5º Primaria

25N no CEIP Sequelo

Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións. 

Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas. 

Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos. 

 

 

 

Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!

 

 

Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas. 

 


 

Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS

Campaña de Saúde Bucodental

PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DENTAIS

A través dunha charla dialogada co alumnado de 1º e 5º as profesionais de odontoloxía do centro de saúde de MARÍN axudan á prevención de enfermidades bucodentais á infancia.

Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"

Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles  cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.

O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.

 

Que cousa, cousiña é?

A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.

Os Trasnos

A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...

As Lavandeiras da Noite

Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.

Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.

 

Que sabemos do Gatipedro?

O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.

 

Que sabemos da Santa Compaña?

Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.

Medo na noite (IV)

En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.

 

Medo na Noite (II)

A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia.  Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...

 

Medo na Noite (I)

"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.

 

Atletismo en pista

O pasado martes 9 de maio fomos ao campo de San Pedro, para practicar as diversas modalidades do atletismo en pista cos demais centros do concello de Marín. Pasámolo xenial!

Colexio do Benquerer: comunicación asertiva

Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da  comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.

Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.

Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.

Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.

Obradoiro de Ecopercusión 2023

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz. 

Como podedes comprobar pasárono xenial,  ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo. 

Programa de Educación Afectivo-Sexual Colexio do Benquerer

Nestes días iniciamos o programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" que nos ofrece a Fundación Meniños, cos cursos de 5º e 6º de primaria.

En 5º curso traballamos a actividade "O nome correcto", que nos ensina a utilizar o nome correcto para designar aos órganos sexuais masculinos e femininos e fainos reflexionar sobre o porqué da existencia de moitos nomes inapropiados.

En 6º curso vimos a actividade "A máquina do tempo" centrada nos diversos tipos de cambios que se producen na etapa da puberdade: cambios non só físicos, senón tamén emocionais, cognitivos e sociais.

Obradoiro de Consumo "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido. 

Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que  un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.

 

 

 

 

Visita ao Lago de Castiñeiras.

O venres 3 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 5º do CEIP Sequelo foi visitar o Lago de Castiñeiras e coa colaboración da Asociación Juan XXIII plantaron árbores. Ademais Gaspar Bernárdez, inxeñeiro de montes faloulles da vexetación e animais que alí podemos atopar. Foi unha mañán moi entretida onde aprendemos moito.

 

Plan Director 2022/2023

Como en anos anteriores, efectivos da Policia Nacional de Marín, visitaron aos alumnos de 5º e 6º, nunha charla centrada no acoso escolar.

Piskel

Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol

LUIS

AMIR

UXÍA

 


NOA

HUMBLE

Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)

Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela. 

Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.