Skip to Content

Inglés

DigitalWeek, tecnoloxía e inglés para o alumnado de 1ºESO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza o programa formativo Digitalweek e o noso centro acadou a participación para 25 dos nosos alumnos e alumnas de 1ºESO.

Tras aplicar os criterios de selección, 25 deles xa están desfrutando dun campamento en réxime de internado onde se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

Spring Week

O alumnado de 3º ESO que participa na Spring Week, un programa de inmersión lingüística en inglés, xa está desde a tarde do 23 de abril nas instalacións do Centro Peares. Alí permanecerán ata o 29 de abril, realizando actividades prácticas e obradoiros, xunto con xogos, deporte... co fin de mellorar a súa competencia na lingua inglesa.

Proxecto de doblaxe de CUALE 2021/22

Durante o pasado curso escolar 2021/22, o alumnado de CUALE participou nun proxecto de doblaxe cuxos resultados foron publicados na páxina web de https://www.digitalpigeon.com.

Anexamos o resultado deste proxecto, no cal o alumnado invertiu moito tempo de traballo.

Inmersión Lingüística en León

Xa temos ao noso alumnado de 2ºESO en León no programa de inmersión lingüística en Inglés financiado polo Ministerio de Educación.

O alumnado aproveitou a viaxe para visitar as Médulas en León acompañado das profesoras Dona Xili Valle e Dona Luisa Aldao.

O 7 de novembro de 2022, o alumnado de 2º ESO participante no Programa de Inmersión Lingüística que se desenvolve en Robledo del Fenar (León), comezou a mañá realizando exercicios físicos cuxas instrucións lles eran dadas en inglés, tal e como se amosa no vídeo adxunto. Durante o resto da xornada estiveron facendo varios obradoiros cooperativos, mesturándose co alumnado do outro centro participante, procedente de Pamplona.

Tamén tiveron clase coas profesoras acompañantes do noso centro, Xili Valle e Luísa Aldao, iniciando un proxecto cuxa finalidade é coñecer aos países do mundo anglófono.

O 8 de novembro de 2022, os nosos alumnos e alumnas seguiron traballando no proxecto do centro co que fomos seleccionados para participar no Programa de Inmersión Lingüística, buscando información sobre os seguintes países de lingua inglesa: Australia, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido e Irlanda (ver vídeo).

Polas mañás o alumnado sempre leva a cabo exercicios que combinan ximnasia e baile (ver vídeo). Polas noites sempre hai unha actividade diferente: "Icebreaker" para coñecer aos novos compañeiros, "Werewolf" para sobrevivir nun pobo habitado por lobos, "Charades and movies" para adiviñar a película... (ver vídeo) ou unha versión do Factor X para recoñecer e compoñer cancións en inglés (ver vídeo).

O 10 de novembro fomos a visitar as covas de Valporquero (ver vídeo) onde o alumnado da Inmersión Lingüística recibiu unha explicación sobre o proceso de formación destas impresionantes covas. Neste mesmo día tamén finalizaron o proxecto de investigación sobre os países do mundo anglófono, co fin de expoñer de forma oral estes traballos o venres 11 de novembro. E despíndense con bailes tradicionais!!! (vídeo 1) (vídeo 2)

Ademais, o 11 de novembro presentaron ante o alumnado de Pamplona, do IES de Basoko, os seus traballos (ver vídeo), cos que logo tiveron unha noite inesquecible de discoteca (ver vídeo).

En definitiva, foi unha semana de inmersión en Inglés que os deixou esgotados como ben se ve nas imaxes de retorno a casa do 12 de novembro (ver vídeo).

INGLÉS. PROGRAMA CUALE CURSO 2021-22

O centro volve ofertar para o próximo curso 21-22 o programa CUALE, programa de profundización na lingua inglesa,  que se regula na Orde do 3 de xuño de 2010 (DOG do 11 de xuño) e cuxos objetivos, entre outros, son os seguintes:   

- Fomentar a realidade plurilingüe nos centros educativos aproveitando os seus propios recursos.

- Achegar o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e os novos niveis de competencia ao alumnado. 

- Preparar o alumnado para que poida examinarse por libre dos correspondentes niveis ou converterse en futuro alumnado das EE.OO.II.

