6º Ed. Infantil

TRABALLO POR PROXECTOS: "A PREHISTORIA"

No segundo trimestre deste curso desenvolvimos o proxecto    "A Prehistoria", no que o alumnado de 6º Infantil aprendeu moitas cousas sobre este período, de como e donde vivía o ser humano, etc... Na seguinte fotografía eles escribiron algunhas delas:

Observamos unhas maletas da prehistoria, que nos cedeu o CEFORE, e despois os nenos e nenas representaron o observado por medio de debuxos 

REPRESENTACIÓNS DO QUE VIMOS NAS MALETAS DO CEFORE

TRABALLO DE ALEXANDRA

TRABALLO DE DANIELA

TRABALLO DE TOMÁS

APORTACIÓN DE  DANIELA: FÓSILES  

TRABALLOS DE JORDÁN E DE ÁFRICA

CUEVA DE LA PREHISTORIA

ADA E CELIA PINTANDO O MURAL

ALEXANDRA E AINARA

NUNO, AFRICA, DANIELA

DANIELA EXPONIENDO PARA OS SEUS COMPAÑEIROS E PARA O GRUPO DE 1º DE PRIMARIA

 

TRABALLO POR PROXECTOS "O NOSO CORPO"

 

 

Neste primeiro trimestre do curso desenvolvimos este proxecto, no que os nenos aprenderon, mediante o xogo, a investigación e a xestión do seu propio aprendizaxe, moitas cousas sobre o corpo humano,desde as distintas áreas de aprendizaxe: comunicación oral e escrita, representación da realidade, música, lóxica matemática, plástica, etc...

   KILLPATRICK, foi quen introduciu este termo por primeira vez. Trátase dunha reforma de orde metodolóxica, onde por unha banda, se parte dos propios intereses do neno, quedando así, a motivación asegurada; e doutra banda trátase de achegar a escola á vida do neno. Está baseada nunha planificación, cuxo obxectivo é que o neno experimente, formule hipóteses, observe, deduza, manipule, ( tanto na escola como coa súa familia na casa) organice a súa actividade e adquira uns conocimentos  en por si.Traballar por proxectos presenta unha meta lóxica baseada fundamentalmente na globalización e a significatividade, en consecuencia, na funcionalidade das aprendizaxes. Os distintos tipos de expresión (oral, corporal, plástica...) van axudar ao neno a manifestar as súas vivencias, inquietudes...e a desenvolver as súas capacidades. Por iso, debemos ofrecer aos nenos desde moi pequenos, a posibilidade de observar, manipular e experimentar, para así ter unha maior riqueza nas súas manifestacións. 

Clickando nos nomes dos nenos e nenas podedes ver os videos das súas participacións

 VIDEO DA EXPOSICIÓN

MARTIN

CELIA

ADA

AFRICA

 XOGO DE AFRICA

AINARA

ALEXANDRA

ALVARO

DANIELA

JANA

JANA Y CELIA JUEGO

JIMENA

TOMÁS

MIGUEL

NUNO

Contacontos dende as familias: Daniela Pirata

O pasado 23 de novembro, o alumnado de Educación Infantil ao completo puido desfrutar da lectura teatralizada de Daniela Pirata, de Susanna Isern. A actividade, encaixada no Programa Lectura e Familias, foi levada a cabo por Geles, nai dunha das propias alumnas de Infantil. Grazas ao seu talento, á caracterización e ao apoio da pizarra dixital, foi quen de mergullar á rapazada neste fantástico mundo de piratas no cal a igualdade é un piar fundamental. 

 

 

                             

SERES VIVOS

Estimadas familias.Estamos a estudar os seres vivos, e o ciclo da vida. Os nenos e nenas da aula reproduciron en plastilina os que eles escolleron, aquí tedes as as fotos.

 

LISTA DE MATERIAL PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

1 LAPIS FINO 

1 CAXA DE ROTULADORES FINOS DE 12 CORES

1 CAIXA DE CERAS FINAS DE 12 CORES

1 GOMA

1 BARRA DE PEGAMENTO MARCA PRITT

1 PAQUETE DE TOALLIÑAS HÚMIDAS 

 

ademais deste material, cada neno ou nena traerá un material   complementario que lle será comunicado persoalmente á familia . 

Un saúdo  e bo comezo de curso

Día do Medio Ambiente: Plantación da árbore de 6ºEd.Infantil

Dentro das actividades de conmemoración do Día Mundial do Medioambiente, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore que os acompañará durante a súa estadía na Ed.Primaria e Ed.Secundaria no patio do centro educativo.

Dia MedioAmbiente

Levaban xa un tempo coidando da súa árbore que agora os agardará nos xogos e recreos.

"Vamos a Primaria"

Queridas Familias:

Chegou o día en que as vosas crianzas rematan o ciclo de Educación Infantil, para comenzar unha nova etapa:  "Educación Primaria".

Foron tres anos de compartir risas, choros, aprendizaxes, pupas, excursións, e ata unha reforma integral de centro que nos fixo mudarnos de aula, un confinamento e unha pandemia que nos puxo a todos un tapabocas e nos afastou dos abrazos que tanto nos gustan...

Pese a todo contra ventos e mareas, logramos acadar o final de curso, non somestes recuperando os meses sin escola, senón adiantando e traballando tanto que nos graduamos "CUM LAUDE".

As titoras sempre lembramos ás nosas promocións como se fosen parte da nosa propia familia, pois son moitas horas xuntos durante tres anos, e en cada unha das crianzas vai un anaquiño dos nosos corazóns...

Inevitablemente na festa de "graduación" sempre se nos enruga un pouquiño o corazón e o mar de emocións desborda polos ollos...de ahí o sabor salgado das nosas bágoas. Bágoas de emoción por velos tan maduros, grandes e resolutivos, sabendo que velaí vai un futuro doutor, unha futura científica que nos vai atopar a cura para as pandemias que veñan, a enxeñeira aeronáutica que proxectará viaxes espaciais...o perruqueiro que nos ha de por guapas para os eventos, a mecánica que nos vai tunear o coche, mestras e mestres.... emprendedores, alcaldes e presidentas...

Eles e elas son o noso futuro, e nos poderemos dicir con orgullo "Eu sementei unha semente no seu corazón"

GRAZAS FAMILIAS porque nesto da educación somos un equipo, e vos sodes parte importantísima do proceso.

Bicos e apertas:

Maruchi, Mónica, Ana Patricia, Ana Ruth, María e Jose. 

 

Tamén tivemos un espectáculo de maxia por cortesía do centro!!!

 

 

 

 

 

O Esforzo: "Robinson Tuboe"

O ESFORZO

Esta quincena, durante as sesións de Relixión e Valores traballamos sobre o esforzo.

A partires do visionado dos contos: "Robinson Tuboe" e "Os tres porquiños", dialogamos sobre a importancia do esforzo no traballo diario e a importancia de facer as cousas ben, para rematar fixemos unha marioneta co protagonista do conto: "Robinson Tuboe".

Deixámosvos aquí o enlace por si queredes ver o conto na casa.

Un saudo:

As mestras, Ana Patricia e María.

CONTACONTOS

Onte tivemos unha visita moi entretida. Un amigo do Ratiño Pérez veu para contarnos as súas aventuras.

Foi unha xornada moi divertida na que decubrimos que o ratiño ten unha axudante entre o alumnado do noso centro, e moitas curiosidades máis.

Pasámolo moi ben!!!

VISITA Á BIBLIOTECA DO CENTRO

Todos os luns imos á biblioteca do centro. Alí podemos manipular os libros, ler contos ou escoitar atentamente os que nos contan as nosas  profes. Gústannos moito estas visitas que nos mergullan no marabilloso mundo dos libros e vannos introducindo de forma moi divertida na lectura e a literatura

 

 

 

VISITA A ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO CENTRO

O alumnado de 6º de Educación Infantil visita a estación meteorolóxica do centro para observar as medicións de temperatura e pluviosidade. Facemos ademáis observación diaria do tempo e levamos un rexistro do mesmo. As nosas crianzas disfrutan moito destas actividades.

 

  

 

  

  

 

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Bos días:

Para a conmemoración do Dia Da Paz e da Non violencia, dende Relixión e Valores estamos traballando unha canción de Unai Quirós e logo faremos unha manualidade.

Deixámosvos aqui o enlace da canción para que a poidades escoitar na casa: https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE

Está semana, e relacionado con este tema, tamén traballamos os contos: "Daniel e as palabras máxicas" e "O Ourizo". Deixámosvos aquí os enlaces para que os poidades ver na casa.

- CUENTO: “Daniel y las palabras mágicas” https://youtu.be/B03QsVxgN2Y

- VÍDEO: “El Erizo” https://youtu.be/wU2PXit6ixQ

Despois do traballo que fixemos durante estes días, hoxe saímos do cole convertidos en enfermeiros e enfermeiras da Paz!!!.

Un saúdo.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930