Educación física
Educación Física para a Paz
Enviado por Belen o Xov, 30/01/2020 - 20:53Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.
Deixamos algunhas imaxes.
Carreira de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 18:56Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).
Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.
Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.
Día internacional das persoas con discapacidade
Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2019 - 19:34Hoxe día 3 de decembro de 2019 conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".
No CEP Sequelo levamos un par de días traballando no tema, uns grupos na aula e outros na biblioteca, adicámonos a desterrar mitos que xiran arredor das persoas con discapacidadade.
Os mais pequenos lemos a historia do "Cazo de Lorenzo", visionamos a curtometraxe e tivemos un pequeno coloquio.
E na área de Educación Física, ó longo de toda a semana vivenciaremos cómo se sinte unha persoa con discapacidade a través de divertidos xogos como "o director de orquestra", "tren cego" e o semáforo.
Agora somos mais conscientes das barreiras que existen e loitaremos por acabar con elas!
Video do festival e graduación do curso 2018/2019
Enviado por Anónimo o Lun, 01/07/2019 - 00:00Bo día a tod@s, para despedir e pechar este curso 2018/2019 deixámosvos unha ligazón de youtube do video que fixemos coas fotos e videos que puidemos gravar do festival e da graduación das alumnas e alumnos de sexto curso.
Agardamos que o disfrutedes¡
Bo verán a tod@s¡
https://www.youtube.com/watch?v=jMxYxF9iLKc&feature=youtu.be
Fotos festival de fin de curso e graduación CEP Sequelo 2018/2019
Enviado por Anónimo o Mar, 25/06/2019 - 20:57Bo día a tod@s:
Xa temos listas e recen saídas do forno as fotos da festa de fin de curso, debido ao número e peso das fotos é imposible subilas aquí, así que para que poidades ollalas e descargar as que queirades sen ningún problema, pareceunos axeitado subilas a Google Drive.
Aquí abaixo deixámosvos tres ligazóns as que podedes ir para mirar e descargar as fotos, o proceso e moi sinxelo, só tedes que facer click na ligazón e iredes a un álbum onde se atopan as fotos, unha vez aí se queredes podedes descargar o álbum completo ou só as fotos que vos interesen.
Grazas e bo verán a tod@s.
Álbum de fotos da festa previa o festival nas distintas aulas do colexio:
https://photos.app.goo.gl/FDhb92LU2H2xam4B6 (11 fotos)
Álbum de fotos do festival:
https://photos.app.goo.gl/XqGTfKrkhDmLfKQF6 (208 fotos)
Álbum de fotos dos graduados deste curso 2018/2019:
https://photos.app.goo.gl/wjCFEHd95F2pf9Dm9 (71 fotos)
Canción da Reanimación (RCP desde mi cole)
Enviado por Belen o Ven, 14/06/2019 - 13:32Os nenos e nenas de 2º curso cantaron e practicaron a canción da RCP, baseándose na páxina web "RCP desde mi cole".
Para o próximo curso seguiremos aprendendo mais desta páxina tan valiosa e necesaria para todos e todas!
Como di o lema do primeiro proxecto "Coas túas mans podes salvar vidas"
Disfrutando do Fútbol Sala cos adestradores do Ancoradouro!
Enviado por Belen o Lun, 27/05/2019 - 23:11Os profesionais do Ancoradouro viñeron ao noso pavillón a ensinarnos algúns xogos e valores que ten este deporte, destacando a figura do árbitro.
Os nenos e nenas de 1° a 3° curso pasámolo xenial, aprendemos moito!!
Atletismo en pista- 5º curso
Enviado por Belen o Mar, 07/05/2019 - 17:27Outra das actividades coa profe Rebeca, que xamais esqueceremos. Pasamos unha xornada especial, como se pode apreciar no vídeo. Moitas grazas!!
Educación Física na Rúa 2019 (vídeo completo)
Enviado por Belen o Mar, 07/05/2019 - 17:16En agradecemento ao traballo da profesora Rebeca. Desexámoslle moita sorte!
Flasmob "Global Muiñeira" para o Día da EF na rúa
Enviado por Belen o Ven, 12/04/2019 - 10:15O xoves 25 de abril celebraremos o Día de Educación Física na rúa!
Xogaremos e bailaremos o Global Muiñeira.
Será no parque Euguren, a partir das 12:20.
Aproveitade a Semana Santa para practicar os pasos!
Carreira de cross escolar no CEP Sequelo
Enviado por Anónimo o Xov, 15/11/2018 - 11:24Este mércores 14 de novembro celebrouse nos arredores do noso colexio un cross escolar encadrado dentro da actividade de Campo a través do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
O CEP Sequelo participamos con preto de 90 escolares dende a categoría benxamín (2º e 3º de primaria) ata a categoría infantil (6º de primaria).
