Actividades

Festival de Nadal

O xoves 21 de decembro despedimos o 1º trimestre do curso e o ano 2023.

Dende o equipo de convivencia e o grupo de teatro planificaron unha xornada con actividades para todas as etapas.

Dentro das actividades tamén celebraremos as badaladas de "fin de ano"; o alumnado pode vir vestido para a ocasión e traer 12 unidades de uvas, olivas, bombóns, gusanitos...

Agardamos que o pasen moi ben!!

O noso centro recibe a medalla de ouro do Concello de Baiona

O xoves 14 de decembro o CPI de Cova Terreña recibiu a medalla de ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto institucional, ao mesmo tempo que emotivo, que se celebrou na praza do concello, a cal se quedou pequena para acoller a todas as persoas vencelladas ao centro que se sumaron ao evento. 

O noso centro foi recoñecido con este galardón, o de maior rango posible, pola súa actividade educativa, social e cultural ao longo dos seus 50 anos de vida.

 

No acto fíxose referencia a como "vive" o centro o alumnado a través das palabras de Leo Álvarez, representante no Consello Escolar e alumno de 2º ESO.

A concelleira de Educación deu lectura á "meritoria" presentada pola anterior corporación que motivou a concesión da devandita medalla. O concelleiro de Cultura certificou o outorgamento do galardón ao centro que lle foi entregado á directora, Dna. Isabel Martínez Cabaleiro, de mans do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuíña.

No acto estiveron presentes o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o inspector do centro, D. Gustavo Lorenzo Prozzo, a corporación municipal, ex-directores, membros do Consello escolar e representantes da ANPA, aos que se sumaron centos de baioneses e baionesas.

Ao longo da tarde visualizáronse fotografías históricas do centro, proxectouse o vídeo elaborado polo 50 aniversario e puidemos gozar da música do coro xuvenil e conxunto instrumental do centro ao que se sumou o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria, concluíndo con panxoliñas unha tarde memorable. 

Acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo

Este xoves 14 de decembro, ás 19:30h, terá lugar o acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo, acto ao que convidamos a participar a toda a comunidade educativa.

O acto celebrarase na praza do concello e a continuación actuará o coro xuvenil.

Concierto del coro juvenil en Madrid, 20 de diciembre

Nuestro coro juvenil del CPI de Cova Terreña actúa este miércoles 20 de diciembre a las 18h en la parroquia de San Manuel y San Benito, en Madrid.

El coro juvenil, formado por 50 alumnos y alumnas del centro educativo, interpreta piezas contemporáneas y clásicas, también de temática navideña, bajo la dirección de D. David Piñeiro, profesor de música del centro educativo.

Chocolatada da ANPA antes da ponte da Constitución

Este martes 5 convidáronnos a chocolate quente a todo o alumnado, mesmo con rosca para os máis cativos. O alumnado de Ed. Primaria e ESO puideron degustar as rosquillas e madalenas que vendía o alumnado de 4ºESO para financiar a súa viaxe de fin de etapa.

É unha sorte para un centro contar cunha ANPA tan colaborativa e implicada.

5-Xuño, Día do Medio Ambiente co alumnado de Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil conmemorou o día do Medio Ambiente plantando flores no patio escolar, unha actividade divertida co apoio do profesorado e do xardineiro xefe Víctor.

Ademais, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore da promoción que os acompañarán nos xogos de recreo na súa etapa de Ed.Primaria.

 

De 6ºPrimaria a 1ºESO

Ímos traballando sobre o cambio de etapa.

Primeiro un encontro coas familias e o 14 de xuño xornada de convivencia no centro.

50 aniversario, acto institucional, visita do Conselleiro de Educación

50 aniversario do CPI Cova Terreña, 50 anos axudando a construír persoas

O pasado 21 de abril o noso centro viviu unha xornada inesquecíbel para todas e todos. Coa presenza de numerosas autoridades e dos e das representantes da comunidade educativa, o CPI Cova Terreña conmemorou o seu 50 aniversario, unha celebración que leva por título: “50 anos axudando a construír persoas”.

Comezaba a celebración co discurso da nosa directora, Isabel Martínez Cabaleiro, lembrando que o noso centro conta na actualidade “cunha importante renovación estrutural e tecnolóxica, que participa intensamente en proxectos innovadores, sendo un elemento dinamizador da vila e que ten un claro obxectivo: o noso alumnado”. Ademais, aproveitou a ocasión para lembrar a todas e todos os profesionais, e aos máis de 4.500 estudantes que pasaron polas nosas aulas nestes cincuenta anos, asemade das familias vinculadas ao centro..

