron degustar as rosquillas e madalenas que vendía o alumnado de 4ºESO para financiar a súa viaxe de fin de etapa.

É unha sorte para un centro contar cunha ANPA tan colaborativa e implicada.

ANPA: Actividades extraescolares

A ANPA oferta un ano máis actividades extraescolares para o alumnado do centro e de todos os centros de Baiona.

A proposta inicial pode verse no documento adxunto. Súmanse novas ofertas de actividades:

XIMNASIA RITMICA: mércores, 15.50-16.50, 20€

ZUMBA: martes, 15.50-16.50, 20€

 

Entrevistas coas familias

O novo curso comeza e agardámosvos nas reunións coas familias para contarvos as novidades do curso e atoparvos coas titorías.

As reunións coas familias do alumnado de ESO terán lugar na tarde do luns 11 de setembro, na que non haberá sesións lectivas co alumnado:

  • 3º e 4º ESO: 16h
  • 1º e 2º ESO: 17h

Obradoiro de stopmotion

 Queres aprender a elaborar un vídeo empregando a técnica "stopmotion"?

Ao abeiro do Proxecto Polos Creativos organizamos un obradoiro o vindeiro xoves 16 de marzo, de 16:30h a 18:30h, para aprender a confeccionar este tipo de vídeos. Será unha actividade de familia onde se traballará por parellas.

PRAZAS ESGOTADAS

Animádevos a participar en familia!!!

(PRAZAS LIMITADAS: Máximo 12 parellas e non é preciso traer material.)

Stop Motion Studio for iOS - What is a stop motion movie?

 

Arribada no cole con chocolatada da ANPA

Este xoves 2 celebramos a Arribada no centro.

O alumnado que así o desexou viu caracterizado ao centro educativo e grazas á ANPA do centro desfrutaron dunha fantástica chocolatada!

Formación: Xestión do dó con nenos

O centro en colaboración co CFR de Vigo ofrece unha charla coloquio á comunidade sobre como xestionar o dó, especialmente con nenos.

A formación terá lugar o martes 14, ás 17h, no salón de actos do centro cunha duración aproximada de 2horas.

Formación impartida por Dona Olegaria Mosqueda, psicóloga e orientadora.

O aforo é limitado e será precisa inscrición, dándolle prioridade ás familias de 1º e 4º Ed.Primaria e ao profesorado. Tamén está aberto a toda a veciñanza de haber prazas suficientes.

Aos asistentes confirmaráselles a praza por SMS.

Interculturalidade: 1º Estadía. África

Tres palabras na devandita linguaxe e unha canción. Ademais dunha manchea de curiosidades,inquedanzas, costumes e descubrimientos de diferentes culturas así como pinceladas de coñecementos xeográficos. Temos que aprender que o mundo e de todas as cores e razas e que mellor que a rapazada de 2º e 6º constrúa un mundo máis doce e cheo de amor.

Pois ben a nosa primeira estadía lévanos a África. 

Premede o link. 

https://drive.google.com/file/d/1vjoVGFtUmXC1OEld-zldMmkf0AK1VSEl/view?usp=drivesdk

 

Grazas as familias polo colgante de macarróns africano.

Vémonos en China 6º de Primaria!

22 de decembro, xornada de actividades e convivencia!

Este 1º trimestre do curso despedímolo cunha xornada de actividades e convivencia para todos e todas coa colaboración do alumnado de 4ºESO, a ANPA e o profesorado:

  • Obradoiro de maquillaxe para Ed.Infantil.
  • Obra de teatro, versión "Cuento de Navidad".
  • Discoteca con "badaladas fin de ano" e photocall.
  • Concerto do coro e de 5º e 6ºEd.Primaria.
  • Xincana deportiva para ESO e miniliguilla de fútbol e baloncesto.
  • Chocolatada a cargo da ANPA durante os recreos, tamén con biscoito!!

Coa implicación de todos e todas agardamos que o pasen moi ben!

Emisión en directo dos concertos e obra de teatro: 

https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro

1ºPase: 09:40h Coro xuvenil, baile e teatro

2ºPase: 10:30h Teatro

3ºPase: 11:30h Coro xuvenil, baile e teatro

4ºPase: 12:20h Coro 5º e 6º Ed.Primaria, baile e teatro

 

XVIII Certame literario Dolores Agrelo

Un ano máis a ANPA do centro convoca o Certame literario Dolores Agrelo na procura de fomentar a creación literaria nas novas xeracións.

