blogue dedgayoso

VISITA AO AUDITORIO MAR DE VIGO

Bos días:

Hoxe o alumnado de 2º da ESO visitou o auditorio Mar de Vigo.

A actividade tiña como obxectivo revisar os proxectos de patio que se están a facer noutros centros e traballar o deseño dun espazo natural propio.

O alumnado puido ver nos diferentes paneis informativos cales son as innovacións nos patios escolares.

Despois agrupáronse e deseñaron un espazo segundo unhas características propostas (cercanía dun lago, volcán, centro regulador, concello...).

Esta actividade forma parte do proxecto terra (o patio escolar, construíndo un entorno de convivencia).

CHARLA CLASES SEN FUME

Bos días:

Hoxe visitounos no centro Victoria, médica encargado das charlas que se imparten en 1º da ESO. Esta actividade forma parte do Plan Proxecta clases sen fume.

O obxectivo da charla é concienciar ao alumnado dos danos que provoca o tabaco; explicarlles as estratexias da industria tabaqueira para captalos como clientes e darlles as ferramentas necesarias para que eviten caer nesa adicción.

CHARLA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO entrevistou ao deportista Martín de la Puente. Entre os seus logros destaca a súa presenza nas dúas últimas olimpiadas: Río 2016 e Tokio 2020.

Martín falounos da súa disciplina: o tenis en cadeira de rodas; como foron os seus inicios; como decidiu facerse profesional; as horas que adica ao día a adestrar, os estudos que cursa; quenes son os seus amigos no circuito...

Este é o segundo ano que escoitamos as inspiradoras palabras de este extraordinario deportista, un exemplo de superación e traballo.

Esta charla forma parte de diferentes proxectos de centro: Inclue-T, PVAD (proxecto de vida activa e deportiva) e EduSaúde.

FÚTBOL GAÉLICO NO COVA TERREÑA

Bos días

A semana do 14 ao 18 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO puido disfrutar de dúas sesións de iniciación ao fútbol gaélico. Esta actividade desenvolveuse durante as sesións de educación física.

O proxecto gaélico-escolas adícase a difundir este deporte entre os escolares

A actividade forma parte do programa EduSaúde, PVAD (proxecto de vida activa e deportiva) e do programa Inclue-T. 

 

 

SAÍDA AO ROCÓDROMO DE PONTEVEDRA

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou o xoves dunha xornada de escalada nas instalacións municipais de Pontevedra (Pavillón multiusos da Xunqueira).

Tras unhas semanas de adestramento sobre o manexo de material, estes alumnos foron quen de desenvolver a actividade con autonomía baixo a supervisión do profesor e a inestimable axuda de César Castro, pai dunha alumna e experto escalador,

A actividade puido levarse a cabo gracias á colaboración do Museo de Pontevedra, a deputación, o IMD (instituto municipal de deportes de Pontevedra) e o club de montañeiros de Pontevedra, que cedeunos o material para dita práctica.

Esta saída forma parte do programa EduSaúde e o PVAD (proxecto de vida activa e deportiva)

A actividade complementouse cunha visita á exposición permanente de Castelao no museo de Pontevedra. As dúas actividades foron organizadas polos departamentos de Lingua Galega e Educación Física.

RESULTADOS DAS PROBAS DAFIS

Bos días:

Todo o alumnado da ESO realizou durante o primeiro trimestre as probas DAFIS (datos de actividade física saudable).

Fixéronse dous tipo de valoracións: antropométricas e funcionais.

As probas antropométricas, medicións da constitución (altura, peso, IMC, perimetro da cintura e cadeira), en conxunto, reflicten o estado de saúde dos nosos escolares. É un bo indicador da posibilidade de ter sobrepeso ou obesidade e polo tanto de enfermidades futuras.

As probas funcionais (medición da velocidade de desprazamento, dinamometría dos flexores do antebrazo, forza explosiva dos extensores das extremidades superiores, resistencia dos flexores das extremidades superiores, flexibilidade da cadeira e resistencia cardiovascular) poñen de relevo a capacidade e calidade do movemento,  aportan información sobre o estado do individuo e a posibilidade de contraer enfermidades e lesións do aparato musculo-esquelético.