A seguir, o alcalde da vila de Baiona, Carlos Gómez, confirmou a proposta de concesión da medalla de ouro ao noso centro, un centro educativo polo que pasaron xeracións e xeracións de baioneses e baionesas, e do que salientou o seu peso específico na vila.

Pechaba as quendas de intervención o Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, quen, entre outros eloxios, subliñou os enormes atrancos estruturais que tivo que asumir o noso centro nos últimos anos e como, a partir do labor do inmenso equipo humano que o conforma, se puido saír adiante cuns resultados óptimos. As felicitacións do Conselleiro centráronse nas súas “cinco décadas de constancia, fortaleza e afán permanente de mellora no servizo educativo (...) sempre apostando pola calidade, a equidade e pola excelencia académica, cun programa educativo extraordinario e exemplar que gañou en innovación e inclusión co paso do tempo”.

Por outra banda, o acto serviu para a proxección dun vídeo conmemorativo do 50 aniversario, e a entrega de obsequios a aqueles e aquelas que, durante algúns anos acudiron ás aulas do noso centro, ben para impartir docencia, ben para recibir os coñecementos e destrezas básicas coas que desenvolverse como persoas. Todas e todos son o noso orgullo.


 

E esta xornada tan especial rematou cun concerto do Coro do CPI Cova Terreña, dirixido polo profesor David Giráldez, e mais coa plantación dunha árbore na entrada do recinto escolar, plantación na que participaron tanto o Conselleiro de Educación e Cultura como o propio Alcalde de Baiona.

E seguiremos outros 50 anos máis axudando a construír persoas!
50 anos axudando a construír persoas incríbeis!

Saída 3º ESO Proxecto Competencial Visita Xeoparque

O alumnado de 3ºESO de Proxecto Competencial visitou o Xeoparque do Courel (Quiroga, Ribas de Sil e O Courel), Castro Caldelas, Pobra de Trives e os canóns do río Sil.

Así pois, nestes días coñecemos distintos enclaves de interese realizando moi diversas actividades, visitando os museos Etnográfico e Mineiro de Quiroga, o Museo do Xeoparque do Courel de Ribas de Sil, e o castelo medieval de Castro Caldelas, onde levamos a cabo unha visita guiada e mais un obradoiro de escrita medieval. Visitamos paraxes naturais marabillosas e tamén puidemos coñecer o dano que o lume causou no Xeoparque e nas súas aldeas, lume e dano que, infelizmente, tampouco é alleo ao noso alumnado de Baiona.



Ademais, tiveron tempo para desfrutar da compañía dos seus compañeirxs e reforzar vínculos.
 

Viaxe a Astorga - Burgos - Atapuerca - León

O alumnado de 3ºESO Relixión está a visitar distintos puntos de interese na comunidade castelanoleonesa.

Así pois, na ruta que están a realizar atópanse distintos enclaves de interese:

  • Astorga: coa súa catedral.
  • Burgos: cidade, catedral, museos...
  • Atapuerca: visita ao xacemento arqueolóxico, actividades no CAREX...
  • León: visita á basílica de S. Isidoro, tesouro da arte sacra.

 

Ademais, terán tempo de desfrutar en compañía dos seus compañeirxs e reforzar vínculos.

 

Saída fin de etapa Roma

O noso alumnado de 4ºESO atópase en Roma realizando a súa viaxe de fin de etapa, a cal deixará neles e nelas lembranzas inesquecibles pola actividade, pola cidade e pola convivencia cos seus compañeirxs de tantos anos no centro.

Arribada no cole con chocolatada da ANPA

Este xoves 2 celebramos a Arribada no centro.

O alumnado que así o desexou viu caracterizado ao centro educativo e grazas á ANPA do centro desfrutaron dunha fantástica chocolatada!

Concerto do coro xuvenil en Villablino e xornadas de esquí

O coro xuvenil do CPI de Cova Terreña está en Villablino onde deu un concerto no auditorio da Casa da Cultura de villablino.

O alumnado aproveitou a súa viaxe para ter unhas xornadas de esquí na estación de Leitariegos nos que o pasaron xenial tal e como se pode comprobar nas imaxes adxuntas.

Acto de dó

Este martes 7 de febreiro reunímonos nun acto de dó pola perda de Beatriz Lijó, vítima de violencia de xénero e que deixa a dous alumnos sen nai. Xuntos, todas e todos xuntos, debemos ofrecer todo o noso máximo apoio a estes nenos.

Neste centro son moitos os días en que nos xuntamos, mais hoxe gustaríanos non estar así de xuntos. Hai uns días celebrabamos o día da Paz con poesía e música, mais hoxe apenas podemos celebrar nada. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que dirixir unha clara e rotunda mensaxe de condena a todos aqueles que nos rouban, que nos maltratan e que nos asasinan as nais, irmás, fillas e netas. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que pensar que nos está a pasar como sociedade. A morte dunha muller, a morte de Beatriz aquí en Baiona, é unha bomba atómica que esnaquiza todo o que atopa ao seu paso:

Mutila a familia. Rompe a nosa convivencia. Secuestra a liberdade. Atormenta os corazóns. Liquida o noso futuro. 

