Abril 2023
2 de maio- Día non lectivo
Enviado por Belen o Dom, 30/04/2023 - 22:05O martes 2 de maio foi escollido polos centros educativos do concello de Marín, non lectivo.
O luns celébrase a festividade do maio, neste concello, na que participa alumnado do centro e que están tódolas familias convidadas.
Voltamos ó colexio o mércores 3 de maio.
O Maio das flores
Enviado por inesduran o Ven, 28/04/2023 - 20:01
CHEGOU O MAIO
este venres o noso colexio ulía a primavera.
Dende primeira hora da mañá fomos saíndo ao patio por cursos
para coser as flores do noso maio pequeniño.
Segue os enlaces para ver o vídeo
Coa a experiencia dos nosos profes e dos alumnos maiores,
o noso maio quedou así de bonito.
Outro ano máis a tradición volve facer protagonista á primavera,
coas melodías dos nosos nenos cantándolle ao Maio.
Podedes ler as coplas do Maio e da embarcación Xiana
A clase de 3º tamén ensaiou e cantou as súas coplas
para lle dar a benvida ao maio florido
Xa chegou o Maio
Enviado por inesduran o Xov, 27/04/2023 - 00:42Charla PDI: Protexe o Planeta
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 22:25A pasada semana despedíamos as nosas profesoras de prácticas,
que estiveron no noso centro dende o mes de novembro.
dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra,
dos lugares do planeta máis contaminados...
...rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.
Segue os enlaces para visualizar o vídeo
Debuxando ao aire libre compréndese mellor
a necesidade de manter limpos e saudables as nosas paisaxes.
Solicitudes de admisión curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 25/04/2023 - 09:48Estimadas familias:
As solicitudes de admisión para este centro están todas admitidas. (Poden ver as listas no taboleiro da secretaría do centro)
O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño adxuntando a seguinte documentación: formulario de matrícula, fotocopia do DNI dos proxenitores, do alumno/a, fotocopia da tarxeta sanitaria e 4 fotografías tipo DNI.
O horario para entregar dita documentación será de luns a venres de 9:00 a 9:50. Se precisan vir noutro horario chamen ao centro para concertar unha cita.
Poden recoller os formularios no centro ou cubrilos a través da web admisionalumnado.
Moitas grazas.
Sabías que...
Enviado por inesduran o Mar, 25/04/2023 - 00:10Semana do Libro
Enviado por inesduran o Lun, 24/04/2023 - 22:29TeleSequelo do Primeiro de Abril
Enviado por josean o Xov, 20/04/2023 - 16:42April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.
Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.
Coplas de Maio 2023
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 23:09A partir dunha estruturación moi tradicional das coplas de maio, en versos de 6 sílabas, o alumnado de 5º e 6º creou está enchente de coplas, que amosan o que aprendeu sobre a celebración estes días.
Kopa Deportes nº 6
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 23:01Neste sexto programa de KopaDeportes, o programa deportivo do Sequelo, entrevistamos a Aylen e Iria, alumnas de sexto, que practican case "profesionalmente" o fútbol.