Programas de éxito educativo

Cartas ao corazón

 

 

Na aula de audición e linguaxe do CPI de Cova Terreña levouse a cabo o proxecto “Cartas ao corazón” en colaboración coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro.

Como o seu nome indica, é unha actividade realizada desde o “corazón” na que, ademais de mellorar coñecementos académicos, foméntanse a empatía, a reflexión e a sensibilidade polos que están a pasar unha situación máis delicada que a nosa, aportando apoio e ánimo desde a expresión escrita.

Neste caso, alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria traballaron desde outubro nas cartas que se enviaron aos nenos e nenas hospitalizados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O envío realizouse o 7 de febreiro, celebrando así o Día internacional do envío dunha carta a un amigo/a.

A valoración final desta actividade é moi positiva, estando todo o alumnado participante implicado na adquisición de coñecementos e desexando entregarlles as cartas presencialmente aos seus amigos/as do hospital (algo que non foi posible debido á delicada situación).

Esta tarefa permitiu poñer en práctica un xeito de comunicación ao que o alumnado non estaba afeito e deulles a oportunidade de medrar como persoas solidarias e empáticas.

Agardamos que as nosas letras lles gustasen aos destinatarios e esperamos terlles sacado un sorriso.

             

 

 

Plan Estratéxico de Mellora: Cuestionario do alumnado

Queremos coñecer a túa opinión sobre o centro educativo.

Axúdanos completando esta enquisa que nos axudará a redactar o Plan Estratéxico de Mellora para o centro educativo.

Entre todxs contruímos o centro!

8-M: Día da Muller, Actividades no centro

Co gallo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o centro intensificou as súas actividades de posta en relevo do papel da muller na nosa sociedade e nos distintos ámbitos da mesma.

Así pois, e coa colaboración da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, desenroláronse actividades onde o alumnado foi parte activa:

  • Contacontos para o alumnado de 1ºPrimaria sobre a "sexualización das profesións".
  • Presentación da programación da "Primavera Lila" da Concellería de Igualdade no centro educativo.
  • Obradoiros de sensibilización "A túa palabra conta" coa artista Irene Silva coa participación do alumnado de 1ºESO.
  • Intervención educativa "O amor non mata" co alumnado de 4ºESO.

Asemade, o centro realizou varias exposicións sobre a temática que se traballa ao longo do curso e dende diferentes materias.

Os motivos polos que deberíamos facer exercicio regular

 O contrato programa "Promoción da actividade física en horario lectivo" fomenta unha vida activa como forma de saúde.

Son moitas as evidencias que sosteñen a necesidade de realizar actividade física regular como forma de mellorar e manter a saúde.

O Colexio Xeral da Educación Física y Deportiva (COLEF) manifesta algúns dos motivos que deberíamos ter en conta.

  1. É un dereito constitucional que as persoas poidan facer exercicio e os poderes públicos a fomenten.
  2. O sedentarismo é un grave problema de saúde, causa hasta 35 enfermidades crónicas.
  3. O confinamento agravou o problema da inactividade física.
  4. A actividade física protéxenos no caso de infección.
  5. A actividade física supervisada mantén un risco de contaxio baixo.
  6. A superivisión profesional é a máis efectiva que as recetas que vemos por internet.

sigue lendo: https://amp-elmundo-es.cdn.ampproject.org/c/s/amp.elmundo.es/vida-sana/cuerpo/2020/11/11/5fabb4f721efa052688b4668.html

Día Internacional contra a violencia de xénero. Unha xornada chea de emocións!!

 

O primeiro: a comunidade educativa, unha marea negra e morada contra a violencia de xénero!

Despois ver na praza do Concello de Baiona a creación artística do alumnado de 6ºEd.Primaria co slogan “Non cales” da man de Dona Irene Silva.

Tamén na praza do concello revelouse que foron 8 debuxos do alumnado do CPI, tras a súa participación no concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero, os elixidos para unha axenda igualitaria con referencia a 12 mulleres destacadas do municipio.

O alumnado non puido asistir ao acto de conmemoración na praza do concello, onde estaban expostas as súas obras, pero recibiron a súa axenda igualitaria e agasallos as artistas dos debuxos premiados da man da Concelleira de Igualdade, Dona Yasmina Moreira, que se desprazou ao centro para facerlles entrega dos seus premios e felicitalos polo seu traballo, ao igual que a D.Ángel Fernández Borrué, o seu profesor de Educación Plástica.

Detrás hai moito traballo de concienciación co alumnado e unha proposta de traballo marabillosa presentada desde o CIM pola súa directora, Dona Elena Otero, e a Concelleira de Igualdade.

Promoción da actividade física no horario lectivo

Comezou a promoción da actividade física no horario lectivo e algunhos cursos o tomaron moi en serio.

O programa consiste nun conxunto de medidas organizativas, metodolóxicas ou de actividades deseñadas para o incremento da actividade física efectiva do alumnado durante o horario lectivo.

 

PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO LECTIVO

Bos días:

Este curso o centro participa no programa de Promoción da Actividade Física en horario lectivo.

O obxectivo é incrementar a actividade física efectiva de todo o alumnado durante a súa permanencia no centro..

Comezaremos a experiecia coa seguinte actividade:

Cada día un alumno/a do grupo ten que dirixir ao resto da clase facendo exercicios de mobilidade articular comenzando por dedas dos pés, nocellos, xeonllos, coxas, tronco, pescozo, ombros, cóbados, bonecas, dedos.

A actividade realizarase desde a cadeira sen desprazamentos.

Farase nos 5 últimos minutos da 2ª hora e da 5ª hora, sempre que a 3.ª e 6ª hora non teñan educación física. Nese caso prescindirase da actividade.
 
Terá unha duración máxima de 5 minutos.

O profesorado de 2.ª hora e 5.ª hora supervisará a práctica.
 
O programa comezará o luns 26 de outubro.
 
Ánimo

 

 
Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031