Admisión

VACANTES - PRAZO ADMISIÓN

Unha vez rematado o proceso de reserva de praza para 1º nivel dos centros adscritos, ofértanse as seguintes prazas para o proceso de admisión.

O prazo de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Oferta de prazas: Haberá 3 unidades en todos os niveis excepto en 6º que serán 4:

 En 1º reservaron 60, polo que hai 15 vacantes, en 2º hai 3 vacantes, en 3º hai 27 vacantes, en 4º hai 16 vacantes, en 5º hai 13 vacantes e en 6º 21 vacantes.

VACANTES - PRAZO ADMISIÓN

Unha vez rematado o proceso de reserva de praza para 1º nivel dos centros adscritos, ofértanse as seguintes prazas para o proceso de admisión.

O prazo de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Oferta de prazas: 

 

CURSO

UNID

VACANTES

3

15

3

3

3

27

3

16

3

13

4

21

TOT

19

95

ADMISIÓN CURSO 2016/17

RESARVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS PRIMEIRO DE PRIMARIA:FERNÁNDEZ VARELA, MONTE CARMELO, GRANXA E VILARIÑO E DESDE O CENTRO PARA 1º DA ESO NO IES DE A POBRA. O PRAZO SERÁ ATA O VENRES 19 DE FEBREIRO POR MOR DO ENTROIDO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO MESMO CENTRO NO QUE OS ALUMNOS ESTÁN ESTUDANDO. UNHA VEZ REMATADO O PROCESO PUBLICARANSE AS VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN.

PERIODO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO, PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN MATRICULARSE NOUTRO CENTRO DIFERENTE DO  ADSCRITO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO CENTRO NO QUE DESEXA SER ADMITIDO,PODEN POÑER NESA MESMA SOLICITUDE POR ORDE DE PREFERENCIA VARIOS CENTROS, PERO ESTA SOLICITUDE SERÁ ÚNICA. NO CASO DE QUE PRESENTEN SOLICITUDE DE ADMISIÓN, SI FIXERON RESERVA DE PRAZA, TEÑEN QUE COMUNICAR AO CENTRO ESTA DECISIÓN PARA PARA ANULAR DITA RESERVA.

MÁIS INFORMACIÓN  E MODELOS DE RESERVA E SOLICITUDE NA PAXINA WEB DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

 

MATRICULA CURSO 2015/16

O prazo de matrícula comeza oficialmente desde o 20 ata o 30 de xuño, pero para facilitar este proceso, a partir desta semana xa poden traer a documentación  necesaria ao centro:

·         Instancia de matrícula curso 2015/16.
·         Autorización uso de imaxe.
·         Autorización de participación no Proxecto de Seccións Bilingües.
·         Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.
·         Fotocopia  do libro de familia onde estea inscrito o/a alumno/a.
·         Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente.
·         Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.
·         Unha fotografía tipo carné.
·         Certificado de empadroamento expedido polo Concello, válido para o uso do transporte escolar.
 

Axudas libros: No centro facilitase o impreso para as axudas dos libros de texto.  Teñen toda a información na páxina web do centro.

ADMISION CURSO 2015/16

Rematado o prazo de admisión, publicamos o listado de  alumnos admitidos para o vindeiro curso 2015/16

CURSO

PERMANENCIA

ADMITIDOS

VACANTES

TOTAL

-

69

6

75

51

-

24

75

51

2

22

75

68

1

6

75

80

1

19

100

51

-

24

75

TOT

301

73

 

 

374

101

475

REUNIÓN PAIS/NAIS DE ED. INFANTIL

O vindeiro luns, día 9 de febreiro, ás  17:30 h. terá lugar na biblioteca do C.E.P. Salustiano Rey Eiras unha reunión informativa para as familias do alumnado que esta adscrito a este centro para o curso 2015-16. Trátase de ter unha primeira toma de contacto entre as familias e o Centro, e dar a coñecer a normativa, organización e funcionamento deste, e resolver aquelas dúbidas que pais e nais poidan ter, (normas, materias, atención á diversidade, horarios, matriculación, libros de texto, transporte, ...)

ADMISIÓN CURSO 2015/16

RESERVA DE PRAZA 

              Esta aberto o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2015/16.  O prazo para a reserva do alumnado de centros adscritos, que ten prioridade no proceso de admisión neste centro é ata o 15 de febreiro. Como este ano o 15 é domingo, rematará o prazo o seguinte día de clase, que é o  xoves 19.   Deben presentar o modelo normalizado. Para facilitar o proceso, este impreso poden entregalo no seu centro. Posteriormente pasaremos nós a recollelo. Informamoslles que a oferta de postos escolares é suficiente para cubrir a demanda dos centros adscritos da localidade, polo que todos os que realicen a reserva terán praza. Posteriormente deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

                         Aqueles alumnos que van a ir a outro centro non adscrito deberán facer a solicitude de admisión no centro correspondente do 1 ao 20 de marzo.

 

Queremos recordarlles que as reservas de praza de centros adscritos e as solicitudes de admisión  son únicas: só se pode presentar unha reserva ou solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (no caso das solicitudes, pódense colocar varios centros por orde de preferencia). A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe e, se ten reservada praza nun centro, e presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. No caso de non realizalo incurririase nunha infracción que conlevaría a perda de dereitos de prioridade que lle corresponderan.

matricula curso 2014/15

O prazo de matrícula comeza oficialmente desde o 20 ata o 30 de xuño, pero para facilitar este proceso, a partir desta semanaxa poden traer a documentación  necesaria ao centro:

Instancia de matrícula curso 2014/15.

Autorización uso de imaxe.

Autorización de participación no Proxecto de Seccións Bilingües.

Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.

Fotocopia  do libro de familia onde estea inscrito o/a alumno/a.

Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente.

Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.

Unha fotografía tipo carné.

Certificado de empadroamento expedido polo Concello, válido para o uso do transporte escolar.

ADMISION CURSO 2013/14

ADMISIÓN:

 

O Decreto 254/do 13 de decembro e a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado indica que o alumnado de centros adscritos, ten prioridade no proceso de admisión pero deben presentar no centro de orixe o modelo normalizado entre os días 18 e 22 de marzo.

Para ter reservada a praza no colexio ou no IES (centro adscrito) é obrigatorio que os/as alumnos/as de fagan reserva de praza para o vindeiro curso, cubrindo o impreso normalizado e facendo entrega do mesmo na titoría esta semana.  Informamos que a oferta de postos escolares tanto no Salustiano como no IES é suficiente para cubrir a demanda dos centros adscritos, polo que todos os que realicen a reserva teñen praza.  Posteriormente deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no colexio e do 25 de xuño ao 10 de xullo, no IES. 

  Aqueles alumnos que van a ir a outro centro non adscrito deberán facer a solicitude de admisión no centro correspondente, unha vez rematado o proceso de reserva de praza dos seus centros adscritos  e  que se publiquen as prazas vacantes que ofertan. Será do 5 ao 17 de abril.

As reservas de praza de centros adscritos e as solicitudes de admisión  son únicas: só se pode presentar unha reserva ou solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (no caso das solicitudes, pódense colocar varios centros por orde de preferencia). A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe e, se ten reservada praza nun centro, e presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (antes do 5 de abril). No caso de non realizalo incurririase nunha infracción que conlevaría a perda de dereitos de prioridade que lle corresponderan.

Modelo reserva de praza para IES

Modelo de reserva de praza para 1º

Informacion xeral

Distribuir contido