 

No arquivo adxunto atópase o impreso de preinscrición que pódese devolver escaneado ao correo do centro:

 

www.cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

ASUNTO: Preinscrición CUALE curso 21-22

 

O prazo de preinscrición remata o 30 de setembro de 2021

 

  

PLAN DE CONTINXENCIA DPTO, INGLÉS

PLAN DE CONTINXENCIA.

Welcome

Welcome to a new school year.

A new song

 

2º ESO A+B

My dear students,

 

We know you are tired but we have to keep on working until the last day!!! You can find the task for this week in Aula Virtual. Anything you may need, you already know ehere to find me.

Let's do it!

1º ESO A + B

Queridos discentes,

Sabemos que estades cansados pero hai que seguir traballando ata o final.

Xa podedes atopar na Aula Virtual a tarefa para esta semana. Calquera dúbida estou a vosa disposición. 

2º ESO A+B

Good morning my dear little fellows!

 

May is about to finish but this doesn't mean that you stop working!! You are doing it great so keep on working until the last day!!! You already have the tasks for this week in Aula Virtual. You already know that I am at your disposal for anything you need!!! Take care.

1º ESO A + B

Queridos discentes,

 

Xa estamos na última semana de Maio. Estades a traballar moi ben pero isto aínda non rematou así que a tope ata o final. Xa podedes atopar as tarefas para esta semana na Aula Virtual. Calquera cousa que necesitedes, estou a vosa disposición. Take care!

2º ESO A+B

Good morning my dear students!

 

This is our most creative week! You can find the task for this week in Aula Virtual. Anything you need, you already knwo how to find me. 

Keep working as this weather is able to cheer up everybody!!!

Take care.

1º ESO A + B

Bos días queridos discentes!

 

Estamos na nosa semana máis creativa. Xa podedes encontrar a  nova tarefa na Aula Virtual. Calquera cousa que necesitedes xa sabedes onde atoparme. ¡¡Seguide traballando que o bo tempo anima a calquera!!

2º ESO A+B

Dear students!!

 

Let's keep working and becoming English experts!!! You can find the activities for this week in Aula Virtual. Anything you may need, you already know where to find me.

P.S. I am also working on your corrections, please be patient, I'm on it!

1º ESO A + B

Queridos discentes,

 

¡¡Nova semana, pilas recargadas!! Imos seguir traballando todos, nós tamén!!

Xa podedes atopar as tarefas para esta semana na Aula Virtual. Calquera cousa que necesitedes xa sabedes onde estou. 

A traballar e a coidarse moito!!!

1º ESO A + B Inglés

Queridos discentes,

 

Esta semana tócanos repaso e vocabulario. Tendes as tarefas na Aula Virtual identificadas con (Week 4 May). Se tendes calquera dúbida xa sabedes como localizarme.

 

Keep calm and continue working!

1º ESO A + B

Dear students!

 

As you know, this term we continue working with Aula Virtual. Every Monday you will have new tasks uploaded so, remember to check it regularly. I remind you of my e - mails in case you need to contact me: amaside@edu.xunta.es  // acmparamo@gmail.com

 

Stay safe and keep working!! 

1º ESO A + B

Dear students.

 

As you know, activities are uploaded every week (this term we have just began, tasks are uploaded on Mondays) in the Virtual classroom. Please, check it regularly. If you have any questions, do not hesitate to contact me. In case you need it, I remind you of my e - mails: acmparamo@gmail.com / amaside@edu.xunta.es

Take care and stay safe. Let's keep working.

2º ESO A+B

Dear students.

 

As you know, activities are uploaded every week (this term we have just began, tasks are uploaded on Mondays) in the Virtual classroom. Please, check it regularly. If you have any questions, do not hesitate to contact me. In case you need it, I remind you of my e - mails: acmparamo@gmail.com / amaside@edu.xunta.es

Take care and stay safe. Let's keep working.

Afondamento

Dear students, 

As we've been doing in the last weeks, we'll continue working on the virtual classroom. Every Wednesday new tasks will be uploaded to the site, so check it regularly. If you have any doubts, I remind you of my e-mail:  analeyenda.english@gmail.com

Stay safe!

Ana Leyenda

Distribuir contido


by Dr. Radut