blogue dexose

Recursos para o Día das Letras Galegas 2023

O SEMINARIO GALÁN pon a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria.

Na páxina web do Seminario Galán atopamos actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, cronoloxía, marcapáxinas, libro de lapelas, comecocos...

Este ano como novidade achegamos  actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario..., unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.

 

A REAL ACADEMIA GALEGA dedícalle  a Francisco Fernández del Riego a páxina web para o público infantil Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), onde pode descargarse As cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas. A escritora Eva Mejuto recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do intelectual e do tempo que lle tocou vivir nunha fermosa e divertida proposta ilustrada por Lucía Cobo.

Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e didácticos. A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.

 

Clasificación final Torneo Xadrez 2º trimestre 2023

Chegamos ao final do 2º trimestre e os resultados do torneo son:

5º e 6º cursos: 

1º Daniel Antón e Raúl Soage, con 11 puntos

3º Alex Almazán, con 6,5 puntos

3º e 4º cursos: 

1º Martín Serrano, con 5,5 puntos

2ºBorja Nogueira,  con 5 puntos

3º Roberto, con 1,5 puntos

1º e 2º cursos:

1º Martín Carrasco, con 5,5 puntos

2º Martín Campelo, con 2,5 puntos

3º Ariadna, con 0,5 puntos

 

 

 

LEGO WEDO en 1º de primaria

O alumnado de 1º de primaria experimentou hoxe coa programación de robots utilizando o kit de LEGO WeDo. Tiveron que seguir catro pasos:

1. Construír un caracol utilizando a tablet onde figuraban as instrucións,

2. Conectar o robot á tablet mediante bluetooth

3. Escribir a programación utilizando bloques

4. Comprobar que funciona!

E podemos dicir que o pasaron moi pero que moi ben!! Descubriron que podían cambiar cores, escoller sons ou mesmo gravarse a si mesmos para incluír as súas voces na programación.

Colexio do Benquerer: comunicación asertiva

Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da  comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.

Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.

Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.

Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.

Xadrez no CEIP Sequelo

Todas as tardes dos mércores xuntámonos para aprender a xogar ao fascinante xogo do xadrez na biblioteca do CEIP Sequelo. Esta actividade está organizada pola ANPA do colexio, e neste curso está sendo todo un éxito pola cantidade de alumnado que participa, desde 1º a 6º cursos de primaria.

Ánimo e a seguir xogando!!

Programación con Lego WeDo

Hoxe o alumnado de 2º de primaria traballou en grupos de tres co kit de robótica de LEGO WeDo, construíndo un muíño de vento e programando o movemento das súas aspas. Para iso axudámonos coas tablets do cole, que tiñan instalada a aplicación WeDo 2.0 coas instrucións para a construción e as suxestións para a programación.

Programa de Educación Afectivo-Sexual Colexio do Benquerer

Nestes días iniciamos o programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" que nos ofrece a Fundación Meniños, cos cursos de 5º e 6º de primaria.

En 5º curso traballamos a actividade "O nome correcto", que nos ensina a utilizar o nome correcto para designar aos órganos sexuais masculinos e femininos e fainos reflexionar sobre o porqué da existencia de moitos nomes inapropiados.

En 6º curso vimos a actividade "A máquina do tempo" centrada nos diversos tipos de cambios que se producen na etapa da puberdade: cambios non só físicos, senón tamén emocionais, cognitivos e sociais.

I Campionato Xadrez 2022-2023

Neste primeiro trimestre do curso 2022-2023 fixemos un campionato xogando todos os mércores na biblioteca, e os gañadores son: 

5º e 6º cursos: 

1º Daniel Antón, con 16 puntos

2º Yago Martínez, con 9,5 puntos

3º Alez Almazán, con 8,5 puntos

3º e 4º cursos: 

1º Martín Serrano, con 12,5 puntos

2º Borja Nogueira,  con 3,5 puntos

3º Leire Nogueira, con 8,5 puntos

1º e 2º cursos:

1º Martín Carrasco, con 9 puntos

2º Vera Serrano, con 2,5 puntos

3º Martín Campelo, con 2 puntos

 

NORABOA A TODOS E TODAS!!

Debuxos e contos... de medo!


 

III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022. Clasificación Final.

Rematou o terceiro e último campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 13 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:

En 6º curso: 

1º Marcos, con 36 puntos

2º Manuel, con 9 puntos

3º Mateo, con 4 puntos

Ex alumnos:

1º. Breixo, 6 puntos

 

Profesores:

1º. Xosé 27 puntos

 

 

Feliz verán e seguimos no vindeiro curso!!

