Educación física

Blog de Educación física

Xogos populares e tradicionais

A semana pasada practicamos a chave, a petanca e a chave con Luis gran practicante destes xogos, na súa asociación O Gharaboto. 

Deixo un pequeno vídeo onde podedes ver como tódolos nenos/as do Sequelo experimentaron estes xogos e sorprendéronse da súa puntería!

Grazas, Luis!

O Camiño de Santiago

A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.

Orientación deportiva en Briz

Onte e hoxe poidemos ir a Briz a gozar dunha xornada de orientación deportiva, inicialmente para 5º e 6º curso pero tamén poideron ir os de 3º e 4º.

Esta actividade levouse a cabo grazas a Xesta Natureza, aprenderon moito, pasámolo moi ben e coñecemos moito mellor o parque!

Deixo unhas fotos e os resultados, que non estiveron nada mal!

Estamos desexando volver para o próximo curso, con mais experiencia e un ano mais maiores!

 

O saúdo ao sol

Primeiro día sin tapabocas no pavillón!

Mostro esta fotografía dos nenos e nenas de 2ºA, onde se pode observar o sonriso e alegría que tanto taparon dende que este virus chegou a nós. Desexo que esta alegría sexa para sempre, gozaron mais ca nunca, sobre todo, non se cansaron tanto e poideron respirar sin pedirme permiso (que me rompían o corazón cada vez que mo pedían). Desexo que este paso sexa para sempre e non volver xamais atrás!

Atletismo en pista

ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M. 

ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.

 

Paratriatlón!

Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.

As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.

Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.

Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!

Programa Xogade. Carreira "Campo a través"

Seguindo co empeño de fomentar hábitos saudables entre o noso alumnado, hoxe participamos na competición "Campo a través", dentro do Programa Xogade.

EQUIPACIÓN PARA EDUCACIÓN FÍSICA

ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Estimadas familias:

Como sabedes, cada grupo-aula terá 2 sesións semanais de Educación Física.

Estes dous días será necesario que o/a neno/a traia á escola, para poder realizar as sesións, o seguinte material:

  • Roupa deportiva:

    • Chándal, mallas, camiseta,… cómodos.

    • Evitar prendedores no pelo e colgantes cos que se poidan mancar. O pelo longo debe estar recollido cunha goma.

  • Calzado deportivo:

    • Calzado deportivo cómodo. De ser posible con velcro, sobre todo no caso de non saber atar os cordóns.

    • Os días de choiva, que iremos ó pavillón deberán traer outro par de zapatillas ou tenis secos e así evitar riscos innecesarios (esvaróns, caídas, golpes,…) e para non raialo nin estragalo.

  • Unha mochila ou similar con:

    • Seguindo as Instrucións do Protocolo de adaptación a COVID-19, o uso da máscara será obrigatorio tamén durante as sesións de Educación Física. De maneira opcional, poderase traer unha máscara a maiores para o seu cambio logo das sesións de Educación Física.

    • Toalla pequena para secar a suor ó rematar as sesións de Educación Física.

    • Una botella de auga, xa que é recomendable beber antes, durante e despois das sesións de Educación Física, evitando a deshidratación.

    • Unha viseira, para protexer a vista e a cara do sol, cando as sesións se realicen nas pistas exteriores.

    • Para evitar riscos de contaxio e en cumprimento das normas de seguridade ditadas no Protocolo de adaptación a COVID-19, debido a que actualmente está prohibido utilizar os vestiarios do pavillón municipal, vémonos na obriga de suspender (mentres a situación actual da pandemia o requira) a muda de camiseta despois das sesións de Educación Física.

Deste xeito, só se mudará a camiseta en casos excepcionais.

 

Aínda que o exercicio físico que se practica nas sesións de Educación Física non é de alta intensidade e está adaptado ás capacidades das alumnas e dos alumnos, é importante que a mestra de Educación Física teña coñecemento e estea informada das lesións ou enfermidades que poidan sufrir as nenas e nenos, co fin de evitar actuacións pouco axeitadas e procurar a súa recuperación.

Deste xeito, será imprescindible comunicar as posibles doenzas que poidan sufrir os seus fillos/as, xa sexa de tipo cardiovascular, alerxias, dificultades respiratorias, etc. Nestes supostos, sería aconsellable facernos chegar as recomendacións médicas para a práctica de exercicio físico.