A comunidade educativa estivo arroupada polo xefe territorial D. César A. Pérez Ares, o inspector D.Miguel Hernández Montes, o Concelleiro de Educación D. Óscar Carreño, a Concelleira de Igualdade Dona Yasmina Moreira, a directora do Centro de Información á Muller Dona Elena Otero, as directoras dos centros educativos, os representantes do Consello Escolar, os membros da ANPA, profesorado, persoal non docente, alumnado,... mesmo os centros educativos do concello secundaron o minuto de silencio dende  as súas respectivas sedes.

“Eu non quero arredar as miñas verbas de todos os que sofren neste mundo. E ti, vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Beatriz, doce mágoa, deitada rente ao mar.”

A nosa homenaxe pola PAZ!

O pasado luns 30 de xaneiro, todo o CPI Cova Terreña uniuse para celebrar no patio norte un evento memorábel. O alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria celebrou un recital poético con poemas escritos en varias linguas de Celso Emilio Ferreiro, Antonio Machado, César Vallejo, Miguel Hernández, Carmen Conde ou Rafael Alberti, ademais doutras composicións das alumnas:  Nagore Álvarez, Lucía Blach, Loren Outerelo, Valentina Cabral e Marta López.

 

Intercalados cos poemas, o alumnado de Primaria, dirixidos pola mestra Ana Rodríguez, interpretou diversos temas musicais. Tempo despois, era o Coro de Secundaria, dirixido polo profesor David Piñeiro, quen nos emocionaba con temas tan coñecidos coma Let it be ou Color esperanza.

 

A través dos versos e da música quixemos denunciar as inxustizas que moitos seres humanos cometen contra outros seres humanos:

 

Libremente

con esperanza

narrando o desterro

dos asoballados

e dos irmáns

pola paz...

 

22 de decembro, xornada de actividades e convivencia!

Este 1º trimestre do curso despedímolo cunha xornada de actividades e convivencia para todos e todas coa colaboración do alumnado de 4ºESO, a ANPA e o profesorado:

  • Obradoiro de maquillaxe para Ed.Infantil.
  • Obra de teatro, versión "Cuento de Navidad".
  • Discoteca con "badaladas fin de ano" e photocall.
  • Concerto do coro e de 5º e 6ºEd.Primaria.
  • Xincana deportiva para ESO e miniliguilla de fútbol e baloncesto.
  • Chocolatada a cargo da ANPA durante os recreos, tamén con biscoito!!

Coa implicación de todos e todas agardamos que o pasen moi ben!

Emisión en directo dos concertos e obra de teatro: 

https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro

1ºPase: 09:40h Coro xuvenil, baile e teatro

2ºPase: 10:30h Teatro

3ºPase: 11:30h Coro xuvenil, baile e teatro

4ºPase: 12:20h Coro 5º e 6º Ed.Primaria, baile e teatro

 

Figa Junior Tanxugueiras

Os rapaces e rapazas de 5º, 6º e o protagonista de 4º interpretaron unha similitude do videoclip de Figa de Tanxugueiras para conmemorar o folclore galego e a celebración de Samaín co Aquelarre e a caza de bruxas.

 

https://drive.google.com/file/d/1O2KzsRokl_tmDQ874jOSLdzjgs_snsdd/view?usp=drivesdk

 Non nos podemos esquecer do traballo por parte das familias na  caracterización dos rapaces e rapazas. Grazas!

MAGOSTO 2022

 

 

O NOSO MAGOSTO EN IMAXES

 

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e

participación nesta actividade. Foi un día fantástico!

 

Prema na imaxe para ver o vídeo

 

 

 

    ...

 

 

Trullada da castiñeira do alumnado de Ed.Primaria para TOD@S!!!

A rapazada de Ed. Primaria preparou unha trullada (canción típica galega) para toda a comunidade. Así íamos quentando motores para a celebración do Magosto!!!

 

Grazas á colaboración de Ana Rodríguez Dosouto, a nosa mestra de Música!.

Día do Medio Ambiente: Plantación da árbore de 6ºEd.Infantil

Dentro das actividades de conmemoración do Día Mundial do Medioambiente, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore que os acompañará durante a súa estadía na Ed.Primaria e Ed.Secundaria no patio do centro educativo.

Dia MedioAmbiente

Levaban xa un tempo coidando da súa árbore que agora os agardará nos xogos e recreos.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer