Abril 2021
Festa dos Maios 2021
Enviado por inesduran o Xov, 29/04/2021 - 11:32Traballando nos Maios.
Flores, Pampullos, Fiuncho, Espadaina...
Clasificamos, Cosemos...
Mantemos as tradicións.
V e VI Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 27/04/2021 - 14:34III e IV Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Xov, 15/04/2021 - 18:49O xoves, 22 de abril, ás 17:00 comezará o cuarto torneo de xadrez.
Os nenos e nenas que aínda non se rexistraran poden facelo seguindo as instrucións deste enlace.
FAI A TÚA COPLA de BARCO
Enviado por josean o Xov, 15/04/2021 - 17:35Para elaborar este ano a copla do barco imos elixir a MELODÍA que no ano 1954 sacou no día da Ascensión (o 15 de Maio) a única carroza triunfal que saíu pola vila ese día, querendo revivir un vello costume onde os maios saían ás rúas tamen ese día.
A súa estructura esta formada por un RETROUSO de dúas estrofas de 4 versos que se repite intercalada entre as outras tres estrofas do corpo da copla
RETROUSO
1º verso:7 sílabas
2º verso: 7 sílabas
3º verso: 6 sílabas
4º verso: 6 sílabas
Riman os versos pares e os impares van libres.
5º verso: 7 sílabas
6º verso: 5+1 sílabas
7º verso: 7 sílabas
8º verso: 7+1 sílabas
Riman os versos pares e os impares van libres.
CORPO DA COPLA
Esta composto por 8 versos de 8 sílabas nos impares que van libres e de 7+1 nos pares que riman entre eles con este esquema -a-a-a-a ou -a-a-b-b
Lembra que a estructura tématica é identica á do ano pasado.
1.Presentación da embarcación
2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, o seu traballo...
3. A embarcación despídese
Maquetas de Maio
Enviado por josean o Xov, 15/04/2021 - 16:55O ano pasado fomos quen de facelo, este ano seguro que tamén. Participa connosco na elaboración dunha pequena maqueta dun maio. Cando a teñas rematada, entrégalla ao teu titor e poderala ver exposta na semana do 1º de Maio no Museo Torres. Aquí tedes exemplos do que se fixo o ano pasado
II Torneo de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mér, 14/04/2021 - 20:07O xoves, 15 de abril, ás 17:00 comezará o segundo torneo de xadrez. Pinchade no enlace para entrar.
Os nenos e nenas que aínda non se rexistraran poden facelo seguindo as instrucións deste enlace.
ACTUALIZACIÓN, xoves 18:00
Rematou o 2º torneo cun total de 17 participantes. Esperamos que no próximo, para o vindeiro martes, día 20 de abril, á mesma hora, poidamos chegar ata 20 xogadores!
Puntos deste torneo
6º curso: BreixoV 3 puntos, Irene 2 puntos e Martín 1 punto.
5º curso: Marcos 3 puntos, Iago 2 puntos e Mateo 1 punto.
4º curso: Abel 3 puntos
3º curso: Raúl 3 puntos
2º curso: Roberto 3 puntos
1º curso: Mael 3 puntos
Profesores: Miguel 3 puntos
Lembrade, o vindeiro torneo o martes día 20, ás 17:00 horas.
Xogos na web El mundo de Milu
Enviado por xose o Lun, 12/04/2021 - 11:50Compartimos un novo xogo que amplía os contidos de "Viaxe ao reino das emocións". Podedes consultalo na web do Mundo de Milu (http://mundodemilu.org/gl/36). Nel invitámosvos a entrar novamente no Aloia, e superar cada unha das probas que vos propoñen o sabio, a rá, as toupiñas...
Outros xogos
I Torneo de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mér, 07/04/2021 - 21:01O martes, día 13 de abril, de 17:00 a 18:00 horas, celebraremos o primeiro torneo de xadrez online deste ano 2021, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso. Formará parte dun Campeonato que rematará no mes de xuño.
Para xogar terás que seguir os seguintes pasos:
-
Rexistrarte previamente na web Lichess.org, cos datos:
-
nome de usuario coa forma breixovs10, onde breixo é o nome do neno/a, v e s as iniciais do primeiro e segundo apelido, e 10 os dous números finais do ano de nacemento, neste caso 2010;
-
contrasinal que ti queiras e,
-
dirección de e-mail (necesaria para confirmar a conta)
-
-
Inscribirte no equipo de xadrez Cep Sequelo pinchando neste enlace- (O moderador do torneo terá que aceptar a túa solicitude)
-
Unirte ao torneo. O primeiro torneo será a un total de 6 rondas (partidas), e cada unha delas terá 5 minutos de duración para cada xogador. Unha vez acaben todos de xogar a primeira partida comezará a segunda, e así sucesivamente.
Durante este trimestre organizaremos dous torneos cada semana, que serán os martes e os xoves, de 17:00 a 18:00.
Haberá un gañador en cada curso, de 1º a 6º de primaria.
Moito ánimo e a participar!
ACTUALIZACIÓN MARTES 18:00
Rematou o 1º torneo cun total de 14 participantes. Esperamos que no próximo, para o vindeiro xoves, á mesma hora, poidamos chegar ata 30!
Haberá puntuación para os 3 mellores clasificados de cada curso, 3 puntos para o primeiro, 2 para o segundo e 1 para o terceiro. Iremos actualizando a clasificación ao final de cada torneo.
A táboa de puntuación queda como segue:
6º curso: BreixoV 3 puntos, Irene 2 puntos e Martín 1 punto.
5º curso: Marcos 3 puntos, Mateo 2 puntos e Lara 1 punto.
4º curso: Iria 3 puntos
3º curso: Gabriel 3 puntos
2º curso: Roberto 3 puntos
1º curso: Mael 3 puntos
Profesores: Miguel 3 puntos
Lembrade, o vindeiro torneo o xoves, ás 17:00 horas.