Educación física

Blog de Educación física

"Disfruta las cosas buenas que tiene la vida" (Ed. Física)

Hoxe toca día de bailar e gozar da música (este día deben ser todos), pero antes de empezar, un pouco de mobilidade articular, lembrade mover os nocellos, xeonllos, cadeira, ombreiros, cóbados, pulsos, pescozo,… mmmmm, esquezo algún?

 

Poño varias coreografías da mesma canción, están colocadas por dificultade para min, pode que vos resulten sinxelas, xa me contaredes.

 

 

 

 

 

Podedes propoñerme algunha canción que vos guste a coreografía ou facer vos algunha e enviarma.
 
Para rematar, e baixar esas pulsacións, vamos facer un pouco de ioga, recordade que precisades un colchón ou manta, para que non resulte o chan moi duro.

Que teñades un gran día. 

Empezamos a semana con enerxía (Ed. Física)

Vamos empezar a semana cuns exercicios pola casa

 

Gústame moito o profe Edwin, dalle moita importancia ao quecemento, pero eu sei que moitos dos exercicios que saen no vídeo xa os coñecedes.

Os exercicios de hoxe empezan con “sentadillas” (lembrade que os pés teñen que estar separados a mesma distancia que os ombreiros), levantarnos do chan, no vídeo fala de subir o banco (pero eu na miña casa non podería subirme ao sofá e imaxínome que nas vosas tampouco) polo que podemos modificar o de subir ao banco por unha caixa, caixón,… e “sentadillas con salto”.

E para o seguinte bloque de exercicios vamos axudar a dobrar a roupa, non teñen porque ser todas camisetas, poden ser calcetíns, pantalóns,…

Na volta á calma, algúns e algunhas de vós xa coñecedes o exercicio, espero que vos guste.

Para terminar a sesión estiramos os músculos traballados.

 

Unha vez rematado o exercicio, vamos a polo reto, fabricamos avións de papel, envíovos uns exemplos de diferentes modelos de avións, eu hai moitos que non coñecía, lembrade que podedes facelos con papel que estea para reciclar, non precisamos un folio en branco, posteriormente poderemos decoralos.

 

 

 

En este enlace podedes ver 40 modelos diferentes, animo a que fagades algún e me enviedes unha foto.

 

 

E para practicar se os nosos avións voan ou non, un reto de puntuación.

 

 

Podedes empregar para isto papeis de periódico, folios unidos,… non precisades ter cartolinas, só tesoiras para facer os buratos, cinta adhesiva para colocalo no marco dunha porta e rotuladores, bolígrafo,… para escribir as puntuacións.

 

A divertirse!!!!!! 

Un pequeno resumo dos traballos desta semana (Ed. Física)

Este é un pequeno resumo dos traballos que recibín esta semana, espero que vos animedes a seguirme enviando cousas para que todos e todas poidamos ver en que estades traballando.

 

 Moito ánimo para a nova semana!!!!!!

Reto 14: Gaña 5 veces a pedra-papel-tesoira

Hoxe toca xogar a “pedra-papel-tesoira”, na miña casa xogamos despois de cear ás cartas (a escoba concretamente) para ver a quen lle toca fregar os cacharros, eu frego moitas veces, non sei se terei que cambiar de xogo, vos tamén practicades algún xogo de mesa?, aprendéstedes algún xogo novo estes días? xa me contaredes cales coñecedes.

Envíovos dúas propostas de xogos de mesa un pouco diferente a como os coñecedes, espero que vos gusten e que me comentedes cal podemos practicar na clase.

 

Reto 13: Debuxa unha diana nun folio...

Eu hoxe non fixen os meus deberes, pero... fixen un pescaconexo, espero que vos animedes a facer algún.

 

Tamén vos envío un test de deportes, vamos comprobar canto sabedes de deporte?

 

Reto 12: Move articulacións como facemos en clase

Bos días,

Hoxe toca repasar articulacións, encontrei unha actividade que me gustou para traballar articulacións, osos, partes do corpo,…

 

Envío o modelo, pero podedes modificalo, eu na casa hoxe non teño tantas pastas diferentes para facelo igual, pero podedes empregar a vosa imaxinación, o que propoño é que fagades o esqueleto, sinaledes nel todo o que sexades capaces de identificar, por suposto non vou dar pistas, eu espero ter o meu rematado pronto e poder ensinárvolo.

 

E para terminar un pouco de actividade física, recordarvos que os exercicios de mobilidade articular están a moita velocidade para que o vídeo sexa máis fácil de cargar, pero teredes que facelos como na clase, contando ata 10 e a unha velocidade baixa, para que non sexa prexudicial.

 

A primeira actividade é de saltos, adiante, atrás, laterais,…

 

Toca elevación, podemos ir aumentando a dificultade 3 series de 5 elevacións para os máis pequenos ata chegar o que nos indican no vídeo de 3 series de 12 elevacións, faremos un descanso entre serie e serie de 10 segundos.

 

Traballo de tesoiras laterais con cada perna 12 repeticións e 10 segundos de descanso entre cada repetición.

 

rodar.

 

Na actividade de saltos con fonemas podemos variar: os fonemas (poden ser de m, p, r,…), números, para que identifiquen, que sexan pares e impares, con sumas e restas, a táboa de multiplicar,… podedes ir complicando a actividade como desexedes, posiblemente non poidades debuxar no chan, facede os números ou fonemas en papel e suxeitádeo con cinta.

 

Lanzamento e recepción, eu non teño pelotas de ping-pong na casa, polo que modifiquei a actividade a hora de realizala e lanzaba unha saltarina e recollía cunha botella de plástico, podedes facer os lanzamentos con diferentes pelotas e lugares de recepción (caixas, cestas, panos, ….).

 

Pranchas con brazos estendidos 3 series de 5 segundos, e iremos pouco a pouco aumentando cada día para chegar a que nos indican no vídeo. Prancha abrindo e cerrando pernas, 3 series de 5 repeticións con 10 segundos de descanso (aumentaredes a vosa vontade) e escaladas 3 series de 5 repeticións, aumentando ata chegar as tres series de 15 repeticións.

 

Sentadillas, vamos empezar con tres series de 5 segundos apoiados/as na parede e 10 repeticións con 10 segundos de descanso entre serie e serie. Lembrade cando realicedes a actividade que a separación entre os pés ten que ser similar a  separación que temos entre ombreiro e ombreiro.

 

Para terminar realizade os exercicios de estiramentos que aparecen ao final do vídeo.

 

Enviádeme as vosas creacións a profetamaraef@gmail.com

Reto 11: Emprega un anaco de cartón como raqueta...

  A actividade de hoxe está relacionada co reto 5, ese día había unha actividade de reciclaxe, preparástedes algún material para o 28 de abril?, eu estou empezando cos meus deseños, hoxe preséntovos a miña tetrapala, non tiña cartón para realizar unha pala como manda o reto, polo que modifiquei un pouco o material.

Vou explicarvos como fixen a miña tetrapala (buscade a explicación nos pdf adxuntos),invítovos a crear unha e enviarme as vosas creacións por correo electrónico.


 

Envío un vídeo que ten moitas actividades de materiais reutilizados e reciclados, hai moitos que non podemos realizar nin practicar, pero outros poden resultar divertidos e entretidos, espero que vos gusten, podedes enviarme algún vídeo ou foto dos que fagades.

 

Reto 10: Busca en YouTube "Baby Shark"

Hoxe toca empezar o día con enerxía e con música, empezade facendo un pouco de quecemento, repasando os nomes das articulacións e os movementos.

 

Seguimos pola canción de "Baby Shark" pola máis coñecida por todas e todos.

E para rematar vamos por un “Baby Shark” versionado, visionade unha vez o vídeo para ver que unha parte dos pasos se repiten e que tedes outra parte de estilo libre, espero que vos guste e  gocedes imitando algún pasos e inventando as segundas partes.

 

A Bailarrr!!!!

 

 

 

 

Reto 9: Desprázate pola casa de 10 maneiras diferentes.

Este reto é similar ao que facemos cando ides para as clases de educación física, pero en este caso teredes que inventar vós as normas, non pisar nas liñas, ir de lado, de costas,... podedes retar a alguén da casa a que vos acompañe, pode ser que cada un/unha propoña unha maneira distinta sen poder repetir, ou que vos teñan e teñades que imitar.

Envío outro xogo para que fagades un pouco de equilibrio, desprazamentos,...

A polo 20!

Para xogar hoxe ides precisar un dado, lapis, papel e algúns outros obxectos que dependerán do curso.

O obxectivo é conseguir 20 puntos, para logralos debes lanzar o dado e dependendo do número que che corresponda terás que superar o reto para poder anotar tantos puntos como puntiños teña o dado, pode ser de un só xogador ou de cen.

Como podes ver fixen o xogo en papel con rotuladores de cores, anímote a que modifiques, mellores, inventes, decores,… os retos que che propoño e mos envíes a profetamaraef@gmail.com, podemos publicar novos retos cada día, colgarei todos os que me enviedes, poden ser feitos a man ou a ordenador, escaneados, fotocopiados,... con retos de actividade física, de trabalinguas, musicais,… seredes os/as creadores/as.

Reto 8: Ioga

O reto de hoxe é practicar posturas de ioga, na sesión do reto 5 a volta á calma xa vimos algunhas posturas como a montaña, a estrela e o triángulo, coñeces algunha máis?

 

Recordarche que para a sesión de hoxe precisarás un colchón, mantiña,… algo que nos permita traballar sobre unha superficie branda para que non provocar ningunha lesión.

 

Vamos empezar a clase cun conto.

Para seguir envío un enlace a unha sesión de ioga que podedes facer por parellas, ten unha pequena introdución a acroioga (só como experimento), realizade a primeira parte da sesión.

