blogue deBelen

Xogos de auga despois do comedor!

O venres, a monitora do comedor, doulle unha sorpresa aos nenos/as! Pasárono xenial xogando coa auga e con tanta calor agradecérono moitísimo!

Xogos populares e tradicionais

A semana pasada practicamos a chave, a petanca e a chave con Luis gran practicante destes xogos, na súa asociación O Gharaboto. 

Deixo un pequeno vídeo onde podedes ver como tódolos nenos/as do Sequelo experimentaron estes xogos e sorprendéronse da súa puntería!

Grazas, Luis!

Visitamos o Composteiro comunitario

 

 

 

 

O PASADO XOVES FOMOS A VISITAR O COMPOSTEIRO COMUNITARIO GRAZAS Ó PROGRAMA REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN XOÁN XXIII.

O Camiño de Santiago

A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.

Orientación deportiva en Briz

Onte e hoxe poidemos ir a Briz a gozar dunha xornada de orientación deportiva, inicialmente para 5º e 6º curso pero tamén poideron ir os de 3º e 4º.

Esta actividade levouse a cabo grazas a Xesta Natureza, aprenderon moito, pasámolo moi ben e coñecemos moito mellor o parque!

Deixo unhas fotos e os resultados, que non estiveron nada mal!

Estamos desexando volver para o próximo curso, con mais experiencia e un ano mais maiores!

 

O saúdo ao sol

Primeiro día sin tapabocas no pavillón!

Mostro esta fotografía dos nenos e nenas de 2ºA, onde se pode observar o sonriso e alegría que tanto taparon dende que este virus chegou a nós. Desexo que esta alegría sexa para sempre, gozaron mais ca nunca, sobre todo, non se cansaron tanto e poideron respirar sin pedirme permiso (que me rompían o corazón cada vez que mo pedían). Desexo que este paso sexa para sempre e non volver xamais atrás!

Atletismo en pista

ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M. 

ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.

 

Froita e leite nos recreos

HOXE COMEZAMOS CO REPARTO DA FROITA, ATA O VENRES 28 DESTE MES.

OS LUNS: MANDARINA.

OS MARTES: PERA.

OS MÉRCORES: PLÁTANO.

OS XOVES: MAZÁ.

OS VENRES: LARANXA.

Paratriatlón!

Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.

As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.

Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.

Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!

Xornada de mobilidade en bicicleta

O pasado luns celebramos no colexio unhas xornadas de mobilidade en bicicleta, grazas á Policía Local e voluntarios de Protección Civil. Despois dunha charla e un pequeno circuito para facer coas bicicletas puidemos saír fóra do recinto e demos un paseo en bicicleta.

Recordemos e practiquemos as normas de educación vial na bicicleta e vide áo cole en bici, que hai aparcabicis!

Aquí vos deixo un pequeno vídeo.

 

Entrevista a Susana Rodríguez

O pasado 20 de outubro celebrouse a XI Carreira Pinga Pinga 2021. Como convidada, grazas á Organización, foi a médica e paralímpica española Susana Rodríguez. Sufre unha discapacidade visual debido á súa condición de albina, as súas limitacións nunca foron un impedimento para intentar superar as súas metas: "Sempre o intentaba ata que podía facelo tamén, sin ningunha axuda".

En Tokio ganou a Medalla de ouro en triatlón e o diploma en atletismo, ao quedar quinta.

Esta entrevista fixéronlla unhas nenas de 6º curso, despois de superar un proceso de selección e grazas ao mestre Xosé Antonio, dúas alumnas súas e á Anpa do Sequelo.


EQUIPACIÓN PARA EDUCACIÓN FÍSICA

ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Estimadas familias:

Como sabedes, cada grupo-aula terá 2 sesións semanais de Educación Física.

Estes dous días será necesario que o/a neno/a traia á escola, para poder realizar as sesións, o seguinte material:

  • Roupa deportiva:

    • Chándal, mallas, camiseta,… cómodos.

    • Evitar prendedores no pelo e colgantes cos que se poidan mancar. O pelo longo debe estar recollido cunha goma.

  • Calzado deportivo:

    • Calzado deportivo cómodo. De ser posible con velcro, sobre todo no caso de non saber atar os cordóns.

