SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A IDADE MEDIA

Nenos e nenas de 1º Educación Primaria fumos de excursión á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes para seguir aprendendo cousas sobre a Idade Media.

XORNADA DE CONVIVENCIA COAS UNITARIAS DE COIRÓS

O venres os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil participaron nunha xornada de convivencia cos nenos e nenas das Escolas Unitarias de Coirós e Ois. Compartiron unha mañá chea de emoción e diversión. Despois das distintas presentacións, viron un espectáculo de monicreques, xogaron a distintos xogos medievais e sobre todo coviviron cos seus futuros compañeiros de cole!!

 

PRAZO DE INSCRICIÓN NO COMEDOR PARA O CURSO 2018-2019

Para consultar a información, pulse sobre a imaxe.

Resultado de imagen de COMEDOR ESCOLAR

ROTEIRO POR BETANZOS

 

No seguinte vídeo podedes ver todo o que aprenderon as alumnas e alumnos de 1º E no roteiro que fixeron por Betanzos.

 

 

 

SOLICITUDES FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL

Está aberto o prazo para poder solicitar fondo de libros, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018-2019.

Circular para as familias

Anexo para solicitude

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio)

CIEC

Nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións do CIEC. Aprenderon a utilizar unha das técnicas artísticas que alí empregan. Nesta ocasión, primeiro fixeron un debuxo nunha placa metálica coa axuda dun punzón. Despois pasaron o seu traballo por unha prensa con tinta onde quedou estampado o seu debuxo nun papel groso.

 

 CIEC on PhotoPeach

OBRADOIRO DE PANDEIRETAS

A semana pasada remataron os obradoiros de pandeiretas, tanto de iniciación coma de perfeccionamento. Aproveitando a véspera do día das Letras Galegas celebramos un mini concerto durante o recreo. Moitas grazas a todos e todas por participar, esperámosvos o curso que ven!

 

Se queredes ver e escoitar as cancións non dubidedes en pasarvos polo blogue ValesMusical.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19

Publicada no DOG a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Para ver a orde publicada, prema na imaxe.

Resultado de imagen de axudas libros de texto 2018 2019

 

I CONGRESO "Aliméntate ben"

O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben no pazo de congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

O día 3 de maio o noso proxecto, xunto con outros nove centros de infantil e primaria, foi seleccionado para participar e contar o que facemos entre todos/as no cole.

A experiencia foi marabillosa. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros e compañeiras doutros centros, autoridades, e a quen pasara polo noso stand o proxecto de "Almorzos con xeito" que comezamos este ano en primaria, para continuar o bo labor que xa está instalado en Infantil.

Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña. Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.

                                                                                            PARABÉNS PARA TOD@S!!!!!

ALDEA NOVA

Nenos e nenas de 2º de Educación Primaria foron de excursión a Aldea Nova. Alí aprenderon a coidar as plantas, os animais e fixeron diferentes obradoiros, como a elaboración de candeas. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron!

 

Distribuir contido