A media das probas antropométricas estivo por debaixo da media da provincia e da comunidade galega.

Nas probas funcionais a maioría dos parámetros estiveron por enriba da provincia e da comunidade excepto na proba de resistencia cardiovascular.

Este estudo forma parte dos plans Proxecta: PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSáúde e proxecto terra: patios escolares.

 

Charla de Cristina Fernández Piñeiro

A arbitraxe deportiva é un labor difícil e ás veces ingrato. Moita xente pensa que pode gritar, insultar e mesmo agredir a alguén polo feito de regular un xogo segundo unhas normas prescritas. Se a isto lle engadimos que quen arbitra é unha muller xérase unha mestura explosiva.

O xoves visitounos no centro escolar Cristina Fernández Piñeiro, quen fora árbitra internacional de balonmán. Esta muller foi pionera na arbitraxe feminina no balonmán internacional masculino e feminino. Desempeñou labores de delegada para a federación deste deporte dende o 2017 ata o 2020. Aí seguiu constatando a pervivencia de profundos prexuízos e reticencias cara as mulleres e seguiunos denunciando, feito polo que foi cesada do seu posto na Real Federación Española de Balonmán, ao convertirse nunha voz incómoda e reivindicativa.

Contounos o difícil camiño que tivo que facer neste deporte polo simple feito de ser muller. As trabas que tivo que superar nun mundo dominado polo xénero masculino, que se resiste á entrada das mulleres a pesar das repetidas mostras dunha competencia que supera ás veces a moitos dos homes.

O abandono da alta competición deixou un oco no que ningunha muller tomou relevo. As razóns son moitas e variadas, pero todo radica nuns prexuízos que parece que aínda non somos capaces de superar: o rexeitamento do traballo das mulleres nun terreo dominado polos homes polo simple feito de ser muller.

Esta charla forma parte tamén dos programas Inclue-T, EduSaúde e PVAD.

https://www.balonmanoveteranos.com/homenajes-merecidos-5/

https://www.balonmanoveteranos.com/homenajes-merecidos-5/

 

Charla AESLEME

Con motivo da celebración do día Internacional das persoas con discapacidade que se celebrará o 3 de decembro, tivemos a ocasión de escoitar as recomendacións de Juan Gutierrez, membro de AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular).

 

A través de videoconferencia, o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha charla durante unha sesión lectiva.

Contáronnos a necesidade da prevención cando viaxamos no coche  ou en calquera vehículo e as diversas lesións que pode ocasionarnos unha conducta imprudente, desde traumantismos a lesións irreversibles da médula espinal.Ademais Juan, o ponente, compartiu a súa experiencia como lesionado e a particularidade da cadeira de rodas.

 

COIDEMOS O MEDIOAMBIENTE

O espazo no que vivimos está cada vez máis contaminado. Alertámonos cando podemos velo, pero é moito o que non podemos percibir ou sobre o que nunca tomamos conciencia: os plásticos e microplásticos que hai anos que entraron na cadea alimenticia; as cabichas que contaminan millóns de litros de auga; as concentracións de CO2 que non deixan de aumentar cada ano repercutindo no quecemento do planeta...

A instalación que podemos ver á entrada do centro busca concienciarnos sobre os problemas mediambientais ocultos tras a paisaxe. Pretende chamar á reflexión sobre as repercusións das nosas accións.

O feito de lanzar as cabichas ao chan é un xesto tan asimilado e habitual que poucos se decatan das repercusións nas nosas augas.

PENSA NA PEGADA QUE QUERES DEIXAR NO PLANETA!

Nesta intervención colaboraron os departamentos de Educación Plástica, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física e Tecnoloxía. Tamén colaborou coas súas ideas e man de obra Víctor, a quen lle agradecemos a axuda prestada.

Agradecemos especialmente ao alumnado de 1º da ESO a recollida que fixeron de cabichas durante unha das saídas didácticas.

