Educación Física

DIFUSIÓN DO HÓCKEY NA ESCOLA

A federación de Hóckey herba, coa intención de difundir este deporte entre os escolares, está a proporcionar o material desta disciplina entre o profesorado de Educación Física.

Esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO terá un breve obradoiro sobre as normas do deporte, o material e os xestos técnicos específicos. E por suposto poderán vivenciar o xogo disputando partidos adaptados.

Está actividade forma parte do PVAD, Iguála-T, Convíve-T, Inclúe-T

Encontros de fútbol gaélico

O martes, 19 de Marzo, o alumnado de 1º da ESO participou no II Torneo Gaélico escolar do Val Miñor. Formaronse 3 equipos mixtos entre todo o alumnado que disputaron varios encontros cos centros de Gondomar (Augas da Laxe e Terras de Turonio).

A xornada durou toda a mañán. O alumnado realizou actividade físíca; melloraron os coñecementos, a técnica e a táctica deste deporte; afondaron na ética desta disciplina; e compartiron vivencias con escolares da contorna.

Está actividade forma parte do PVAD, Iguála-T, Convíve-T, Inclúe-T

 

CHARLA DE FÚTBOL GAÉLICO

Hoxe luns, 18 de Marzo, o alumnado de 1º da ESO participou nunha charla de fútbol gaélico.

O obxectivo da charla foi promocionar o deporte, repasar as normas, preguntar dúbidas e dar a posibilidade ao alumnado de diversificar a súa actividade física.

Esta actvidade antecede ao encontro intercentros que terán lugar o martes 19 de Marzo en Gondomar.

O fútbol gaélico é unha modalidade en crecemento en Galicia. O Turonia Gondomar FG está a realizar adestramentos periódicamente e está á búsqueda de novas estrelas como Antonella Álvarez que xa ten unha carreira brillante pese á súa xuventude.

Fase zonal do campionato provincial de orientación

Hoxe, luns 18 de Marzo, o alumnado de 2º da ESO participou na fase zonal do campionato provincial de orientación escolar.

A modalidade de carreira era Score, onde o alumnado tiña que atopar o maior número de balizas no menor tempo posible.

A proba celebrouse en Navia (Vigo), no parque Nelson Mandela.

Participaron moitos centros da zona e o ambiente festivo foi un aliciente para todos.

Esta actividade forma parte do PVAD, Inclúe-T, Convíve-T, Iguála-T.

 

 

CHARLA CLASES SEN FUME

Ola:

O 19 de febreiro visitounos un año más Victoria, médico do SERGAS, para impartir unha charla informativa ao alumnado de 1º da ESO sobre os perigos da adicción ao tabaco.

Explicaron como actúa a nicotina, o alquitrán e o monóxido de carbono no corpo; o xeito que ten o corpo de reccionar ante unha sustancia tóxica; e as consecuencias no futuro. Tamén trataron este problema desde o punto de vista empresarial e as campañas que leva facendo a industria tabaqueira ao longo dos anos.

Ao final da sesión a médica intervinte ofreceu a posibilidade de facer unha cooximertría para valorar a cantidade de CO expirado.

Esta charla forma parte do programa clases sen fume e do programa proxecto de vida activa e deportiva. 

OBRADOIRO DE FÚTBOL GAÉLICO

Bos días

A semana do 5 ao 9 de Febreiro o alumnado de 1º e 3º da ESO puido disfrutar de dúas sesións de iniciación ao fútbol gaélico. Esta actividade desenvolveuse durante as sesións de educación física. A parte final deste obradoiro remataría nunha convivencia con outros centros en Gondomar.

O proxecto gaélico-escolas adícase a difundir este deporte entre os escolares

A actividade forma parte do programa PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), do programa Inclúe-T, iguála-T, Emocióna-T e Convíve-T.

 

SAÍDA A PONTEVEDRA: ESCALADA E VISITA AO MUSEO

O alumnado de 4º da ESO desfrutou este venres, 2 de febreiro, dunha xornada de escalada nas instalacións municipais de Pontevedra (Pavillón multiusos da Xunqueira).

