25 de Novembro
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 15:43Campaña de Saúde Bucodental
Enviado por inesduran o Ven, 24/11/2023 - 11:52PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DENTAIS
A través dunha charla dialogada co alumnado de 1º e 5º as profesionais de odontoloxía do centro de saúde de MARÍN axudan á prevención de enfermidades bucodentais á infancia.
Coidamos a Nosa Contorna
Enviado por inesduran o Lun, 20/11/2023 - 00:08Cociñando no Sequelo
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 23:47Cuentacuentos en la Biblioteca
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 23:19Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"
Enviado por josean o Xov, 16/11/2023 - 23:18Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.
O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.
Que cousa, cousiña é?
Enviado por josean o Lun, 13/11/2023 - 23:07A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.
O Sequelo cociña: Biscoito de Mia
Enviado por Miguel o Lun, 13/11/2023 - 21:00Seguindo coas receitas de cociña, desta vez Mia Valentina de 2º de primaria e mais a súa nai Gledys Johana elaboraron unha sobremesa que tamén está moi apetitosa, podo dar fe. Moitas grazas.
Magosto
Enviado por Miguel o Lun, 13/11/2023 - 17:00Polo Magosto Vera, Emma, Nicolás e Mia de 2º de primaria fixeron unha pequena historia que grabaron na radio do colexio. Esperamos que vos guste.
O MAGOSTO
Enviado por laurarialf o Dom, 12/11/2023 - 22:45Este venres no cole celebramos o magosto. Primeiro comemos unhas deliciosas castañas que a ANPA asou e, despois, aproveitamos que non chovía para saír ao patio e realizar uns xogos populares. Mentres, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de EP foron probar uns xogos moi divertidos que nos trouxeron dende a asociación de Xoán XIII. Pasámolo súper ben!
Moitas gracias a ANPA e á asociación Xoán XIII!
O Sequelo cociña: tarta de castañas con chocolate
Enviado por Miguel o Dom, 12/11/2023 - 17:28Coa celebración do Magosto propuxemos facer unha receita con produtos da tempada. Elsa de 2º de primaria e mais a súa tía Rita elaboraron unha sobremesa que de seguro está deliciosa. Moitas grazas. Fai clic enriba da imaxe para ver o vídeo.
Visitas polo 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Lun, 06/11/2023 - 22:56Entrevistas na beira
Enviado por josean o Lun, 06/11/2023 - 12:39Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.
A pantasma que non daba medo.
Enviado por Miguel o Dom, 05/11/2023 - 23:10Os nenos de 2º grabamos na radio escolar un dos contos que fixemos co gallo do Samaín. Esperamos que vos guste.
Os Trasnos
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 23:06A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...
As Lavandeiras da Noite
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 22:57Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.
Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.
Que sabemos do Gatipedro?
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 22:42O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.
Que sabemos da Santa Compaña?
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 22:38Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.
Medo na noite (IV)
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 14:24En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »