CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Actividades Complementarias

FESTIVAL DE NADAL 2018

Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.

Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.

Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia, Reino Unido e Indonesia.
E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio.
Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ








MAGOSTO E CARREIRA DE OUTONO

Por fin o mal tempo deunos unha tregua para celebrar a nosa tradicional festa do magosto.

Comezamos as dez coas carreiras por cursos, cada curso con un circuíto diferente, que vai aumentando de dificultade a medida que subimos de curso.

E despois dun pequeno recreo, empezamos coas fogueiras para asar as castañas e cos xogos do mundo. Os nenos e nenas organizáronse por equipos para desfrutar de xogos típicos de diferentes países: De Brasil Bambú, un xogo musical de roda e bater na moeda; de Indonesia congkak e gunda si; de Gran Bretaña, conker e tiro ao pato; de Portugal malla portuguesa e os cinco cantinhos; de Italia, regina regina bella e bilboquet; de Nova Zelandia, hipitoi e poi rakau; de Xapón, hanetsuky e taketombo; e de Marrocos, sassabos e melakeef.

Rematamos a xornada coa degustación das castañas asadas.

 

Para ver tódalas imaxes da xornada preme na imaxe.

 

SAMAÍN 2018

E chegou Samaín, que medo!

Moitos nenos e nenas trouxeron as súas cabazas para a exposición, auténticas obras de arte.

Moitos decidiron vir disfrazados, unha auténtica epidemia de esqueletos, mortos viventes, bruxas e demos....un día terrorífico!

Para ver máis fotos, preme na imaxe.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O día 15 nenas e nenos do CEP Pedro Caselles tiveron a súa excursión fin de curso. Este ano estivemos gozando das instalacións do Club de tenis Codesal na Guarda. Dende aquí queremos facer chegar a nosa gratitude a este organismo por cedernos desinteresadamente todas as súas instalacións para uso do noso alumnado.

Foi un día intenso, pero divertido. Se queredes ver máis fotos dese día, premede na imaxe.

ENTROIDO 2018

Entroidada moi científica este ano no Caselles. o día ameazaba chuvia, pero finalmente o tempo púxose da nosa parte e puidemos desfilar ata a praza do Seixo.

Nesta ocasión foi un Entroido novidoso, pois o deseño dos disfraces quedou en mans das familias, e o resultado non puido ser mellor, creatividade elevada a máxima potencia.

Moitas grazas familias e parabéns polo voso bo facer!!

 

Se queredes ver as fotos do día premede na imaxe.

 

ACTO POLA PAZ

Como xa ven sendo habitual este ano volvemos celebrar no CEP Pedro Caselles un acto pola paz, coincidindo coa celebración do día da paz.

Neste acto faise unha posta en común das actividades que ao longo dunha semana se levan feito nas clases para conmemorar o día.

Este ano fixemos no corredor central o izado dun gran lazo branco cuberto polas mans dos nosos nenos e nenas cheas de desexos de paz, e xa fóra, no patio, completouse un crebacabezas dunha pomba tamén chea de mensaxes alusivos a boa convivencia entre seres humanos. Cada nena e neno portaba nas súas mans unha pomba igual, pero de menor tamaño.

Para ver as imaxes do día preme na foto:

FESTIVAL DE NADAL 2017

E xa chegou Nadal, e con el as vacacións e a despedida do ano 2017.Este ano coa visita de Papa Noel, que estivo recollendo as cartas e dando agasallos as nenas e nenos do Pedro Caselles. 

Tamén chegou o esperado festival de Nadal, este ano dominado totalmente pola música.

Para ver videos, facede clic AQUÍ

Se queredes ver as fotos do día premede na imaxe.

O MAGOSTO 2017

Despois de adiar esta festa de Outono dúas veces por motivos meteorolóxicos, este venres día 10 celebramos por fin o Magosto.

Comezamos a xornada coa xa tradicional carreira de San Martiño, logo tivemos un pequeno recreo que deu paso á celebración dos xogos de Outono, algúns destes relacionados coa Ciencia, como son o caso dos Robots e o Volcán; que é a temática anual do noso centro denominado CON-CIENCIA.

Xa para rematar, tivemos a degustación das castañas. Non houba tantas como outros anos pero, que boas estaban!

Videos da xornada

 

Preme na imaxe para ver as fotos desta celebración

 

SAMAÍN-HALLOWEEN 2017

O martes todo o colexio aproveitou para celebrar o Samaín. Os nenos que así o quixeron colaboraron traendo unha cabaza decorada, que formou parte da exposición.

O alumnado de 1º e 2º curso estiveron decorando o corredor central con terroríficos morcegos e gatos negros da boa sorte, e quedou impresionante.

Despois todos xuntos foron a biblioteca a escoitar contos de medo, pero contos de medo de Tomiño,... a mariamanta, o tardo e a Santa Compaña,...

Tamén nas clases de inglés celebraron o seu Samaín, solo que lle chaman Halloween,...

Se queredes ver as fotos deste día de medo premede na imaxe...

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Chega o verán e outro cuso que remata. Unha nova xeración que nos deixa, e coma xa é habitual despedímonos deles no tradicional festival fin de curso. O deste ano moi entretido e con predominio da música e o baile.

Para ver tódalas fotos preme AQUÍ

E os videos, están máis abaixo.

 

 

 

 

Distribuir contido