Este ano a temática terá relación co 50º aniversario do noso centro, tempo abondo para xurdir relatos sobre o medio siglo de existencia.

A resolución do xurado pódese consultar nos ficheiros adxuntos.

Actividades extraescolares 2022/2023

  • Pintura e Debuxo, Luns 18h
  • Intelixencia emocional con cans, Mércores 16h
  • Baile, Xoves 16h e Venres ás 17h
  • Cociña, Venres 16h e 17h
  • Piscina (Piscina mancomunada Val Miñor), Martes 16:30h / Xoves 16:30h

Certame literario Dolores Agrelo

XVII CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO DOLORES AGRELO


A A.N.P.A. do CPI Cova Terreña de Baiona, na procura de fomentar e divulgar a creación literaria nas novas xeracións, convoca o presente Premio Literario, que leva o nome da persoa que de xeito altruista donou os terreos onde hoxe se levanta o noso centro educativo.

Poderán concorrer todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria do CPI de Cova Terreña, cunha única obra do xénero de relato curto, de temática relacionada coa do ano escolar, e escrita en lingua galega, fixada pola ANPA co título  “Contos no Val”

As bases atópanse no ficheiro adxunto e os traballos pódense empregar ata o 21 de xaneiro de 2022.

Obradoiros de Igualdade a través da ANPA

A ANPA subvencionou, a través do Pacto de estado pola Igualdade, uns obradoiros sobre Igualdade, novas tecnoloxías e novas masculinidades para o alumnado do centro.

Esta actividade englóbase dentro do programa de conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Magosto 2021!

Grazas á ANPA do centro educativo este ano puidemos celebrar o Magosto!

A ANPA encargouse de todo: adquirir as castañas, picalas, asalas e distribuilas!

Magosto

Agradounos comprobar canto gustan as castañas entre o alumnado!

 

Grazas por darnos un "pouco de normalidade". O ano que ven agardamos que xa poida ser no monte!!

ANPA: Oferta de actividades extraescolares

 

A ANPA do centro oferta este ano actividades extraescolares de Pintura e debuxo, Obradoiro musical, Intelixencia emocional, Baile, Cociña, Linguaxe de signos, Robótica, Inglés e Natación.

A ficha de inscripción ten os horarios e prezos actualizados e podedes entregala no buzón da ANPA, ao lado da conserxería do centro.

Para calquera dúbida contactade coa ANPA  no número 698111741.

Recollida solidaria de alimentos

 

Estimadas familias,

A situación actual está levando a algunhas familias a vivir situacións complexas e dificultades económicas.

O club Fútbol Sala Baíña solicitou a nosa colaboración, e a dos outros centros educativos do Concello de Baiona, para facer unha recollida de alimentos non perecedeiros en favor da ONG “Ayuda al mundo necesitado”.

O mércores 10 de febreiro terán un posto de recollida na entrada principal do centro educativo á hora da entrada e da saída do alumnado. Se desexades colaborar, achegade alimentos non perecedeiros aos voluntarios que os recollerán para facerllos chegar ás familias necesitadas a través da ONG “Ayuda al mundo necesitado”.

Grazas de antemán pola vosa colaboración no nome de todas as entidades participantes na iniciativa.

Conmemoración do Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e non violencia.

Coas mensaxes do noso alumnado o equipo de biblioteca preparou este vídeo.

O luns 1 de febreiro coñecemos aos gañadores e gañadoras do Certame literario Dolores Agrelo que organiza a ANPA do centro educativo con importante premios en material escolar.

[Lista de gañadores e gañadoras e fotografías nos ficheiros adxuntos]

Activities 1ºESO A+B

Ola a tod@s! 

É hora de ser responsáble e permancer na casa. Sabemos que estades aburridos pero é momento de aproveitarse da situación e sacar o máximo partido.

En cada arquivo que tendes subido á Aula Virtual tendes as instrucións do que debedes facer. De tódolos xeitos, gustaríame que se tendes algunha dúbida ou queredes que revise o voso traballo mo enviedes a unha das seguintes direccións: acmparamo@gmail.com // amaside@edu.xunta.es

Coidaros moito e imos a por todas! Sempre a vosa disposicion.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930