Maio 2016

II CONCURSO DE CHISTES EN GALEGO (APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA)

Día 2, logo das Letras Galegas e aí vos van unhas cantas

Nos seguimos de Letras Galegas, honrando a quen nos peta; e como a quen nos peta honrar é aos que nunca escribiron unha letra pero sempre o falaron, seguiremos facendo, proa e rella sempre, de cada día o día das Letras Galegas

Esta iniciativa de aprendizaxe significativa vén dos compañeiros do CEIP Ponte Sampaio, gostamos dela e sen recato copiámola. Hai moito tempo que no seu centro as notas son escritas polos nenos de 1º a 6º, pois ben nos empezamos a facelo con esta primeira que de seguro a moitos vos chegou a casa nas versións de Nacho, Ana Barrera, Angela e Julia. Inda seguen moi ancorados nas referencias, pero a medida que vaiamos avanzado convertiranse en máis creativas.

Neste caso tan importante como o contido e o continente. O contido queda explicado nas notas, II CONCURSO DE CHISTES EN GALEGO, en video. Puntuarase o uso do seseo e a xeada. Isto non é publicidade das gaseosas, é que inda non teñen asumido o da gheada

Había unha que non eliximos, desta vez, que en vez de convocar, invocaba aos pais. Xa era moito para esta primeira vez

 

MANUEL MARÍA: RETRATOS E CALIGRAMAS

Seguimos dandolle as Letras Galegas, entre os de 5º e 6º caligramizamos o "Soños na Gaiola" e fixemos varios retratos. A música de fondo é María Manuela, cantante do Ferrol, sobre o "Poema do Alleado", e Manuel María exercendo de profeta. Ben sabía el os camiños que desgraciadamente ía coller o pobo galego: o mellor sempre o de fóra

Manuel María by Slidely Slideshow

II CERTAME DE RELATO CURTO "MARÍN CONTA"

Paula Santiago González foi premiada (3º premio) polo seu traballo "Era unha vez un río", desta vez no II Concurso de Relato Curto "Marín Conta" Logo de moito traballar en Naturais, coa nosa garza, o seu alimento, as troitas, e co río Lameira, soubo trazar unha bonita historia cunha estructura novedosa a redor de todo iso

Parabéns Pauliña

XIV CERTAME DE RELATO CURTO CONCELLO DE MARÍN

Hai moito tempo que entendimos que o obxectivo final das materias de lingua castelá e galega vai moito máis aló que a metalingüística (gramática, ortografía...) O seu obxectivo último é que os rapaces sexan quen de expresarse de xeito oral e escrito, e imos dando pasiños. 

Como todos os nosos nenos presentaron traballos non sabería con cal quedarme. Dende o concello elixiron premiar o de Aixa Sanjorge Boullosa co primeiro premio na súa categoría polo seu relato "O home das pedras", e a nos pareceunos ben, como ben nos parecería se premiasen a calquera outro dos nosos rapaces. 

A da placa é Aixa. Parabéns a todolos rapaces que presentaron traballos e se interesan ao mesmo tempo polas nosas letras

 

 

VIDEO DOS CENTROS DO MORRAZO

Con ou sen nos este video que elaboramos as equipas do Morrazo é un motivo de celebración do galego. E digo con ou sen nos porque por un erro noso chegamos tarde, pero conseguimos metelo con calzador. As nosas colaboracións: Carliños de la Torre e unha moi moi especial ao final

OS RAPACES DE 5º VISITAN O IES MESTRE LANDÍN

O IES Mestre Landín continua cos Xogos matemáticos nos recreos. Nesta ocasión invitaronnos ao alumnado de quinto de Primaria que o pasou en grande no centro veciño

ESOPHÍAS/FOTOGRAFIA XEOMÉTRICA IES MESTRE LANDÍN 2016

Encantanos colaborar con todas aquelas ideas marabillosas que ten outra xente. Os tres últimos son nosos. Se pensades que en Manzaneda non estabamos traballando estabades equivocados. Había unha mais pero o que suscribe quedoulle atrás. Sintoo Carmen e o antes posible aparece aqui

Coas cinco últimas esophías tamén colaboramos nos. Quixeramos facer máis, e telas tido mellor preparadas, pero esta quincena última foi de tolos e faltannos horas; inda así encantados de participar cos compañeiros do Ies Mestre Landín

IV CERTAME DE RELATO CURTO FANPAS PONTEVEDRA

Entre os finalistas do IV Certame de Relato Curto que promoven as FANPAS de Pontevedra, Kalandraka e o Concello de Pontevedra; entre os 50 de Primaria pois tamén metémonos 4. Furando, furando... Tamén os finalistas teñen dereito a saír no libro que Kalandraka edita e que logo aparecerá diariamente no Diario de Pontevedra. Conto en Marín... temos de raio

Ana Belén Castro Pazos

Leyre Castro del Río

Guillermo Rodríguez González

Carmela Sanjorge García

 

RELATOS CIENCIA QUE CONTA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Andivemos rondando os 4 premiados. Tivemos dúas finalistas cuxos textos apareceran no libro e para ser o primeiro ano sen saber moi a fondo de que ía o conto, está moi pero que moi ben. Parabéns a elas e aos compañeiros do CEIP de Ponte Sampaio que tiveron a sorte de seren premiados

 

OS MAIOS 2016

Por segui-lo xeito

de todolos anos

vimos outra volta

co este noso maio,

sen outro motivo

nin outro regalo

que segui-las cousas

dos antepasados

Hogano a xente de Marín coma sempre foi xenerosa cos aguinaldos e os premios foron abondosos. Primeiro premio en letra e terceiro de interpretación do Maio; e primeiro en Interpretación e feituría da Embarcación e segundos pola letra. Máis aló diso contribuimos a que a cadea de transmisión ao redor da lingua seguise rodando, e inda máis aló diso os rapaces disfrutaron antes, logo e despois, que é do que se trata.

 

Se premedes na última foto teredes acceso ás fotos do día

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.