Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2023

Cooperativa

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA RAPOCHÁ CURSO 2023-2024
 
 

Descubrindo o atletismo. 2º Primaria.

"Citus, altius, fortius". Con este lema, o barón Pierre de Coubertain, inauguró en Atenas os Xogos Olímpicos da Idade Moderna en 1896, onde o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. Doutra banda, O atletismo conleva beneficios físicos para o neno.É un deporte no que se desenvolve a forza, gáñase resistencia física e conséguese velocidade.Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios. O proxecto “Descubrindo o norte” a través do programa Xogade programou a semana pasada unha xornada de iniciación ao atletismo da man de adestradores do Club de atletismo Beade con alumnado de 2º de educación primaria. Fito e Pablo foron os adestradores do club encargados de iniciar a estas nenas e nenos nestas actividades físicas.

OUTONO LITERARIO 2023

Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca convoca a XVII Edición do concurso literario, este ano baixo o título "Na horta de Rapochá sementa e recollerás". Anímate a participar!

PREME NA IMAXE PARA VER AS BASES

Descubrindo o Voleibol

O proxecto "Descubrindo o norte" busca no deporte un aliado para acadar os seus obxectivos, entre eles, manter un bo estado de saúde. Buscamos que o noso alumnado descubra a importancia que ten o equilibrio que prensenta o triángulo da saúde no seu lado físico (nutrición, actividade e descanso), no seu lado social (familia, amigos, compañeiros...), e no seu lado mental (a cultura e formación, as emocións...). Para iso pensamos que o voleibol é un dos deportes máis valiosos na idade escolar: deporte de equipo, inclusivo, sen contacto físico, requiere moita concentración e permite desenvolver a diversidade de capacidades e habilidades físicas básicas que traballamos nesta etapa. Ademais, neste caso, contamos con la inestimable colaboración técnica e humana de Miguel Martínez Larrea, adestrador  nacional desta disciplina deportiva  que o pasado venres  visitou o noso centro para transmitir ao noso alumnado de 4º, 5º e 6º a súa paixón deportiva.

Na imaxe seguinte engádese o acceso á galefía fotográfica.

Galería fotográfica

Descubrindo as nosas habilidades

O desenvolvemento das habilidades físicas básicas (saltos, xiros, desprazamentos, equilibrios…), a través de xogos de rol, onde nenas e nenos asumen unha función para conseguir un obxectivo común, desenvolve á vez conductas sociomotrices que integran positivamente a cada individuo no grupo no que se atopa. Por outra parate, os xogos facilitan o desenvolvemento nas distintas etapas do crecemento nos tres grandes ámbitos: físico, o social e o psíquico. E desde este punto de vista, a Educación Física ven a significar un papel crucial no desenvolvemento do noso alumnado.

 

INICIO CURSO ESCOLAR 2023-24

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA FAMILIAS

MARTES 5 DE SETEMBRO 

LUGAR: COMEDOR ESCOLAR

10:00 h -  4º, 5º, 6º curso

12:00 h - 1º, 2º, 3º curso

ORDE DO DIA

PRIMEIRA PARTE:

Planificación e organización xeral do curso a nivel centro.

SEGUNDA PARTE:

Planificación e organización a nivel aula.

Programacións: mínimos esixibles, criterios de cualificación e promoción, instrumentos de avaliación, normas de convivencia, etc.

NOTA: Aquelas familias que non teñan recollido o cheque de libros/material ou entregada a autodeclaración de comedor escolar poden aproveitar esta ocasión para facelo.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR

Aquelas persoas que solicitaran comedor para o curso 2023-24 deberán entregar no centro a AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR . Prégase entregar este impreso o antes posible, poden deixalo no buzón exterior do colexio. O prazo límite de entrega é o 7 de setembro de 2023.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut