Skip to Content

Ciencias Sociais

Mapas cc ss

CIENCIAS SOCIAIS 3º

Xuño de 2020

Ola!

Despois de todo o esforzo realizado, aquí vos deixo un reto para os máis osados. Non é ningunha obriga, pero se queredes intentalo, eu vos animo. Trátase dun test con 20 preguntas de todos os temas traballados ao longo do curso. Na táboa vos deixo o test e as solucións.

 Test de repaso final Solucións ao test

 

 

 

11 de maio de 2020

Coñecer a historia, saber cales foron os orixes da humanidade, que persoas e acontecementos fixeron que hoxe sexamos como somos, vivamos como vivimos e pensemos como pensamos é algo que sempre espertou o interese dos homes.
Para poder estudar a historia é preciso secuenciar na liña do tempo os diferentes acontecementos acaecidos.
O tema 9, O paso do tempo, trata de explicarnos todo iso.
Impórtame moito que teñades unha idea moi clara dos seguintes aspectos:
1.    Coñecer os instrumentos para medir o tempo.
2.    Coñecer  que é a historia, como se estuda e cales son as súas etapas.
3.    Observar e identificar as etapas da historia no entorno máis próximo.
E para todo iso precisades dominar o seguinte:
·        Saber que e cales son as fontes históricas.
·        Identificar estas fontes no entorno máis próximo.
·        Comprender como mudou a forma de vida das persoas ao longo da historia.
·        Coñecer os restos históricos e prehistóricos máis destacados en Galicia.
·        Identificar o legado dos pobos galaicos e romano na historia de Galicia.
 

Programa de

traballo

O paso do tempo

Resumo

Solucións dos

exercicios T.9

Solucións repaso T. 9

"O paso do tempo"

 
 

 

9 de abril de 2020

Ola!

Xa estamos de volta outra vez. Espero que teñades tantas ganas coma mi de que todo isto pase e poidamos voltar á actividade normal... Siii, aínda que nos custe moito saír da cama polas mañás.
Pola miña parte xa teño moitas ganas de volver a traballar e participar convosco nas actividades cotiás do colexio.
Pero hai que ser pacientes, responsables e solidarios. Isto de quedarnos na casa está axudando moito a que o virus non continúe contaxiando a máis persoas. É unha mágoa, pero temos que colaborar.
Xa me contaredes como foron estes días de “descanso”. Supoño que todos os días tiveches momentos para ler, xogar, ver algunha película e, por suposto facer algo de exercicio, ademais de colaborar coas tarefas da casa.
Espero as vosas novas.
 

Programa de

traballo

Os traballos.

Resumo

Solucións dos

exercicios

Solucións repaso

T."Os traballos"

 

 

15 de marzo 2020

NOTA.:  Con todo este material que tedes aquí rematamos todo o previsto nas materias de Ciencias Naturais e Sociais. É importante que dosifiquedes o esforzo e non o fagades todo á vez. Pouco a pouco. É mellor que repasedes varias veces. Hai moito vocabulario novo que haberá que ir aprendendo amodo.

Este tempo de reclusión non vai ser fácil e tedes que seguir estudando, repasando e, por suposto, axudando na casa: recoller e ter oredenados os vosos espazos, axudar nas tarefas da casa, ler, xogar coas vosas familias (os xogos de mesa poden ser unha boa solución). E, finalmente, no deixedes de facer algunha actividade física: bailar, saltar á comba, así como todas aquelas actividades que o espazo que teñades e os vosos pais vos recomenden.

 Repaso

do tema 5

 Solucións ao

repaso do T. 5

Tema 6

Solucións dos

exercicios T 6

 Actividades

Repaso T. 6

Solucións

Repaso T. 6

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut