Esta semana os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º están asistindo a un taller relacionado coa prevención de abusos na infancia. Están sendo impartidos por Ana Belén Vicente co material publicado polo Consello de Europa: La regla de Kiko http://www.underwearrule.org/default_es.asp
As familias dos nenos de 1º, 2º e 3º terán o xoves de 16.00 a 18.00 horas unha charla en relación aos talleres para a prevención de abusos na infancia.
Os nenos e nenas de 1º e 2º participamos no proxecto Dúas Galicias organizado pola OMIX de Tomiño. A través del preténdese un irmandamento entre os nenos de Tomiño e os da Galicia de Polonia. Mentres que os de 1º lles falaron aos nenos e nenas da Galicia de Polonia sobre as cousas importantes que temos na nosa terra; os de 2º contáronlles cousas do noso colexio.
Este venres comezaremos os obradoiros no 1º Ciclo. Nas dúas últimas sesións dos venres cambiaremos totalmente a rutina e a maneira de aprender.
Teremos sete talleres: tres de lingua, dous de matemáticas e dous de creatividade.
Os nenos e nenas de 1º e 2º formaremos sete grupos mixtos con alumnos de cada curso. Cada venres rotarán de obradoiro ata que todos sete grupos pasen polos sete obradoiros.
Coma sempre será o que nos guíe ao longo destas sesións.
O 2º e o 3º Ciclo fomos de visita a illa de San Simón. Primeiro collemos o tren en Guillarei para ir a Vigo, logo fomos andando dende a estación ata o porto para coller un barco que nos levou a illa de San Simón.
Os nenos e nenas do 1º Ciclo fomos de visita ao MARCO, ao Museo de Arte Comtemporáneo de Vigo, e encantounos, polo que decidimos facer as nosas propias obras de arte coa axuda das nosas familias.
O primeiro ciclo celebrou o Samaín cun terrorífico mural. Tamén quixemos facer o mesmo que os nosos antepasados celtas e coa axuda dos nosos pais e as nosas nais demos feito unha fantástica exposición de cabazas.
Como remate de luxo a profe Vanesa e o su amigo Paco contáronnos un conto de medo... de moito medo....