Toda información que nos faciliten será tratada de xeito totalmente confidencial, tal e como se dita na Lei de Protección de Datos e no Protocolo de Protección de Datos editado pola Xunta de Galicia, sendo tratados sómente para os fins anteriormente expostos.

Póñome a súa disposición para aclarar calquera dúbida. Moitas gracias pola colaboración.

 

Un saúdo cordial,

Ana Belén Mata Vidal

 

 

 

 

Os 1000 e 1 disfraces de Mortadeltino

Aproveitando a idea dun dos pais do noso centro que sabe moito disto, do Entroido, e que nos deu o comezo e o final, recreamos aqueles cambios de disfraz que nos tebeos facía Mortadelo, desta vez na súa versión de o Hio, Mortadeltino. Un Mortadeltino que nos deixa unha mensaxe acorde co que estamos pasando:  "Disfrazate pero seguriño, usa sempre a máscara"

Que sabemos da Laminaria?

Pois os nenos de 6º saben moitas cosas que están resumidas nestas dúas presentacións colectivas. Entre outras cousas que realizan a fotosíntese e que na nosa ría están en claro retroceso o que empobrece a biodiversidade dos nosos fondos mariños, un retroceso provocado pola contaminación da ría e o cambio climático.

Material Educación Física Curso 2020/2021

Material Educación Física Curso 2020/2021

Xogos e xoguetes (Ed. Física)

Último reto da primavera!!!!! (Ed. Física)

Remata a semana, remata a primavera e remata o curso 2019/20!!

Como broche final o esforzode todos e todas estes meses… vamos a polo último reto da primavera!!! Onde uniremos coordinación, baile, ritmo,  ganas de repetir e repetir ata que o logremos e moitas risas!!!

Eu non o superei, e ti?

Agora toca practicar, xa me contaredes si o logrades, ánimo!!!!!!!!

#euficonacasa

#euquedonacasa

Bailamos? (Ed. Física)

Estamos chegando ao remate da semana, e con ela chega o remate do curso 2019/20.

 

Hoxe vamos recordar dúas cancións que puxen en entradas anteriores, que van dedicadas para todo o alumnado do CEP Sequelo e con unha especial mención aos nenos e nenas de primeiro e de segundo, espero que vos gusten.

 

 

Rematamos este último xoves de primavera con un pouco de ritmo e bailando!!!

Bitmoji Image

#euquedonacasa

#euficonacasa

 

Carreira de sacos (Ed. Física)

xogo que vos propoñemos hoxe é a “carreira de sacos”, explícanola Pablo Torres na súa entrevista, é moi divertido e podemos realizalo moitos ao mesmo tempo, na actualidade é moi importante a distancia que gardemos cos nosos compañeiros/as polo que debemos practicar actividade física con sentidiño.

Como a carreira de sacos é coñecida por todos e todas, vou propor unha variante, a primeira actividade do vídeo é unha carreira de sacos con obstáculos, sabedes que podemos modificar as regras e adaptalas as nosas necesidades e  imaxinación, neste caso practican con bolsas de lixo, espero que vos gusten todas as actividades que vos envío para o día de hoxe e que probedes algunha.

Estamos na recta final!!!!!!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa

Día Mundial das Tartarugas Mariñas (Ed. Física)

 

Hoxe é o Día Mundial das Tartarugas Mariñas, en unha entrada anterior mostreivos un vídeo onde vos explicaban como realizar bolboreta en Lingua de Signos Española, e hoxe toca  “tartaruga”. É un dos meus signos preferidos!!!!

Os nenos e nenas de primeiro e de segundo se falamos de tartarugas, tamén se lembran que hai unha postura en ioga que se denomina así. Comparto con vos un conto, onde varios animais mariños nos mostran as súas posturas de ioga, espero que vos guste!

Como fai moito tempo que non fago unha entrada con un pouco de actividade física, xa que os xogos cantados, tiñan movemento, hoxe toca traballar, teredes que empregar a vosa imaxinación para buscar recursos pola casa para realizar os exercicios.

#euficonacasa
#euquedonacasa
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.