MATERIAL ESCOLAR

LISTAS DE MATERIALDOS DIFERENTES NIVEIS: 1º               

CIRCULAR INICIO CURSO

INICIO CURSO 2019/20

As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario de 9:10 h a 13:50 h.

Haberá servizo de autobuses e comedor.

1º nivel: unha vez entren os nenos e nenas de 1º faremos unha reunión informativa cos pais e nais presentes dese nivel.

O luns 16-S é festivo local, o martes retomaremos as clases no horario habitual (9:10-13:50).

LISTAS PROVISIONAIS FONDO LIBROS DE TEXTO

Publicadas no día de hoxe as listaxes provisionais do fondo solidario de lbros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º. Expostas na porta de entrada do edificio principal.

LIBROS DE TEXTO 19-20

Listado de libros de texto do curso 2019/20.

Non mercar os qu están en vermello.

FIN DE CURSO

O venres 21 de xuño celebramos o festival de fin de curso. Este ano esta dedicado ás emocións

O horario será de 10:00 a 13:00 h Haberá servio de transporte e comedor escolar.

O festival comeza ás 10:30 h

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º

Segundo a Resolución 12 de abril de 2019 a avaliación individualizada de 3º  se realizará o 28 e 29 de maio (martes e mercores) .

 Finalidade:

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:

  1. Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
  2. Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
  3. Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 Competencias que se avalían:

  1.  Competencia en comunicación lingüística (galego e castelá)
  2.  A competencia matemática

Os referentes das competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º dos anexos I e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, no que se establece o currículo de primaria.

 Tambien se realizan uns cuestionarios de contexto para alumnos e familias e para o profesorado do centro que imparte nese nivel.

Horarios probas: día 28 e 29 de maio. (martes e mércores)

Día 28

tempo

horario

Competencia en comunicación lingüística - Caderno 1

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 1

50’

10:50 -11:40

Día 29

 

 

Competencia en comunicación lingüística – Caderno 2

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 2

50’

10:50 -11:40

As probas se realizarán a todos alumnos de terceiro presentes durante eses dous días desde a hora de entrada ata o recreo. Constan duns cadernillos e  audios elaborados pola Consellería e serán aplicadas por profesores do centro, que non son titores dos nenos e a corrección será levada a cabo por profesorado do centro, de acordo coas normas que nos envían desde a Consellería.

Xornadas de educación en igualdade para pais/nais e fillos/as

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Tamén contarán cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

·         A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).

·         LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).

·         PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).

·         OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. O cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, atópanse dispoñibles na  páxina web http://igualdade.xunta.es/

A secretaria xeral da Igualdade.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19/20

Fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para  adquirir libros de texto e material escolar

 WEB - ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.

20 DE MAIO

Recordámoslles que o vindeiro luns 20 de maio Foi o día elixido polo centro como non lectivo. Reanudaremos as clases o martes 21 no horario habitual.

O resto de centros de adscritos tamén elixiron este día.

Distribuir contido