blogue demaruchi

Renovación das Ondas de Infantíl.

Esta mañá o alumnado de Educación Infantil viu como o valado do seu parque infantil quedaba vestido de azul. Isto débese á renovación das ondas do mar que actúan como cortaventos nesa zona. Os máis pequenos xa poderán gozar do seu parque infantil sen as molestias do vento.

Dende a dirección do centro seguimos traballando para que todo o noso alumnado se sinta confortable nas instalacións do centro.

 

MATRÍCULA 2023/24

Ante a proximidade da matriculación do alumnado, xúntase información sobre a documentación necesaria para a formalización da mesma.

APÍPOLIS

APÍPOLIS

 

Apípolis | Pontevedra

     No día de onte o noso alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha xornada en Apípolis.

Deixámosvos en adxuntos un video que é un pequeno resumo do ben que o pasaron e do moito que aprendimos sobre as abellas .

 

XA CHEGAN AS VACACIÓNS!!

 

Queridos nenos e nenas.

Xa chegan as vacacións. Dende o Equipo de Educación Infantil queremos darvos un forte aplauso por cumprir tan ben as normas de este curso tan especial.

Agora ven o tempo de lecer, de facer roteiros coa familia, de ir á praia, e de cantar, bailar e xogar. Disfrutade moito, que aquí estaremos as profes agardando para darvos unha forte aperta en setembro.

Velaiquí vos van unhas cancións para que desfrutedes neste tempo.

Moitos bicos e apertas do equipo de Ed. Infantil.

 

https://www.youtube.com/watch?v=St3FKU9UNpw

 

"Vamos a Primaria"

Queridas Familias:

Chegou o día en que as vosas crianzas rematan o ciclo de Educación Infantil, para comenzar unha nova etapa:  "Educación Primaria".

Foron tres anos de compartir risas, choros, aprendizaxes, pupas, excursións, e ata unha reforma integral de centro que nos fixo mudarnos de aula, un confinamento e unha pandemia que nos puxo a todos un tapabocas e nos afastou dos abrazos que tanto nos gustan...

Pese a todo contra ventos e mareas, logramos acadar o final de curso, non somestes recuperando os meses sin escola, senón adiantando e traballando tanto que nos graduamos "CUM LAUDE".

As titoras sempre lembramos ás nosas promocións como se fosen parte da nosa propia familia, pois son moitas horas xuntos durante tres anos, e en cada unha das crianzas vai un anaquiño dos nosos corazóns...

Inevitablemente na festa de "graduación" sempre se nos enruga un pouquiño o corazón e o mar de emocións desborda polos ollos...de ahí o sabor salgado das nosas bágoas. Bágoas de emoción por velos tan maduros, grandes e resolutivos, sabendo que velaí vai un futuro doutor, unha futura científica que nos vai atopar a cura para as pandemias que veñan, a enxeñeira aeronáutica que proxectará viaxes espaciais...o perruqueiro que nos ha de por guapas para os eventos, a mecánica que nos vai tunear o coche, mestras e mestres.... emprendedores, alcaldes e presidentas...

Eles e elas son o noso futuro, e nos poderemos dicir con orgullo "Eu sementei unha semente no seu corazón"

GRAZAS FAMILIAS porque nesto da educación somos un equipo, e vos sodes parte importantísima do proceso.

Bicos e apertas:

Maruchi, Mónica, Ana Patricia, Ana Ruth, María e Jose. 

 

Tamén tivemos un espectáculo de maxia por cortesía do centro!!!

 

 

 

 

 

FELICIDADE

Queridas familias.

   O vindeiro 20 de marzo, xunto co Equinocio de Primaveira, celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE proclamado pola ONU no ano 2012.

Conmemórase a importancia que ten a FELICIDADE como parte integral do desenvolvemento e benestar de todos os seres humanos, e celébrase tamén a INCLUSIÓN, que todos os gobernos do mundo teñan entre as súas políticas sociais e económicas que exista unha verdadeira equidade e benestar colectivo.

 

  A idea de este día xorde no reino de BUTÁN (Sur de Asia) no que o seu rei, cando tiña 16 anos de idade, crea o concepto de FNB (Felicidade Nacional Bruta) e propono na ONU.

