OS DE 6º VISITAN SOTAVENTO

Os nenos e nenas de 6º de E. Primaria visitaron o parque eólico de Sotavento. Alí fixeron un percorrido polas instalacións do parque, onde lles explicaron o funcionamento dos muíños de vento, a importancia do aforro enerxético e das enerxías renovables. Tamén visitaron unha casa eficiente e ecolóxica.

O VALES NA LOTERIA

O sábado 2 de febreiro nenos e nenas do cole participaron no sorteo da Lotería Nacional con motivo do 800 aniversario do traslado da nosa cidade á súa actual ubicación.

Despois dalgún ensaio e, a pesar da responsabilidade e nerviosismo do acto, a rapazada do cole participou no sorteo coma auténticos profesionais...

NADAL NO VALES

Estes días, os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron unha gran variedade de actividades previas á festa de Nadal. Fixeron adornos e tarxetas con material de refugallo, celebraron festas pre-nadal, cantaron e bailaron panxoliñas, tiveron a visita dos reis magos...

BO NADAL e FELIZ 2019!!!

 NADAL NO VALES on PhotoPeach

 

Se queredes saber máis das actividades feitas polos nenos e nenas do cole, non dubidedes en visitar os diferentes blogues do centro!!

O APALPADOR VISITA O VALES

En tempo de Nadal, o Apalpador e o Xoven Apalpador baixan das montañas do Courel para visitar o noso cole. Contáronlle aos nenos e ás nenas a súa historia, de onde veñen, a que se adican,... e tamén atoparon no noso cole á súa compañeria a Apalpadora! Agora os nenos e as nenas de Infantil, de 1º e de 2º de Primaria esperan ansiosos á súa chegada ás súas casas!!

VISITA A CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO

Os nenos e nenas de 2º desprazámonos ata Coruña para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. Alí aprendimos algúns dos misterios que agocha o Espazo e coñecimos un pouco máis o lugar de onde ven o noso amigo o Principiño.

 

CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO on PhotoPeach

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O martes, 27 de novembro de 2018, entre as 16:30 e as 18:30, na entrada principal do Edificio de Primaria, estará instalada a mesa electoral para a votación  da renovación parcial da representación de nais, pais ou titores legais no Consello Escolar, tal e como consta no calendario aprobado pola Xunta electoral de conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, 08/10/2018)

Distribuir contido