Esta acción forma parte dos seguintes programas: Clases sen fume; Proxecto Terra: o patio escolar contruíndo un entorno de convivencia; EduSaúde; PVAD (proxecto de vida activa e deportiva).

APUNTÁMONOS A NON BEBER

Un ano máis continuamos co proxecto "apuntámonos a non beber". Esta iniciativa está enfocada especialmente para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol en persoas menores de idade e o atraso da idade de inicio no seu consumo.

O consumo de alcohol provoca cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia.

O sistema nervioso das persoas menores é moi sensible ao consumo de bebidas alcohólicas, e o seu consumo en atracón ten consecuencias negativas para o funcionamento e maduración cerebral, ademais de asociarse a unha maior incidencia de lesións, accidentes e prácticas sexuais de risco.

Entre outras razóns, numerosos estudios científicos relacionan o consumo de alcohol cun maior risco de padecer diversas patoloxías do fígado.

Se nos preguntamos canto alcohol pódese consumir de forma segura para manter unha boa saúde xeral e a do fígado en particular a resposta é só unha: cero. 

A OMS lembra que calquera consumo, por mínimo que sexa, implica un risco.

PROBAS DAFIS

Bos días:

Nas próximas semanas todo o alumnado de la ESO realizará as probas DAFIS (datos de actividade física saudable).

Valorarase a condición física do alumnado relacionada coa saúde. Constitúe un análise das necesidades de actividade física para unha posterior intervención.

Entre os obxectivos están loitar contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade; mellorar a saúde dos nosos escolares establecendo modelos de intervención para combater a inactividade física.

As probas poden consultarse na web da consellería: https://dafis.xunta.es/index.php/pruebas-test:

O rexistro dos datos están vinculados co SERGAS polo que o centro de saúde poderá consultar esta relevante información para ter unha visión máis ampla dos nosos escolares.

As familias deberán dar o seu consentimento para a subida destes datos. En calquerqa caso dita información será confidencial.

No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.

logotipo das probas dafis

imaxe

PLOGGING POLA BEIRAMAR

Bos días:

Tras 10 minutos de recollida selectiva de lixo por parte do alumnado de 1º da ESO, este é o resultado:

Máis de 500 cabichas recollidas en diferentes zonas: praia, parque, aceras...

Tras un xesto tan habitual como tirar un cigarro, ocúltase un residuo altamente prexudicial para a nosa contorna. Estes restos coas súas máis de 4000 substancias tóxicas contaminan as nosas augas e poden permanecer ata 12 anos na natureza. Ademais o seu destino final sempre é o mesmo: o mar.

Esta actividade forma parte do Clases sen fume.

SAÍDA DIDÁCTICA AO ESTEIRO DA FOZ

Bos días:

Durante os días 4 e 5 de novembro o alumnado de 1º da ESO fixo unha andaina polos arredores da comarca do Val Miñor. Coñeceron a flora e a fauna do lugar. Visitaron o Esteiro da Foz, as praias de Santa Marta e a Ladeira e o paseo ata a Ramallosa.

Manolo. o noso biólogo de referencia, fixo as delicias dos escolares entreténdoos cun feixe de anécdotas e datos sobre a o noso patrimonio biolóxico e os usos que debemos facer para conservar esta diveridade.

Ademais complementamos a actividade cunha recollida selectiva de residuos onde decatáronse da cantidade de lixo non orgánico e cabichas que prexudican ao medioambiente.

A actividade forma parte dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física. Educación Plaśtica e Lingua Galega.

Tamén forma parte dos programas: Clases sen Fume, EduSaúde e o Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 

XEORUTA POR MONTEFERRO

Bos días:

Os días 28 e 29 de Outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou unha ruta xeolóxica pola península de Monteferro. A actividade, foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía na que tamén colaborou o departamento de Educación Física. Agradecemos a presenza do profesorado doutras materias que nos acompañou durante eses días.

Francisco Canosa, o xeólogo que colabora co Concello de Nigrán, fixo de detective buscando probas do pasado remoto deste espazo. Cunha charla amena e chea de paixón, deunos conta das pistas dos grandes movementos de rochas que debuxan a paisaxe ao longo de millóns de anos.

