Abril 2018
CHARLA DAS AVES
Enviado por Anónimo o Ven, 13/04/2018 - 12:22O venres 16 de marzo veu ao colexio un señor chamado Juan Carlos Epifanio que nos veu falar das aves dos ríos galegos. Falou dalgunhas aves, por exemplo: o Corvo mariño que se mergulla para capturar peixes; o Merlo que se alimenta de vermes e froitas; o Cuco que se alimenta de eirugas e coñecese polo seu canto; a Garza que se ve todo o ano en Galicia e aliméntase de peixes; o Peto Formigueiro aliméntase de formigas e insectos. E tamén nos falou de ríos de Galicia, como os máis grandes, o Miño o Sil... e outros menores, como o caso do Verdugo e centos de pequenos regatos. COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB
Resumo do concerto didáctico "Na procura do tesouro"
Enviado por Anónimo o Xov, 12/04/2018 - 17:51Resumo do concerto didáctico ao que asistimos o pasado día 4 de abril; "Na procura do tesouro", realizado polo alumnado de 4ºB.
Na percura do tesouro
Enviado por Menchi o Mar, 10/04/2018 - 12:13O Alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ver a obra de teatro: "Na percura do tesouro". Tratábase dun mozo que buscaba un tesouro que agochaba unha moura no bosque. O mozo tiña que pasar cinco probas para conseguilo, pero a moura avisoulle de que no tesouro non había nin xoias nin moedas de ouro. A obra remata cando o mozo consegue pasar as probas. Foi unha obra divertida e "super lexendaria". Despois fumos ver unha exposición de fotos que tiñan máis de cen anos dunha muller americana chamada Ruth Matilda Anderson e rematamos a mañán facendo un taller de xogos onde fixemos un boneco boxeador de papel con articulacións porque os nenos desa época facían os seus xoguetes.
Uxía, Aroa, Ágata e Noel
FLASHMOB PARA O DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
Enviado por Belen o Ven, 06/04/2018 - 10:32DEIXAMOS O BAILE PARA QUE PRACTIQUEDES NO VOSO TEMPO DE LECER.
Aquí http://www.consejo-colef.es/defc-home para ler os obxectivos desta campaña.
O MÉRCORES 25 DE ABRIL PRACTICAREMOS TODOS XUNTOS!!
VISITA A UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Enviado por Anónimo o Xov, 05/04/2018 - 13:15(Equipo 1 de redacción: Breixo V., Breixo S., Xoel e Laura)
Onte despois do teatro, fomos a unha exposición de fotografías de Galicia feita por Ruth Matilda Anderson, unha estadounidense que veu a España en barco a facer fotografías. Fixo as fotografías no século pasado, nos anos 1924 a 1926.
Buscamos a un neno chamado Antón nas fotografías e despois fomos a un taller a facer o noso xoguete.
3º e 4º fomos ver unha obra de teatro
Enviado por Anónimo o Xov, 05/04/2018 - 12:42(Equipo 3 de redacción: Candela, Martín, Sara e Alexandra)
Onte, 4 de abril os nenos de 3º e 4º cursos fomos ver unha obra de teatro musical titulada "Na percura do tesouro" ao auditorio de A fundación.
Trataba sobre un home e unha moura.
O home tiña que superar varias probas para conseguir un tesouro coa axuda dos seus amigos.
A obra foi divertida e bonita e tocaron varios instrumentos galegos coma a zanfona.
O Monstro do Bandullo Grande
Enviado por josean o Mér, 04/04/2018 - 23:58Obra levada a cabo polos rapaces de 3º
Respostas á enquisa sobre o cultivo da horta
Enviado por xose o Mar, 03/04/2018 - 23:34Un total de 64 alumnos/as responderon á enquisa sobre o cultivo da horta. Estes son os resultados:
1. Cales son as túas verduras ou hortalizas preferidas? (Podes marcar como máximo 5)
. As patacas (85% dos alumnos/as escolleron as patacas)
. As fresas (76%)
. As cenouras (60%)
. Os tomates (51%)
. A leituga (33%)
. Os pementos de Padrón (32%)
2. As plantas necesitan alimentarse, precisan de auga e outros nutrintes que é preciso engadir á terra, que tipos de abonos coñeces? Marca os que coñezas.
. Esterco de animais (93%)
. Compost (69%)
3. Sabes como se fai o compost? Explícao.
. Con restos orgánicos (vexetais, de comida, etc.) que fermentan durante un tempo. (63%)
4. As plantas necesitan auga e por iso é necesario regalas. Especialmente no verán, que horario che parece o mellor para regar as plantas?
. Pola mañanciña e ao mediodía (49%). (A resposta correcta era pola mañanciña e á tardiña).
5. Por que pensas que é necesario cavar a terra antes de plantar?
. Para airear a terra, así as raíces penetran mellor e absorben máis os nutrintes (73%)
6. Os teus pais ou os teus avós teñen unha horta?
. Si (87%)
7. Axudaches algunha vez a traballar nunha horta?
. Si (88%)
8. Paréceche boa idea cultivar unha horta no CEP Sequelo?
. Si (87%)
Experiencias con robótica nas aulas
Enviado por xose o Mar, 03/04/2018 - 18:52ROBÓTICA NAS AULAS
Robótica na aula, blog de robótica do mestre de educación infantil Óscar Abilleira, do CEIP Pedro Antonio Cerviño. Múltiples experiencias de traballo co BEEBOT nun aula de educación infantil.
INVENTOS CON SENSORES E PLACA
Alarma de porta, titorial en Youtube
Titoriais en Youtube de retos con mblock.