    • Os días de choiva, que iremos ó pavillón deberán traer outro par de zapatillas ou tenis secos e así evitar riscos innecesarios (esvaróns, caídas, golpes,…) e para non raialo nin estragalo.

  • Unha mochila ou similar con:

    • Seguindo as Instrucións do Protocolo de adaptación a COVID-19, o uso da máscara será obrigatorio tamén durante as sesións de Educación Física. De maneira opcional, poderase traer unha máscara a maiores para o seu cambio logo das sesións de Educación Física.

    • Toalla pequena para secar a suor ó rematar as sesións de Educación Física.

    • Una botella de auga, xa que é recomendable beber antes, durante e despois das sesións de Educación Física, evitando a deshidratación.

    • Unha viseira, para protexer a vista e a cara do sol, cando as sesións se realicen nas pistas exteriores.

    • Para evitar riscos de contaxio e en cumprimento das normas de seguridade ditadas no Protocolo de adaptación a COVID-19, debido a que actualmente está prohibido utilizar os vestiarios do pavillón municipal, vémonos na obriga de suspender (mentres a situación actual da pandemia o requira) a muda de camiseta despois das sesións de Educación Física.

Deste xeito, só se mudará a camiseta en casos excepcionais.

 

Aínda que o exercicio físico que se practica nas sesións de Educación Física non é de alta intensidade e está adaptado ás capacidades das alumnas e dos alumnos, é importante que a mestra de Educación Física teña coñecemento e estea informada das lesións ou enfermidades que poidan sufrir as nenas e nenos, co fin de evitar actuacións pouco axeitadas e procurar a súa recuperación.

Deste xeito, será imprescindible comunicar as posibles doenzas que poidan sufrir os seus fillos/as, xa sexa de tipo cardiovascular, alerxias, dificultades respiratorias, etc. Nestes supostos, sería aconsellable facernos chegar as recomendacións médicas para a práctica de exercicio físico.

Toda información que nos faciliten será tratada de xeito totalmente confidencial, tal e como se dita na Lei de Protección de Datos e no Protocolo de Protección de Datos editado pola Xunta de Galicia, sendo tratados sómente para os fins anteriormente expostos.

Póñome a súa disposición para aclarar calquera dúbida. Moitas gracias pola colaboración.

 

Un saúdo cordial,

Ana Belén Mata Vidal

 

 

 

 

Unha planta de perixel para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente!

A coidar moito a planta e a seguir plantando, polo noso ben e polo noso planeta Terra!

 

Puxemos a nosa horta!

 

Carreira escolar de Campo a través- 3º curso

O pasado xoves 23 de xaneiro, os "atletas" do 3º curso foron á carreira de Campo a través, a Portas. Correron por cursos, había mais de 10 colexios, e resultaron ganadoras Noa (1ª ) e Valeria (2ª) !

Correron moi ben e Uxía demostrou o valor da amizade coa súa amiga Aitana, que caeu e axudoulle a levantarse, mentras os demais lle pasaban por diante! Eso sí, que é ser unha boa amiga! Esperemos que sirva de exemplo para todos e todas!

Noraboa campionas!!

Deixo o enlace para que vexades as imaxes da carreira.

https://gopro.com/v/eQ299BwNN2rKz

Campionato Provincial de Campo a través (parque de Castrelos)

Onte pola  mañá acompañei ao parque de Castrelos, Vigo, a 20 alumnos/as, de 2º a 6º de Primaria que quedaron entre os 10 primeiros na carreira de Campo a través, celebrada en Marín o pasado 23 de xaneiro.

Noa González Moldes quedou de terceira na categoría de Benxamín Feminino. 
Outros que pasaron entre os 10 primeiros foron: Valeria, Aitana, Humble e Nihal, todos eles benxamíns e alevín.
 
Os compañeiros e compañeiras da clase de Noa, irán o 12 de febreiro a Portas, para celebrar o campionato provincial de centros escolares.
 
Noraboa a todos e todas polo esforzo e o bo comportamento!
 
Deixo o enlace para que vexades o vídeo!
 
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.