A
s Mochilas
Viaxeiras nacen como unha ferramenta que permite achegar ás familias
do alumnado de Ed. Infantil e Primaria material bibliográfico diverso para fomentar a
lectura. Esta iniciativa permite tamén traballar as desigualdades
socioeconómicas ao fornecer de recursos a todos os fogares por igual.
Cada mochila viaxeira contén diferentes libros relativos a unha temática e un Caderno Viaxeiro no que os
rapaces e rapazas poden anotar sobre as lecturas preferidas e reflexións, mesmo debuxar aquelas ideas
relacionadas cos libros da mochila.
Mochilas Viaxeiras de 6º Ed.Primaria (esquerda) e instrucións do Caderno Viaxeiro (dereita)
Todos os luns e xoves de cada semana, a mochila cambia de mans para, deste xeito, chegar a todas as familias.
Alumno de 1º A Primaria coa súa Mochila Viaxeira na primeira quenda.