INICIO CURSO 23/24

As clases comezarán o vindeiro luns día 11 de setembro no horario habitual de 8:55 h. a 13:55 h. Haberá servizo de transporte escolar e de madrugadores e comedor

O primeiro días poden acceder os pais ao recinto. O alumnado de 3º a 6º esperará no pavillón ou pistas e os de 1º e 2º nas pirámides. Os últimos en entrar serán os alumnos de e logo teremos unha reunión coas familias deste nivel na biblioteca.

Nas saídas as familias de 1º e 2º poden achegarse ata as pirámides a recoller aos alumnos, Como o curso pasado sairán uns minutos antes para evitar aglomeracións co resto de alumnado. As coidadoras do bus tamén recollen a estes de 1º e 2º nas pirámides.

Nas saídas as familias de alumnado de 3º a 6º é convinte que accedan ao recinto ó longo de toda a rúa, desde o portalón ata as pirámides espereando nas beirarrúas para deixar o centro da calzada ao alumnado e evitar tapóns na zona do portalón.

Deixamos varios arquivos adxuntos:

A circular de incicio de curso onde se tratan varios destes temas  mais pormenorizados  

o cadro do profesorado e que cursos imparten.

O calendario escolar

Listaxes provisionais axudas libros e material

Publicadas as listaxes provisionais  de axudas para libros de texto (1º-2º), fondolibros (3º-4º) e axudas de material escolar (todos niveis).

O venres 14 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

LIBROS DE TEXTO 23/24

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

ACTUALIZACIÓN 18/07/23: detectado erro no libro de 2º Lobo Lupas 2, tiñamos o ISBN de 1º, ó valido é 978-84-678-7508-9. Arranxado no arquivo adxunto.

Engadimos os cadernillos de inglés de 5º e 6º.

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO

Convocatoria das axudas de escolarización do Concello de A Pobra do Caramiñal para familias con problemática socio-económica. 

O prazo comezará o día 3 de xullo ata o día 21. 

Deixamos nos arquivos adxuntos  nota informativa do Concello, a convocatoria completa, solicitude, certificado do colexio.

MATRICULA CURSO 23/24

Desde hoxe abrimos o prazo para poder matricular ao alumnado para o vindeiro curso.

O prazo remata o día 30 de xuño, pero queremos recordarlles que si queren solicitar as axudas de libros e material escolar, estas finalizan o 21 de xuño, polo que recomendamos que realicen ambos trámites con anterioridade a esta última data.

Documentación:

 

DOCUMENTACIÓN SPRING WEEK

Adxuntamos o dossier de Spring Week - Os Peares

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.

Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).

As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha  solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.

SOLICITUDE ED330B

Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para  o tramo entre 6000 € e 10000 €.

Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)

Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.

Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración  seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.

Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

A Consellería de Educación, no marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros de Galicia. Está dirixida a todas as familias, profesorado, persoal non docente e alumnado de 5º e 6º. A enquisa realizase on-line.

ENQUISA FAMILIAS:  As familias responderán unha única vez por cada centro educativo onde estuden os seus fillos/asindependentemente do número deles/as que estean matriculados/as en cada centro. Desde o centro enviamos polo alumnado unha carta coa infomación sobre a enquisa e co enlace da páxina e a clave de acceso (a de cada familia é distinta). 

Enlace para acceso as familias: https://edu.xunta.gal/convfamil

 

OBRADOIRO CONCILIACIÓN- 2 MAIO NON LECTIVO

O vindeiro martes 2 de maio é día non lectivo en todos os centros de primaria do Concello da Pobra do Caramiñal.
A Concellería de Igualdade do Concello achega un obradoiro de conciliación dirixido a crianzas da infantil e da primaria. Coma de costume, este servizo desenvolverase no noso centro de 09.00 a 14.00 h. A maiores, ofrécese a opción dos servizos de Madruga e Comedor.
As inscricións débense efectuar antes do día 28 de abril no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial.
 

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.

O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro  realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.

Distribuir contido