Tras unhas semanas de adestramento sobre o manexo de material, estes alumnos foron quen de desenvolver a actividade con autonomía baixo a supervisión do profesor de Xeografía e Historia e o profesor de Educación Física.

A actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración do Museo de Pontevedra, a Deputación, o IMD (Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra) e o Club de Montañeiros de Pontevedra, que nos alugou o material para dita práctica.

Esta saída forma parte do programa PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), Inclúe-T, Convíve-T, Iguála-T e Emocióna-T.

A actividade complementouse cunha visita ao Museo de Pontevedra. Alí, centrouse a visita na exposición permanente de Castelao, no tesouro de Caldas e na colección de Sargadelos, entre outras moitas xoias da arte galega.

As dúas actividades foron organizadas polos departamentos de Lingua Galega e Educación Física.

 

 

CONCURSO CLASES SEN FUME

Xa está seleccionados e enviados os eslogáns que participarán no concurso clases sen fume.

O propio alumnado votou en cada unhas das clases de 1º da ESO cal era o debuxo que os ía representar neste certame.

Esta actividade forma parte do proxecto clases sen fume. O obxectivo desta intervención e evitar e desincentivar a adicción ao tabaco.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS FIN DO TRIMESTRE

Con motivo do remate do primeiro trimestre e o comezo das vacaciones de Nadal, organizáronse diferentes actividades deportivas durante a metade da mañá.

O obxectivo fundamental foi a práctica de actividade física dos escolares. Buscouse optimizar o espazo para dar cabida ao maior número de alumnado con distintas actividades repartidas polo espazo do pavillón municipal.

Fixéronse torneos de:

Baloncesto

Fútbol

Tenis de mesa

Brilé

Voleibol

Nalgúns casos optouse por equipos mixtos e noutros por petición das rapazas por equipos integramente femininos.

Esta actividade forma parte do proxecto de vida activa e deportiva, os programas Inclúe-T, Iguála-T e Convíve-T

PROBAS DAFIS

Durante dúas semanas o alumnado da ESO estivo a realizar as probas DAFIS (datos de actividade física saudable). O centro leva xa tres anos recopilado datos do alumnado.


As probas valoran a condición física do alumnado relacionada coa saúde. Esta intervención constitúe un análise das necesidades de actividade física para unha posterior intervención.

Entre os obxectivos están loitar contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade; mellorar a saúde dos nosos escolares establecendo modelos de intervención para combater a inactividade física.

As probas poden consultarse na web da consellería: https://dafis.xunta.es/index.php/pruebas-test:

O rexistro dos datos están vinculados co SERGAS polo que o centro de saúde poderá consultar esta relevante información para ter unha visión máis ampla dos nosos escolares.

As familias deberán dar o seu consentimento para a subida destes datos. En calquerqa caso dita información será confidencial.

No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.

 

RCP NA AULA

Durante esta semana o alumnado de 2º e 3º da ESO aprendeu as técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar. A activividade intégrase dentro dun programa máis amplo que pretende difundir a concienciación e a aprendizaxe dos primeiros auxilios en toda Galicia.

Ademais tamén aprenderon outras técnicas, como a actuación ante unha OVACE (obstrución de vía aérea por corpo estraño).

 

Visita dun campión de bolos

Estes días estivo de visita no centro un campeón de España. Jairo obtivo este título na categoría individual de  bolos celtas.

Explicoulles ao alumnado de 1º e 4º da ESO a técnica deste deporte e as regras básicas.

Con motivo da visita dedicarémoslle unha das lonas que colgan no noso pavillón.

Obradoiro de bolos celtas

O xogo dos bolos é unha actividade de grande arraigo na comarca do Val Miñor. Son moitos os clubs que proliferaron na zona e que se esmeran por conservar este tradicional xogo.

A federación galega territorial de bolos visitou o noso centro para impartir unha sesión de iniciación aos bolos celtas. Explicaron ao alumnado a orixe do xogo, as súas regras e a técnica de lanzamento.