Documentos de centro (2022-2023)

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción.

Enlaces á normativa

 

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022-2023

Enlace á Concreción Curricular

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL (PXA)

Enlace á PXA de CEIP Sequelo.

 

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Clica enriba da imaxe para acceder ao Plan Dixital do noso centro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Instrucións para o curso 2022-2023 (Resolución 26 maio 2022)

Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-2023.

Rehabilitación integral do CEP Sequelo

 A Xunta terá lista a rehabilitación integral do colexio Sequelo-Marín antes de que comece o vindeiro curso 2022-2023

Estas obras teñen un investimento de 824.206 euros, e permitirán acadar un aforro enerxético do 75%. 

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2022-2023

O Ministerio de Educación convoca Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa vai desde o día 19 de maio  ao día 30 de setembro (venres).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

E máis detallado no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731

A web CEIP Sequelo no teu teléfono móbil

Animamos a todas as familias a seguir dende o seu teléfono móbil as noticias que se van publicando na web de CEIP Sequelo.

O procedemento a seguir consiste en instalar no móbil unha aplicación como RSS READER, descargándoa de Play Store e configurala como se indica no vídeo seguinte.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2022-2023

Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

O prazo para presentar solicitudes  rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

A solicitude pode cubrirse de dúas formas: de xeito telemático ou presencial no propio centro.

De xeito telemático no seguinte enlace FONDOLIBROS

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde da convocatoria, debidamente cubertos e asinados, e presénteos no centro educativo.

Outra documentación necesaria:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente, onde figure o alumnado e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables polos seguintes medios:Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

O horario de atención de Secretaría será de luns a venres, de 9:00 a 9:45, e de 13:10 a 14:00.

Actividades complementarias maio-xuño 2021

Para os meses de maio e xuño temos programadas as seguintes actividades complementarias:

13-17 maio : Excursión fin de curso alumnado de 6º curso.

18 maio: Actuación da agrupación folklórica "Fentos e frouma"

19 de maio: Visita ao composteiro próximo á nosa escola, con guía da asociación Revitaliza.

20 maio: Obradoiro de barro para 4º, 5º e 6º de primaria.

24 de maio: Contacontos "Polo correo do vento" para alumnado de 1º a 3º de primaria.

26 de maio: saída a Marín cun maio, alumnado de 5º curso.

31 de maio: Actividade de Educación Vial, para 6º de primaria.

3 de xuño: Saída polo río Lameira (Día mundial do medio ambiente)

6-7 de xuño: Excursión de 3º e 4º cursos a Campolameiro.

xuño (día por confirmar): Saída sendeirismo ao monte Pituco.

III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022

Esta semana dá comezo o último campionato deste curso, que rematará no mes de xuño. Seguiremos co horario de martes e venres, de 16:30 a a 17:30 horas. Este campionato será online e está aberto a toda a comunidade educativa do CEP Sequelo. Utilizamos a plataforma LICHESS.

Se eres novo xogador ou xogadora e aínda non te rexistraches no equipo CEP Sequelo, podes seguir estas instrucións para facelo.

Moito ánimo e a participar!

Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro

TODOS OS TORNEOS NA WEB DE LICHESS, EQUIPO CEP SEQUELO

II Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificacion Final

Rematou o segundo campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 21 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:

En 6º curso: 

1º Marcos, con 57 puntos

2º Mateo, con 18 puntos

3º Martín e Noa, con 6 puntos

En 4º curso:

1º. Dani, con 3 puntos

Profesores:

1º. Xosé 30 puntos

2º. Miguel 2 puntos

Ex alumnos:

1º. Breixo, 9 puntos

2º. Darío, 5 puntos

CLASIFICACIÓN FINAL

Noraboa aos gañadores!!

 

PROENS - Manual de Usuario

Xa está dispoñible para o profesorado na web da Consellería o Manual de usuario da aplicación PROENS, de uso obrigatorio o vindeiro curso para elaborar programacións.

 

 

A máquina do tempo

Dentro das actividades propostas no programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, traballamos na aula a actividade "A máquina do tempo", que trata dos cambios que acontecen durante a puberdade, e que vimos que se dan en catro ámbitos diferentes: físico, emocional, cognitivo e social. Coa axuda do alumnado clasificamos un montón de características diferentes nalgún destes ámbitos sinalados.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.