Ademais da gran participación temos que destacar os excelentes resultados obtidos nas categorías benxamín e alevín especialmente.
As nenas estiveron moi inspiradas copando o podio en benxamíns e tendo moita presenza nel en alevíns e tamén entre os dez primeiros clasificados.
Agardamos xa con moitas ganas a seguinte carreira de campo a través!!
BBC Xogos Populares en Silleda
Enviado por josean o Sáb, 02/06/2018 - 23:25O outro día fomos a un sitio onde había moitos xogos. Ademais de estar nos, había máis colexios e xogabamos todos a xogos populares: billarda, bolos celtas, chave.... Para o meu gusto, o xogo que mais divertido foi, é a billarda pero paseino tamén moi ben, xogando con todos os xogos.
Primeiro xogamos a chave. O noso grupo só fixo un punto, logo paramos cinco minutos para merendar un pouquiño e fomos para a billarda no que o noso grupo foi o que mais meteu, sete puntos. Eu metín catro.
Logo, fomos aos bolos celtas, nos que eu non fixen nin un punto. Tocounos unha monitora que quedou campiona de España, pero non unha ou dúas veces, se non sete. Resulta que nos bolos celtas, se non queres non te retiras, incluso sendo moi maior.
Ao final déronnos uns bocadillos e fómos no autobús outra vez de volta ao colexio para ir para casa.
INICIACIÓN AO TENIS
Enviado por Menchi o Xov, 10/05/2018 - 13:07O alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ao club de tenis de Pontevedra para aprender a xogar ao tenis e fixemos moitos xogos:
O autobús : era de facer unha fila e o monitor tirábanos as pelotas e tiñamos que darlle a pelota e se saía fora do campo íamos a outro lado da rede e intentabamos coller a pelota que lanzaban os nosos compañeiros.
As liñas: tiñamos que poñer as pelotas en liña e un tiña que recollelas e outro volver a poñelas así ata que todos pasaban, o primer equipo que remataba era o gañador.
Opinións: encantounos e foi moi divertido,
Equipo redactor 4ºA: Agatha, Aroa, Noel e Uxía.
Coñecemos a Halterofilia
Enviado por josean o Xov, 10/05/2018 - 10:34Coñecimos de primeira man un deporte descoñecido, a Halterofilia, visitando as instalacións do clube Rías Baixas.
FLASHMOB PARA O DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
Enviado por Belen o Ven, 06/04/2018 - 10:32DEIXAMOS O BAILE PARA QUE PRACTIQUEDES NO VOSO TEMPO DE LECER.
Aquí http://www.consejo-colef.es/defc-home para ler os obxectivos desta campaña.
O MÉRCORES 25 DE ABRIL PRACTICAREMOS TODOS XUNTOS!!
Exhibición de COLPBOL
Enviado por Anónimo o Ven, 16/03/2018 - 14:59O 9 de marzo celebramos a igualdade no deporte facendo uns partidos de Colpbol entre os nenos de 3º,4º,5º e 6º. O Colpbol é un deporte creado en 1997 por un mestre de educación física chamado Juanjo Bendicho. Este deporte está formado por dous equipos mixtos feitos por 7 xogadores. Consiste en meter un gol coas mans na portería contraria. As reglas básicas son:
-Non se pode agarrar a pelota coas mans.
-Non se pode dar dous toques seguidos.
-Non se pode dar co pé.
-Golpear o balón co puño cerrado.
-Respectar a distancia no saque.
Cando acabaron os partidos os profesores repartiron unhas medallas para todos os nenos/as que foron cortesía do Concello de Marín.
Comisión periodística 5ºB
Billarda, bolos e chave: xogos tradicionais
Enviado por Anónimo o Xov, 23/11/2017 - 14:25A billarda é un xogo tradicional que consiste en ter un pau duro na man e outro máis pequeno afiado na punta (lipe) e intentar darlle no aire. Pasárono moi ben, houbo algúns fallos, pero logo o dominaron. Xogaron Raul, Martina, Manuel, Noelia e Santi.
Os bolos consiste en poñer uns bolos celtas de madeira e tirallas dende unha distancia axeitada unha bola de madeira e derribalos. Xogaron Guille, Noé, Saioa e Fran.
A chave consiste en tirar unha pesa a un pau de ferro con duas aspas e tes que intentar darlles e que se movan. Xogaron Victor, Leo, Jorge, Miguel e Iago.
Melani-Priscila
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7