CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

4º Curso

Conto ilustrado

Os de 4º B fixemos este conto con debuxos feitos por todos nós.

Visita a un viveiro

O venres, día 13 de abril os alumnos de 4º Curso visitamos un viveiro de Tomiño.

Nesta visita coñecemos o duro traballo dos viveiristas para conseguir cousas tan bonitas como son as plantas que alí tiñan.

Ao final da  visita regaláronos dúas plantas que temos agora no colexio.   Moitas grazas!

Actividade de cine

A clase de 4º A tivo unha experiencia de cine no mes de outubro, grazas ao programa de "Filminho",  que achegou o mundo do cine aos nosos escolares. Podes imaxinar o ben que o pasaron

Aquí hai tedes unha galería de fotos:

Excursión a Ponteareas

 

 O Martes 4 de abril do 2.010, fomos de excursión a Ponteareas, ao Castelo de Sobroso e ao Castro de Troña.

 Primeiro fomos ao Castelo, parecía moi grande pero en realidade era pequeno.

 No  Castelo ensináronos  como eran as colmeas das  abellas , elas fabrican cera máis mel.

No Castelo ensináronos como vestáan antigamente,a súa roupa interior era branca.

 

Traballamos na wikipedia

Os nenos de 4º estamos traballando na aula de informática:os planetas,as constelacións,as estrelas,as galaxias ,o universo , etc.Toda a información que atopemos ímola publicar na wikipedia.  

Parécenos moi ben publicar na wikipedia todo o que sabemos. Estamos aprendendo moito!

ENTROIDO ESPACIAL

O ENTROIDO 2.010 DO COLE FOI UN ENTROIDO ESPACIAL. A TEMÁTICA ERA O UNIVERSO. TODOS OS CURSOS ELABORARON UN DISFRAZ ESPACIAL. FOI MOI DIVERTIDOOOO!

1º PLANETAS

2º FOGUETES

3º SOLES

4º MARCIANOS

5º SERES GALÁCTICOS

6º ASTRONAUTAS

EXCURSIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTE

Os nenos e nenas de 4º fomos de excursión a Caixanova (Vigo). Escoitamos un concerto de música popular galega e aprendimos moito sobre os instrumentos tradicionais. Pasámolo xenial!

O UNIVERSO

Este ano o proxecto do Equipo de Normalización Lingüística desenrolará o tema do Universo

Recordade que o ano pasado foi a cultura castrexa.

Os nenos e nenas de todo o cole xa comezamos a traballar elaborando moitas clases de naves espaciais e ambientando as zonas con murais.

Os nenos de 4º B construiron a NASAB4: unha mestura de nave espacial e satélite. 

 

O NADAL NO COLE!

Durante varias semanas todos os alumnos e alumnas de 4º B, estivemos preparando a nosa actuación de Nadal: un baile moi divertido ao ritmo da canción ALEGRÍA DO CIRCO DO SOL .Aínda que estivemos un pouco nerviosos o fixemos estupendamente.
 

FOTOS MAGOSTO

A PROFE SACOUNOS MOITAS FOTOS:

 

Distribuir contido