GARDA CIVIL

Nenos e nenas do colexio asistiron a Gandarío á exhibición do traballo que realiza a Garda Civil. Alí viron, aprenderon e experimentaron cos distintos medios e recursos dos que dispoñen tanto a garda civil, protección civil,... para desenvolver o seu traballo.

 

 

ROTEIRO POR BETANZOS

Varios niveis do colexio fixeron un roteiro por Betanzos. Os nenos e nenas puideron coñecer un pouco máis o lugar onde vivimos e tamén se mergullaron na Idade Media da man dos técnicos de turismo do Concello. Moitas grazas!!

CARREIRA SOLIDARIA 2018

O pasado venres celebrouse unha nova edición da Carreira Solidaria "Corre por Betanzos 2018" na que participaron nenos e nenas dos coles e institutos de Betanzos. Cada participante colaboraba na carreira donando comida para Cáritas e Cruz Vermella. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e participación!

PEQUENOS BUFÓNS

Esta semana os pequenos bufóns de 3 aniños recibiron a visita de Mere, o papá de Álvaro dos amarelos, para que aprenderan o oficio de titiriteiro. Moitas grazas pola exhibición!!

APRENDENDO A SER BUFÓNS on PhotoPeach

VISITA AO CASTELO DE FRIOL

Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a Idade Media que estamos a levar a cabo no cole, os nenos e as nenas de 6º de Infantil visitaron o castelo de San Paio de Narla en Friol. Trátase dun castelo-fortaleza do século XII. Alí, na compaña de distintos persoaxes medievais, visitaron o museo histórico e etnográfico e realizaron un obradoiro no que aprenderon a facer unhas rosquillas boísimas!

TELEMEDIEVALES

No blogue da biblioteca podedes ver o TeleMedieVales 3 feito polas alumnas e alumnos de 6ºA.
 
 

Día de Rosalía

No blog NON TE CORTES COA LINGUA podedes ver as actividades realizadas para conmemorar o Día de Rosalía 2018.

 

PANADARÍA

Os nenos e nenas de 2º EP visitaron a panadaría. Alí ensináronlles como facer un pan riquísimo. Aquí vos deixamos a mostra destes aprendices de panadeiros!

DESCUBRINDO OS MBOTS


O noso colexio foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa " Introdución á robótica educativa en primaria".
Así, tras a formación dos mestres, as alumnas e alumnos de 5º comezaron, no mes de febreiro, a descubrir os Mbots na biblioteca da man do profe Juan.
Nesta primeira sesión coñeceron as partes dos robots e fixeron unha aproximación o programa MBlock.
A partires de agora poderán practicar nos recreos, os martes e xoves, ou nas súas casas.
Iremos mostrando o que somos capaces de facer...

 

 

 

 

 

Distribuir contido