Ola rapaces!
Benvidos ao terceiro trimestre!
Seguimos na casa e non sabemos ata cando vai a seguir así a situación, polo que, imos a arracar o terceiro trimestre conectados cada un dende a súa casa e ao seu ritmo.
Nas orientacións da Xunta di: "...Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado..."
E así o imos facer!
Colgarei en cada materia as tarefas para facer, cada un pode facer como lle sexa mais cómodo, seguindo o horario de clase, facendo cada día unha materia distinta, ..., tede en conta que esta vez pido que me enviedes as tarefas feitas ao noso correo de clase.
Tedes os libros para descargar na páxina principal do cole.
Para non acumular as correccións, a poder ser, cada día, me enviades o voso traballo e eu devólvoo corrixido.
Un saúdo e xa sabedes onde estou para o que precisedes:
-Chat de snappet
-Correo da clase: 6a.igrexavaladares@gmail.com
Bicos e apertas.
Mónica