ADMISIÓN CURSO 2016/17

Enviado por bandaseca o Mar, 16/02/2016 - 10:01

RESARVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS PRIMEIRO DE PRIMARIA:FERNÁNDEZ VARELA, MONTE CARMELO, GRANXA E VILARIÑO E DESDE O CENTRO PARA 1º DA ESO NO IES DE A POBRA. O PRAZO SERÁ ATA O VENRES 19 DE FEBREIRO POR MOR DO ENTROIDO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO MESMO CENTRO NO QUE OS ALUMNOS ESTÁN ESTUDANDO. UNHA VEZ REMATADO O PROCESO PUBLICARANSE AS VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN.

PERIODO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO, PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN MATRICULARSE NOUTRO CENTRO DIFERENTE DO  ADSCRITO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO CENTRO NO QUE DESEXA SER ADMITIDO,PODEN POÑER NESA MESMA SOLICITUDE POR ORDE DE PREFERENCIA VARIOS CENTROS, PERO ESTA SOLICITUDE SERÁ ÚNICA. NO CASO DE QUE PRESENTEN SOLICITUDE DE ADMISIÓN, SI FIXERON RESERVA DE PRAZA, TEÑEN QUE COMUNICAR AO CENTRO ESTA DECISIÓN PARA PARA ANULAR DITA RESERVA.

MÁIS INFORMACIÓN  E MODELOS DE RESERVA E SOLICITUDE NA PAXINA WEB DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

 

( categories: )