CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue deantonioduran

MATERIAL DESCARGA TRABALLOS CORPO HUMANO

TAREFA XOVES 21 MAIO

Boas!

A tarefa de hoxe consiste en ir ao rescate do vocabulario aprendido de CIENCIAS, do corpo humano e identificar as tres partes en que se divide o noso corpo.

Lede e repasade o tema, facendo clic nas seguintes imaxes:

 

Unha vez repasado isto, a proposta é a seguinte:

Elaborar un póster ou lapbook na que apareza a figura do corpo humano; a partir dun debuxo de si mesmo, unha foto de si mesmo, duns debuxos propostos e que podedes descargar facendo clic AQUÍ e imprimir, .... para sinalar (con frechas) nel as partes do corpo, da cara e indicar ademais a cabeza, o tronco e as extremidades.

Iso si, ten que ser en galego e feita con interese e esmero. Tedes prazo para facelo, ata a semana que vén.  Deixamos a elección vosa a forma da súa realización.

Incluso, deixamos ampliar e reflectir información que vos queirades sobre o corpo humano (ósos, curiosidades, músculos, articulacións,...). Se hai algún neno ou nena interesado/a; pode ampliar esta información.

Se hai material dabondo, poderase realizar unha montaxe de video cos resultados dos traballos.

Exemplos de como amosar o traballo:

 

 

 

 

 

TAREFAS MÉRCORES 20 MAIO

Boas!

 

 As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Castelán) - Lectura  LA ROPA DE SIMÓN
  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxina 17.
  • Coidado do planeta. Arrastrar as imaxes no lugar onde corresponda, segundo se coidamos ou non, o planeta. Clic AQUÍ.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Na actividade interactiva do coidado do planeta tedes que darlle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

 

TAREFAS MARTES 19 MAIO

Boas!

 

 As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Galego) - Lectura O OUTONO. Se esta lectura está feita, toca logo a lectura O RATO PIPO. (Segundo a que fixeron cada caso, a semana pasada)
  • Pasatempos matemáticos. Clic AQUÍ.
  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxinas 15 e 16.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Se a facedes interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Pasatempos de  MATEMÁTICAS

 

Para facer a última actividade tedes que unir dende a parte baixa das peixeiras de arriba coa parte de arriba das peixeiras de abaixo. (Facedes clic, arrastrades e soltades cando cheguedes á peixeira de abaixo. Se vos desaparece, volvédeo a facer)

TAREFAS LUNS 18 MAIO

Boas!

Outra semana máis comezamos, de novo. Ou unha semana menos!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

Onte celebramos o día das LETRAS GALEGAS, na que se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. Para iso, propomos ver  un video dun conto que publicou este escritor: AS PITAS BAIXO A  CHUVIA.

Logo, facer, alomenos dos propostos, unha tarefa ou xogo. Clic AQUÍ.

Para rematar, colledes o caderniño LEO 11 (Galego). Páxinas 12, 13 e 14.

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 13: cereixa -  mistos - pallaso - zume - xenio - xamón - cebola - zapatilla - xeado - xamón - xogador

Bo día!

TAREFAS XOVES 14 MAIO

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

 

  • Caderniño LEO 11 - páxina 11 (Castelán)
  • Caderniño LEO 10 - páxina da lectura: Marta y Elena (Castelán)
  • Matemáticas - Clic na imaxe

Nesta tarefa, en concreto, o debuxo non é preciso colorear ao ter demasiados elementos.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Se a facedes interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Ficha interactiva MATEMÁTICAS

TAREFAS MÉRCORES 13 MAIO

Boas!

 

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 - páxinas 9 e 10 (Lingua castelá)
  • O corpo humano. Facede clic na imaxe e lede o que tedes.

Unha vez lido e aprendido vocabulario do corpo, facedes esta actividade en LIVEWORKSHEET, facendo clic na imaxe:

Unha vez que a fagades esta actividade interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com

 

TAREFAS MARTES 12 MAIO

Boas!

 

As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 11 - páxinas 6, 7 e 8 (Galego)

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán nos exercicos son: xoaniña-caixa-paxariño-estrada-tractor-xirafa-bolboreta-cadelo-tractor-árbore-caixa-xardín

  • Matemáticas - Clic na imaxe

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Se a facedes interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Ficha interactiva MATEMÁTICAS

Lembrade que os profes Alfonso, Lucía e Rosa espéranvos por videoconferencia:

  • Educación física: 11 a 12 horas.
  • Música: 12 a 13 horas.

TAREFAS LUNS 11 MAIO

Boas!

Damos comezo a unha nova semana. Cada vez vai quedando menos! 

 

 

As tarefas de hoxe son as seguintes:

Caderniño LEO 10 (Páx. 3) Galego

Caderniño LEO 11 (Páx. 5) Castelán

O corpo humano. Facede clic na imaxe e lede o que tedes:

Unha vez lido, facedes esta actividade en LIVEWORKSHEET, facendo clic na imaxe:

 

Unha vez que a fagades esta actividade interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com

 

TAREFA XOVES 7 MAIO

Boas!

Para hoxe, propoñemos a seguinte tarefa:

(Podedes facer clic na imaxe)

 

Facendo clic aquí, tedes unha plantilla para escribir se o desexades.

Logo, dicirvos que o equipo de biblioteca propón a seguinte actividade, co motivo de celebración das LETRAS GALEGAS. Clic aquí.

Animamos a que a fagades e preguntádenos, ao noso correo,  se tedes dúbidas para a súa realización.

 

Boa fin de semana!

Distribuir contido