O magosto en 1º
Os nenos e as nenas de 1º celebramos a festa das castañas cunha serie de xogos castañeiros coa axuda dos profes de E.F., David e Suso, e coa colaboración dos compis de 5º. Para rematar comimos unha morea de castañas que prepararon os papás e as mamás para nós. Moitas grazas a todos!!!
Magosto from paula cole on Vimeo.
Visita á Domus de 1º EP
Os nenos e as nenas de 1º fumos de excursión á Domus, para aprender e descubrir moitas cousas sobre o corpo humano, sobre diferentes inventos, e moitas cousas máis...
Visita á Domus by Slidely Slideshow
Magosto en E. Infantil
Enviado por infantil o Ven, 27/11/2015 - 07:39Seguindo a tradicción o Vales Villamarín celebra o Magosto coa colaboración desinteresada das familias. Grazas a todos por facer posible este tipo de actividades.
Preme na imaxe para ver o vídeo.
Formación para profesorado sobre Síndrome de Asperger
Para poder ofrecer unha verdadeira ensinanza de calidade (de cores) a TODO O o noso alumnado é fundamental, por unha parte, a formación continuada do profesorado e, por outra banda, a colaboración e coordinación con asociacións e entidades que traballan en prol da súa educación.
Este martes día 24, ás 16,00 h. temos a sorte de recibir unha charla para o profesorado sobre o Síndrome de Asperger, impartida gratuitamente pola Asocición ASPERGA.
Agradecemos sinceramente a súa iniciativa e colaboración.
Grazas!
a vendima 1º
Na aula de cociña, ante a atenta mirada de Virutas os nenos e as nenas de 1º fixeron a súa particular vendima. Velaí a mostra...
E o noso soño comeza a facerse realidade...
Este é un vídeo que resume moi brevemente as actividades realizadas para a celebración do Samain e que fan realidade o noso soño: unha educación de cores para todos!
Para ver máis actividades podedes visitar o blog de Eduacación Infantil.
Para que as cousas suceden primeiro hai que soñalas.
Así comeza o noso proxecto educativo para este ano da man de "Virutas y el Arcoiris" libro de Marta Álvaro.
Temos un soño, acadar unha eduación de cores, e para acadala precisamos da axuda do noso alumnado. Deben decidir que queren ou poden facer para axudarnos a lograr o noso soño.
É emocionante ver como se lles ilumina a cara ante as nosas suxerencias e propostas, principalmente ante o proxecto da cociña e da horta. Gustaríame agradecer desde aquí a tod@s os alumos e alumnas e mestres a súa ilusión e colaboración, e de xeito moi especial a Roi (2ºA) e Jesús (4º C).
Como di Jesús "Poco a poco nuestro mundo se va llenando de color".
A vendima
Enviado por paula o Mér, 14/10/2015 - 07:22O pasado día 28 de setembro os nenos e as nenas de 6º EP foron vendimar á Viña Ártabra, no lugar de Viraventos. Vendimaron uvas da variedade mencía e godello. Aí vos vai unha mostra do que traballaron e do ben que o pasaron.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- seguinte ›
- última »