 O FNB é un indicador de nivel de vida e calcúlase coa baremación de nove puntos (benestar Psicolóxico, uso do tempo, vitalidade, cultura, saúde, educación, diversidade medioambiental, nivel de vida e goberno)

 Os obxectivos da ONU para alcanzar a FELICIDADE  son : Erradicar a pobreza, reducir ao mínimo as desigualdades no mundo e coidar e protexer o planeta.

 

Con todo isto xa nos queda claro a importancia da FELICIDADE, asi que ahí vos van uns consellos para alcanzala.

  • Sai a dar paseos e fai deporte
  • Alimenta a túa autoestima, coida a túa saúde, alimentación e imaxe.
  • Agradece, disfruta e vive o presente.
  • Perdoa. Aprender a perdoar aos demáis e a nos mesmos cárganos de positivismo e libéranos de preocupacións innecesarias.

E por suposto, aqui en Baiona temos moreas de sitios de privilexiada beleza  que contribúen  a aumentar a nosa felicidade.

Unha  proposta de actividades para estos días :

  • PASEO POLA SENDA FLUVIAL DE BAREDO

PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO:

 https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • PON  MÚSICA, CANTA E BAILA:

PREME NESTE ENLACE  PARA ESCOITALA:

https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • E NON PARES DE REPARTIR SORISOS.

 Bicos e apertas do profesorado de Ed Infantil.

O INVERNO

Queridas familias!

Esta semana o inverno tróuxonos a Filomena co agasallo

do frio e a xiada.

O noso patio estaba branco, e encantounos velo así, aínda

que agradecemos a calor das nosas aulas.

Aproveitando o tema do frio aprendemos algunhas

cancións e contos.

Esta semana compartímosvos esos recursos aquí, para

repasalos na casa .

Abrigádevos moito, e poñédevos unha grande e

agarimosa aperta virtual de parte do equipo de Ed.

Infantil.

 

 CANCIÓNS:

  • Xa chega o inverno:

           (clika neste enlace)    https://www.youtube.com/watch?v=OMTlWhlRmK8&feature=youtu.be

  • A cor do oso polar:

           (clika neste enlace)     https://youtu.be/wsa84ZHKFuI

  • Os esquimós

           (clika neste enlace)    https://youtu.be/YH2yLwRN1MM

CONTO:

  •  Frederik 

           (clika neste enlace)      https://youtu.be/qxQsKS-8raE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 DE XUÑO

O pasado venres 5 de xuño celebramos o día internacional do medioambiente. Como ben sabedes na etapa de Ed infantil traballamos a cotío os hábitos e rutinas necesarias para adquirir conductas e actitudes respetuosas co medioambiente, que durarán toda a vida. Esta semana propoñémosvos unha serie de actividades e recursos encamiñadas a traballar cómo coidar o noso planeta.

 

https://i.pinimg.com/originals/82/57/56/825756e74bbdd9df84dc0a8a98d99475.gif

 

 

  • Comenzamos cun contiño "LA RANA DE TRES OJOS"

 

(CLICADE NO ENLACE DE ABAIXO PARA O CONTO)

https://youtu.be/gmUWjUSc-Zs

 

 

  • Cómo facer papel reciclado caseiro? Ollade o seguinte titorial

(CLICADE NO ENLACE PARA PAPEL RECICLADO)

https://youtu.be/ExOBjG44czw

 

  • E si plantamos sementes nun vasiño de iogur? (lentellas por exemplo), e tamén podemos facer a seguinte actividade:

 

 

 

  • Un pouco de musica tamén pode ser moi motivadora:

bebé bailando GIF - Descargar & Compartir en PHONEKY

 

https://youtu.be/MSWs0uL_MH0

https://youtu.be/oOGr-e-yFgA

 

  • E tamén algún xogo. (CLICADE NO ENLACE DE ABAIXO PARA O XOGO)

https://www.tinytap.it/activities/g3avh/a-reciclar

 

 

Desfrutade moito desta "semana verde" con esta manchea de actividades. Se queredes podedes enviarnos aos correos das profes algunha fotiño de cómo coidades do medioambiente.

Moitos bicos e apertas de todo o profesorado de Educación Infantil do Cova.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031