Febreiro 2023
Plano Cenital?
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 23:14Todos eles e son moitos din que este plano é CENITAL. Por que será que o dín? Poderías explicarnos porque coidan todos estes alumnos que o plano é ese?
Déixanos a túa resposta co teu nome, na sección de comentarios
Adiviña o Plano
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:32Neste primeiro plano da serie Noa danos moitas pistas para que adiviñedes de que plano se trata. Faino moi ben, sen cortar o plano polas articulacións
Nos comentarios deixádenos o voso nome e o tipo de plano que é
Kopa Deportes nº 3
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 22:24Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
Admisión do novo alumnado para o curso 2023/2024
Enviado por Belen o Ven, 24/02/2023 - 13:50ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
-
O prazo para presentar a solicitude de admisión para o novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.
-
As solicitudes poderánse presentar presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
O impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:15 horas a 14:00 horas.
-
Tamén poden descargar a solicitude de admisión ED550B no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
-
Para calquera dúbida poden enviar un correo ao noso centro (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ou chamar ao teléfono 886151325.
PRAZAS VACANTES CEIP SEQUELO-MARÍN
-
CURSO
PRAZAS VACANTES
INFANTIL
23
1º E. P.
11 (3 reservadas para alumnado NEAE)
2º E. P.
7
3º E. P.
10
4º E. P.
5
5º E. P.
3
6º E. P.
7
Normativa que regula o proceso de admisión:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 19:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 23:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
Solicitudes de reserva de matrícula
Enviado por Belen o Xov, 16/02/2023 - 10:35Estimadas familias:
As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.
Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).
"Radio Sequelo" en Escolas nas Ondas
Enviado por Anónimo o Mér, 15/02/2023 - 01:00Polo Día Mundial da Radio 2023 participamos en "Escolas nas Ondas" cos programas de radio realizados para o Día da Paz 2023.
Se queredes saber más de "Escolas nas Ondas" e escoitar o que fan outros compañeiros aquí tendes o enlace.
"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 15/02/2023 - 01:00O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.
Kopa Deportes Programa 2
Enviado por josean o Mar, 14/02/2023 - 18:38Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.