 

O ioga axuda a correxir posturas corporais, aumentar a flexibilidade, equilibrio,... as culturas orientais que na súa expansión polo mundo occidental, trouxeron mandalas como obxectos de relaxación, tranquilidade e reflexión, favorecendo a concentración, equilibrio, creatividade, … existen moitas e moi variadas, eu propoño que lle poñas cor a unha para terminar a clase de hoxe porque comezou a primavera e vamos dedicarlle un ratiño.

 

 

 

Este último enlace é para facelas no ordenador ou na tableta.

 

 

Namasté 

 

 

Reto 7: Día do circo

Seguides todos e todas cos dous calcetíns desparexados???

Hoxe o reto era un pouco circense, envíovos un pdf para que elaboredes o voso material do circo e practiquedes. Na rede podedes encontrar moitas ideas, ide enviándome algunha foto do que fagades, eu estou terminando algúns materiais, espero poder ensinárvolos pronto.

Reto 5: REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR

Hoxe toca día de reciclaxe, traio unhas cantas actividades para os nenos e nenas do CEP Sequelo:

       Empezástedes o día superando o reto de hoxe?, era unha pequena introdución dun dos traballos que temos, xa que, co gallo da celebración do Día da Educación Física na Rúa o 28 de abril, e coa intención de reducir-reutilizar-reciclar, vamos facer os materiais que empregaremos ese día, envío un pdf con moitas ideas que encontrei por internet, pero seguro que vós tedes moitas máis, hoxe empezaremos a elaborar o noso material!

2.        Tamén vos envío unha sesión de educación física con dúas cancións para que vaiades aprendendo as coreografías e unha introdución ao ioga, espero que vos guste.

     

        Para rematar tamén teño un xogo que me gusta moito pero vou explicalo con pictogramas, espero que o pasedes ben.

Reto 4: día de heroes e heroínas

Bos días,

Hoxe imos adestrar imitando os nosos heroes e heroínas preferidas e preferidos, pero antes de comezar co adestramento, debemos quecer os nosos músculos e preparar as nosas articulacións (xa sodes uns expertos).

Pincha enriba da imaxe e goza da actividade.

Cantos heroes imitas nesta actividade?

Reto 3: Baila tres cancións que non sexan reggaeton.

Bos días!

Xa tedes superados os retos do luns e do martes? Espero que gocedes do que toca hoxe, eu xa teño pensadas as miñas tres cancións favoritas, cando regresemos ao cole xa me contaredes.

Hoxe teño uns traballos extras pensados para algúns de vós, os traballos para segundo curso animo a todo o cole a que os faga, así poderedes contarme cal vos gustou máis, se se pode repetir, se xa os coñeciades,...

Espero que disfrutedes moito das actividades que fagades hoxe.

 

14 días - 14 retos (Educación Física)

Pinchade nos 2 ficheiros adxuntos

Carreira escolar de Campo a través- 3º curso

O pasado xoves 23 de xaneiro, os "atletas" do 3º curso foron á carreira de Campo a través, a Portas. Correron por cursos, había mais de 10 colexios, e resultaron ganadoras Noa (1ª ) e Valeria (2ª) !

Correron moi ben e Uxía demostrou o valor da amizade coa súa amiga Aitana, que caeu e axudoulle a levantarse, mentras os demais lle pasaban por diante! Eso sí, que é ser unha boa amiga! Esperemos que sirva de exemplo para todos e todas!

Noraboa campionas!!

Deixo o enlace para que vexades as imaxes da carreira.

https://gopro.com/v/eQ299BwNN2rKz

Campionato Provincial de Campo a través (parque de Castrelos)

Onte pola  mañá acompañei ao parque de Castrelos, Vigo, a 20 alumnos/as, de 2º a 6º de Primaria que quedaron entre os 10 primeiros na carreira de Campo a través, celebrada en Marín o pasado 23 de xaneiro.

Noa González Moldes quedou de terceira na categoría de Benxamín Feminino. 
Outros que pasaron entre os 10 primeiros foron: Valeria, Aitana, Humble e Nihal, todos eles benxamíns e alevín.
 
Os compañeiros e compañeiras da clase de Noa, irán o 12 de febreiro a Portas, para celebrar o campionato provincial de centros escolares.
 
Noraboa a todos e todas polo esforzo e o bo comportamento!
 
Deixo o enlace para que vexades o vídeo!
 

Pavillón decorado para a visita dos futuros alumnos/as!

Este venres os alumnos e alumnas de 4ºA, decoraron o pavillón con material de Educación Física, para que os nenos e nenas da EEI O Grupo e Nosa Señora do Carme, que viñeron a visitarnos, poidesen xogar. 

Deixárono moi bonito!, como mostran estas fotos:

Educación Física para a Paz

Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.

Deixamos algunhas imaxes.

Carreira de campo a través

Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).

Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.

Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.

https://gopro.com/v/96EZmJgDOwa33

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.