Teatro

O alumnado de teatro do CPI de Cova Terreña nos actos do 25N

O alumnado de teatro do CPI de Cova Terreña participou nos actos reivindicativos do 25N organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona contra a lacra que supón a violencia machista na nosa sociedade.

Os actos comezaron cunha marcha dende a entrada do Parador de Baiona rumbo á Praza do Concello. A marcha abriuna o alumnado do noso CPI portando unha pancarta que rezaba: "Baiona contra as violencias machistas".

A seguir, o alumnado puxo en escena unha performance baseada na lectura dos nomes dalgunhas das mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas neste 2023, remarcando a vontade de erradicar dunha vez por todas esta situación detestábel. Alba, Kiara, Nathaldo, Elia, Bea, Iris, Mara e Area deron paso á familia dunha das mulleres asasinadas en Baiona neste ano para que dese lectura ao texto oficial do Concello de Baiona.

O acto rematou cun máis que emotivo minuto de silencio en solidariedade coas mulleres asasinadas e as súas familias.

Vidas cortadas que endexamais verán a luz!

Nais, fillas e irmás que xa nunca volverán!

Non cales ante a violencia sexual!

Non cales ante o insulto!

Non cales ante as ameazas!

 

Inauguración da campaña "Baiona Lila" do Concello de Baiona

O alumnado de teatro do CPI de Cova Terreña participou na inauguración da campaña "Baiona Lila", que tivo lugar no Centro Multiúsos de Sabarís o pasado 3 de novembro.

O alumnado puxo en marcha unha performance sobre corresponsabilidade en que cada participante liberaba a muller das ataduras e ligazóns que lle impiden levar unha vida plena.

Bea, Carmen, Kiara, Clara, Antía, Elia, Alba, Iris e Nathaldo amosáronnos que hai outro xeito de compartir a vida en parella e na familia, "corresponsabilizándose" e partillando os labores do fogar e do traballo.

 

 

TEATRO

Onte luns 8 o alumnado de 2º ESO representou a obra: "Historia de cómo nuestro amigo Panchito González se sintió responsable de la epidemia de peste bubónica en la zona sur".  Trátase dunha adaptación teatral de vanguardia. É unha obra crítica có racismo, a corrupción e a cobiza humana, pero pretende reflectilo por medio do humor e a risa. O alumnado de 2º ESO, coa colaboración e axuda técnica de 3º ESO, levan moitos meses de esforzo e adicación, baixo á dirección de Ana Garnelo, a súa profesora de Lingua, para quen esta obra supón a súa primeira experiencia como directora teatral. 

Esta primeira función foi todo un éxito, e están previstas dúas representacións máis: mañá mércores 10,  tendo como público  ao noso alumnado de 6º de Ed. Primaria e  dos CEIPs de Fontes e de Belesar, e o vindeiro venres 12, no IES 1º de Marzo, onde se representará a obra  para o alumnado deste centro.

 

            

1º e 2º Ed.Primaria asisten ao Teatro: Circopeta

O alumnado de 1º e 2º Ed.Primaria dirixiuse a Vigo para poder asistir á función de "Circopeta" no teatro Afundación, unha actividade chea de música e humor.

A trastenda dos contos

Enmarcada nas actividades programadas pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero, e en colaboración coa Concellería de Educación, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º Ed.Primaria asistiu a un singular contacontos a cargo do artista Caxoto, un espectáculo de narración oral dirixido ao alumnado nos que se abordan tradicións orais sexistas para ir desmontando mitos e estereotipos á vez que se divirten, xogan e imaxinan.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031