Skip to Content

UNHA NOVA DIMENSIÓN

 

Outra vez tivemos a sorte de contar co escritor Anxo Iglesias que viu a compartir a experiencia da poesía.

Moitas grazas por compartir con nós.

Descubrindo o atletismo en pista.

"Citus, altius, fortius". Como comentei en anteriores ocasións, este é o lema que o barón Pierre de Coubertain vinculou aos Xogos Olímpicos. Nesta xuntanza deportiva, o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. O amplo grupo de deportes que inclúe o atletismo, favorecen o desenvolvemento da forza, a resistencia física e conséguese velocidade. Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Por outro lado, ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios.

O proxecto “Descubrindo o norte” en colaboración co Servizo provincial de deportes e o clube atletismo Beade levou o pasado luns ao noso alumnado de 4º de primaria ás instalacións do IFEVI para compartir unha xornada lúdico deportiva xunto co nenas e nenos de numerosos colexios de Vigo onde o atletismo foi o protagonista.

Galería fotográfica

 

Descubrindo os "Primeiros auxilios"

Os accidentes e lesións poden ocorrer en calquera momento, polo que é importante que os nenos estean preparados para manexar situacións críticas de maneira efectiva. A importancia dos primeiros auxilios na educación primaria é innegable. Os estudantes de primaria son moi novos e están en constante actividade, o que aumenta o risco de lesións e emerxencias médicas. É importante que os nenos saiban como actuar en caso de emerxencia, xa sexa para axudar a un compañeiro de clase ou para saber como actuar no caso de que eles mesmos necesiten atención médica.

A pasada semana, nas clases de Educación Física, o alumnado de 4º, 5º e 6º descubriron e practicaron diversas actividades de iniciación  aos primeiros auxilios:

  • Protocolos básicos en pequenas feridas e lesións.
  • Protocolo RCP (Reanimación cardiaca e pulmonar)                                                              
  • Manexo do desfibrilador
  • Conducta PAS (Protexer, avisar e socorrer)
  • Protocolo OVACE (Obstrucción de vías aéreas por cuerpo extraño)
Galería Fotográfica

Día de Rosalía 2024

 
 

Día da Lingua Materna

Pica na imaxe

Descubrindo a esgrima coa Sala Viguesa de Esgrima Antiga

Os deportes de combate supoñen unha alternativa máis dentro do ámbito da actividade física e o deporte.
Á marxe do que en non poucas ocasións pénsase, este tipo de deportes aglutinan un amplo espectro de valores que se vertebran nos tres lados do triángulo da saúde, a saber, o lado físico, o social e, por suposto, o mental. Todos estes valores facilitan o desenvolvemento motor e psicomotor, que unido á posta en práctica de condutas
sociomotrices favorecen a mellara da autoestima, da capacidade de concentración e esforzo, da forza de vontade, entre outros aspectos que resultan tan importantes cara a consecución da madureza emocional.
Neste sentido,  o proxecto “Descubrindo o norte", contou   o pasado venres coa participación da Sala Viguesa de Esgrima Antiga. Que ademais de transmitir ao noso alumnado de 4º,5º e 6º a súa paixón pola esgrima e a historia, espertaron no noso alumnado novos intereses e curiosidades.
Moitas grazas a Sarai, Aldán e Damián pola súa colaboración e compromiso.

Finalmente agradecemos tamén a D. Carlos Spusch a súa presencia activa nesta actividade. Ademais dun gran divulgador científico tamén é un magnífico deportista que predica co exemplo. Pronto estará novamente connosco.

Galería Fotográfica

Entroido 2024

A comparsa “Cómicos e saltimbanquis” amosou as súas habilidades xunto cos seus compañeiros e mestres. Aínda que a meteoroloxía non permitíu celebrar esta festa no torreiro, como facíamos outros anos, o colexio foi o noso escenario.

Forman parte desta actividade o ritmo, a expresión e comunicación corporal, equilibrios e coordinacións, que facilitan o desenvolvemento de conductas sociomotrices. Para desenvolver todos estes aspectos utilizamos diábolos, panos, pratos chinos, zancos, pelotas e aros de malabares, e todo acompañado por distintos ritmos musicais.
Con todos estes contidos, incluídos dentro do currículo escolar, se busca cambiar a tendencia respecto ás modalidades deportivas tradicionais (baseadas en modelos masculinos e para un tipo moi concreto de alumnado), e buscar motivacións novidosas entre o alumnado con implementación de metodoloxías actuais.

A Expresión Corporal sempre estivo presente no ámbito humano e dise que é a forma máis antiga de comunicación. Trátase dun elemento de desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, do crecemento persoal. Música e movemento axudan ao noso alumnado a manifestar de forma desinhibida emocións, sensacións e esquemas rítmicos corporais que lle conducirán a coñecerse mellor, desenvolvendo condutas sociomotrices máis íntegras, profundas e intensas.

Video longo. 14 minutos Vídeo curto. 1.5 minutos

 

ENTROIDO 2024

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

PREME PARA SABER MÁIS DO ENTROIDO EN GALICIA
 PREME PARA COÑECER AS ORDES DO MECO

            LUNS 

     

        MARTES

      MÉRCORES

       XOVES

     VENRES

 

 

ENTROIDO 2024

Os "Cómicos e saltimbanquis" xa están a liala

O proxecto “Cómicos e saltimbanquis” forma parte dun grupo de unidades didácticas da materia de Educación Física que desenvolven varios bloques de contido á vez que que se move entre diferentes ámbitos do coñecemento. A imaxe e percepción corporal así como as actividades físicas artístico-expresivas e as habilidades motrices son, entre outros, os bloques de contidos curriculares entre os que se enmarca este proxecto. Os equilibrios, as coordinacións así como outras habilidades e destrezas e un alto compoñente creativo son os elementos que caracterizan esta actividade que, á vez, favorece o desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas dentro do ámbito escolar, mellora a confianza, a autoestima e o desenvolvemento da madurez emocional pois o alumnado síntese comprometido consigo mesmo e co resto de compañeiros e compañeiras seguros de conseguir un obxectivo común.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut