CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Actividades Relixión

                       

                              

 

OLAAAAAA!!!!: Xa sei que estades moi ledos de dar paseos, tomalo sol, disfrutar da natureza,...

 

Seguimos en Pascua (son 50 días dende o

Domingo de Resurrección), e os cristiáns celebramos durante todo este tempo que XESÚS RESUCITOU.

Esta semana poño outra canción para traballar tódolos cursos de 1º a 6º.

É de Migueli: "Resucitó" (Pascua 2014). O seu enlace é: https://www.youtube.com/watch?v=iakevUYw2zQ

1º.- Escóitaa varias veces e fíxate nos debuxos. (Se á aprendes de memoria mellor).

2º.- Debuxa unha vela acendida grande nun folio ou cartulina branca. 

3º.- Dentro da vela escribe con maiúscula unha ou varias destas palabras: AMOR, CURAR, VIDA, ALELUYA, RESUCITÓ. A esas letras dalle cor. 

4º.- Colorea por dentro a vela de amarelo ou pégalle trociños de papel de cor amarela.

5º.- Recorta a vela e despois pona na casa onde te deixen teus pais.

 

Para 1º,2º, e 3º tedes neste enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=jvMwyrESSXo"La historia del huevo y conejo de Pascua".

Para 4º,5º e 6º neste outro enlace escoitaredes "¿Qué es la Pascua?": https://www.youtube.com/watch?v=ew8F2lEkts8

Podedes enviarme todos os vosos traballos ó correo:

religioncaselles@gmail.com

(Non vos olvidedes de POÑERLLE NOME E CURSO.)

Disfrutade moitísimo e facer estas tareas cando poidades!!!!!

Un @, Carmen Reli.