Skip to Content

O NOSO CENTRO. PROXECTOS 2023-2024

COMEDOR ESCOLAR

Informamos que todos aqueles usuarios/as de comedor escolar para o curso 24-25 deberán entregar no colexio o ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN.

Prégase entregalo o antes posible. Para descargalo premer aquí.

CORRECCIÓN ERROS PARA DETERMINAR O CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR

Advertidos erros materiais nas Instrucións  1/2024 do 1 de xuño, a Consellería procede a súa corrección. Para máis aclaración premer aquí.

INICIO DO CURSO 2024-25

LIBROS 2024-25

LISTA DE LIBROS

CURSO 2024-25

1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO
4º CURSO

5º CURSO

(E-Dixgal)

6º CURSO

(E-Dixgal)

 

                          

FONDO LIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR

Informamos que xa están publicadas as LISTAXES PROVISIONAIS do fondo de libros e vales para a adquisición de material escolar para o curso 2024-25. Poderán consultarse na secretaría do centro ou chamando por teléfono ao número 886111135.

O luns 1 de xullo publicaranse as LISTAXES DEFINITIVAS. Poderán consultarse no taboleiro interior do colexio ou chamando ao centro.

Os vales de libros poderán recollerse dende o martes día 2 ata o venres 5 de xullo en horario de 10:00h. a 13:00h. Aqueles vales que non sexan recollidos serán entregados en setembro.

A Ciencia e o proxecto "Descubrindo o norte"

Ao longo do curso a actividade científica tivo os seús momentos de protagonismo. A CIENCIA, espertou curiosidades, fomentou espectativas e por que non, sinalou posibles vocacións entre o noso alumando de 6º.

 

Festa de fin de curso da ANPA

Descubrindo o norte na Universidade de Vigo. Fase práctica

O alumnado de 6º ven de desenvolver a fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" no campus da Universidade de Vigo. Como sempre, tivemos unha gran acollida e o alumnado gozou dunha experiencia única. A xornada da mañá comezou cos obradoiros no departamento de Física Aplicada da Escola de Enxeñería Industrial, onde todos fomos sorprendidos pola "maxia" da física. A continuación, da man da OMA (Oficina de Medio Ambiente), coñecemos a biodiversidade do campus. No Centro de Investigacións Biomédicas esperábanos todo un equipo científico para espertar a nosa curiosidade sobre os nanomateriales e as súas posibles aplicacións. Finalizamos o paseo científico coa presentación de biomateriales en CINTECX. No comedor da Minas, recuperamos as forzas necesarias para gozar dunha carreira de orientación, en colaboración co Servizo de Deportes, á que se uniron as familias do noso alumnado. No merendeiro do monte de Beade puxemos fin a unha xornada estupenda. Moitísimas grazas á Universidade de Vigo pola súa inestimable colaboración.

Vídeo Corto Galería fotográfica
Distribuir contido


by Dr. Radut