Primeiros Auxilios

Hoxe tivemos de invitados ao noso centro a un equipo da UCI do Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro. O alumnado de 1º e 4º da ESO participou nun obradoiro de primeiros auxilios.

Primeiro impartíronse unhas nocións teóricas e despois fixeron unhas prácticas entre eles e cuns bonecos interactivos.

Aprenderon: a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP) de calidade; a colocar ao accidentado na posición lateral de seguridade (PLS); a usar o desfibrilador semiautomático (DESA); e tamén as pautas ante unha obstrución da vía aérea por corpo estraño (OVACE).

 

LIGA DE FÚTBOL MIXTA

Xa deu comezo a liga de fútbol mixta nos recreos de secundaria. Os equipos serán mixtos e formados por 4 persoas con representación de ámbolos dous sexos. A arbitraxe correrá a cargo dos propios equipos

 

Esta actividade forma parte dos seguintes programas: PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclúe-T,  Iguála-T, Convive-T, Emocióna-T

 

 

DINAMIZACIÓN DOS RECREOS DE SECUNDARIA

Estas son algunhas das actividades físicas que o alumnado de secundaria está a practicar nos recreos: voleibol, badminton, tenis de mesa, fútbol, palas, baloncesto... O propio alumnado poderá facer propostas, as súas inquedanzas serán escoitadas e tidas en conta por este departamento.

Esta actividade forma parte dos seguintes programas: PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclúe-T,  Iguála-T, Convive-T, Emocióna-T

 

CHARLA AESLEME

Ola:

O alumado de 2º da ESO tivo a ocasión de charlar con Felix, pertencente á asociación AESLEME. O ponente faloulles de educación viaria, prevención de accidentes, pautas de seguridade...

Felix explicou as características das lesións medulares, as súas consecuencias, e de como poden afectar á vida das persoas. Tamén contou a historia do seu accidente e como se recuperou e adaptouse á nova vida.

Xornada na praia de Santa Marta

Ola a todos e todas:

Como  conclusión ao curso, todo o alumnado de ESO e 6º de Primaria acudiu á praia de Santa Marta a pasar a mañá. Todo o grupo, agás os alumnos de Belesar, desprazáronse a pé desde o centro escolar ata a praia.

Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.

O bar da praia, tras a súa solicitude, permaneceu aberto a disposición do centro.

Estas foron as actividades propostas:

Actividades tranquilas: cartas, xogos de mesa e petanca.

Actividades dinámicas na area: rugby tag, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, béisbol, pas e spikeball.

Actividades na auga: paddle surf, kayac e nado libre.

O propio alumnado, baixo a supervisión do profesorado, encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidían o grao de participación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.

A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi practicamente nulo.

Esta actividade forma parte do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclue-T, Iguala-T e Convive-T

 

NOVAS LONAS NO PAVILLÓN DO COVA TERREÑA

Ola a todos:

Xa temos as novas lonas colocadas no noso pavillón.

Tras o paso polo colexio dos deportistas: Aroa Sío, Bernabé Costas e Desirée Vila, queda reflectido nas paredes do pavillón as súas fotos e o palmarés.

Estes tres deportistas visitaron ao alumnado que puido participar nunha charla con preguntas sobre as súas modalidades deportivas.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Clases sen Fume, Inclúe-T e Iguala-T.

FLASHMOB NO COVA TERREÑA

Ola a todos:

Con motivo do 50 aniversario do colexio, o alumnado da ESO, especialmente o de 1º da ESO, participou nunha acción sorpresiva, organizada e grupal onde representaban un baile previamente aprendido, esta é a esencia do flashmob.

Catro alumnos sen previo aviso comenzaron a bailar e pasados uns segundos os que estaban ao redor foron sumándose á coreografía. O alumnado de primaria que nese momento estaba no patio foron os espectadores.

Esta actividade forma parte de varios proxectos: PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

Distribuir contido

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031