Esta actividade tamén forma parte doutras iniciativas do noso centro: o Proxecto de Vida Activa  e Deportiva e EduSaúde.

 

PROGRAMA RCP NA AULA

Bos días:

Durante unha semana o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estivo aprendendo técnicas de reanimación cardiopulmonar. A activividade intégrase dentro dun programa máis amplo que pretende difundir a concienciación e a aprendizaxe dos primeiros auxilios en toda Galicia.

 

PLAN DE CONTINXENCIA DE EDUCACIÓN FÍSICA (SECUNDARIA)

Proposta de medidas fronte ao confinamento desde o departamento de EF.

 

Para afrontar o Plan de ensino virtual a incluír no plan de continxencia do centro poñeranse en práctica as seguintes medidas:

 

  • Horario: manterase o mesmo horario das clases presenciais. O 60% da sesión corresponderá á conexión online e o 40% deixarase para o traballo do alumnado

  • Clases virtuais a través de Webex e Falemos

  • Tarefas a través de Edixgal (1º, 2º, 3º e 4º da ESO): Cuestionarios, enquisas, traballos, wikis, glosarios. Obradoiros...

  • Edixgal: https://eva.edu.xunta.gal/

  • Uso constante do correo para resolver dúbidas.

  • Contidos a través de diferentes plataformas: genially, youtube, renderforest...

  • Rúbricas compartidas para favorecer a autoavalición e a coavaliación.

  • Uso de Abalar para manter ás familias informadas.

  • Uso da web do centro para aviso das tarefas

  • O horario de atención ás familias será o venres de 12.20 a 13.10

  • Correo do departamento: dgayoso@edu.xunta.gal

  • Horario de atención ás familias: marte de 10.10 a 11.00

 

 

 

Actualmente todas estas accións xa se están poñendo en práctica excepto as videoconferencias por Webex e Falemos.

 

O alumnado está adestrado no uso de Edixgal e a Aula Virtual.

 

Propóñense iniciativas constantes para manter a todos os cursos con actividades en rede.

 

Aínda que a materia é eminentemente práctica, centrada no feito motriz, todas as instrucións sobre a materia: bases teóricas, autoavaliacións, coavalicións, rúbricas de valoracións sobre xestos motrices, traballos.... realízanse necesariamente de forma telemática.

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Bos días:

Este ano iniciamos unha nova aventura no centro: O PVDA (proxecto de vida activa e deportiva).

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable.

Búscase o incremento diario da actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fora  do centro.

Medirase o impacto que ten este incremento de actividade física na saúde dos escolares ao longo do curso.

O primeiro paso e recoller e analizar a información relativa á actividade físíca que realiza o noso alumnado. A través da plataforma Edixgal estase a realizar unha enquisa sobre seus os hábitos semanais.

  https://www.pexels.com/es-es/foto/documento-encima-de-la-papeleria-669619/

https://www.flickr.com/photos/27456407@N04/

Fútbol americano flag

Bos días:

Durante toda a semana o Club de futbol americano “Baiona Conquerors” ofreceu unha sesión de iniciación a todo o alumnado da ESO. O club mostrounos unha nova modalidade: o fútbol amercano FLAG.

O obxectivo destas sesións enmárcase dentro da promoción da actividade física en horario lectivo.

Ademais de dar a coñecer esta modalidade o club ofrécese como alternativa para participar nos adestramentos e mellorar as súas habilidades.

 

Iniciación ao baloncesto II

Bos días:

Hoxe volvimos a contar co Club Baloncesto Baiona que ofreceunos unha sesión de iniciación ao baloncesto onde participou o alumnado de 1º e 3 da ESO.

Ademais da dar a coñecer este deporte o club ofrécese polas tardes a quen queira participar nos adestramentos e mellorar as súas habilidades.

Merendas saudables

Bos días:

O centro escolar constitúe o lugar para a difusión dos bos costumes e da mellora da saúde. O equipo do patio escolar colocou carteis polos diferentes espazos do centro para concenciar a toda a comunidade educativa sobre uns hábitos dietéticos saudables.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930