Skip to Content

Ciencias Naturais

CIENCIAS NATURAIS

Xuño de 2020

Ola!

Despois de todo o esforzo realizado, aquí vos deixo un reto para os máis osados. Non é ningunha obriga, pero se queredes intentalo, eu vos animo. Trátase dun test con 20 preguntas de todos os temas traballados ao longo do curso. Na táboa vos deixo o test e as solucións.

 
 Test de repaso final Solucións ao test

 

 

 

 

 

18 de maio de 2020

Ola!

Chegamos á recta final. Nesta ocasión vou xuntar os dous temas que nos quedan para facilitar un pouco a súa comprensión, ou al menos intentar que así sea. De momento soamente adxunto o resumo e as estrutura dos temas 8 e 9 referidos á "enerxía, as forzas" e as súas aplicacións ás máquinas. Intentarei que sexa un chisquiño máis experimental. Estade atentos estes días para ver o que vou colgando. Ánimo que xa queda moi pouco.

 
Axenda de traballo

A enerxía, as forzas

e as máquinas

 Solucións aos

exercicios

 

Aplicación da panca a un xoguete para facer puntería Transformación da enerxía eléctrica en enerxía cinética (movemento)

 

 

 

Ola!

Xa estamos de volta outra vez. Espero que teñades tantas ganas coma mi de que todo isto pase e poidamos voltar á actividade normal... Siii, aínda que nos custe moito saír da cama polas mañás.
Pola miña parte xa teño moitas ganas de volver a traballar e participar convosco nas actividades cotiás do colexio.
Pero hai que ser pacientes, responsables e solidarios. Isto de quedarnos na casa está axudando moito a que o virus non continúe contaxiando a máis persoas. É unha mágoa, pero temos que colaborar.
Xa me contaredes como foron estes días de “descanso”. Supoño que todos os días tiveches momentos para ler, xogar, ver algunha película e, por suposto facer algo de exercicio, ademais de colaborar coas tarefas da casa.
Espero as vosas novas.

CIENCIAS NATURAIS

Programa de traballo A Materia. Esquema Solucións dos exercicios

Solucións do repaso do

tema "A materia"

CIENCIAS NATURAIS 3º

 NOTA.:  Con todo este material que tedes aquí rematamos todo o previsto nas materias de Ciencias Naturais e Sociais. É importante que dosifiquedes o esforzo e non o fagades todo á vez. Pouco a pouco. É mellor que repasedes varias veces. Hai moito vocabulario novo que haberá que ir aprendendo amodo.

Este tempo de reclusión non vai ser fácil e tedes que seguir estudando, repasando e, por suposto, axudando na casa: recoller e ter oredenados os vosos espazos, axudar nas tarefas da casa, ler, xogar coas vosas familias (os xogos de mesa poden ser unha boa solución). E, finalmente, no deixedes de facer algunha actividade física: bailar, saltar á comba, así como todas aquelas actividades que o espazo que teñades e os vosos pais vos recomenden.

Tema 6

Solucións

dos Exercicios

Repaso tema 6

Solucións do

repaso T. 6

Distribuir contido


by Dr. Radut