No Antroido.... tamén soñamos!
O pasado venres día 5 toda a Comunidade Educativa disfrutamos dun fermoso día de Antroido. Da man de Madelin e Virutas, divertímonos unha vez maís coa cociña e a horta, dentro do proxecto "Para que as cousas sucedan primeiro hai que soñalas" que levamos traballando ao longo deste curso. Nesta xornada deuse boa conta dos valores que guían o noso día a día (a paticipación, colaboración, o respeto, a amizade..) disfrutando con bo humor e boa música e baile TOD@S XUNT@S. Demostramos unha vez máis que xuntos (familias, alumnos, mestres, comunidade educativa en xeral) podemos acadar todos os noso soños. Parabéns e Feliz Antroido!
LECTURAS COMPARTIDAS
LECTURAS COMPARTIDAS 1ºB - 6ºE on PhotoPeach
O magosto en 1º
Os nenos e as nenas de 1º celebramos a festa das castañas cunha serie de xogos castañeiros coa axuda dos profes de E.F., David e Suso, e coa colaboración dos compis de 5º. Para rematar comimos unha morea de castañas que prepararon os papás e as mamás para nós. Moitas grazas a todos!!!
Magosto from paula cole on Vimeo.
Visita á Domus de 1º EP
Os nenos e as nenas de 1º fumos de excursión á Domus, para aprender e descubrir moitas cousas sobre o corpo humano, sobre diferentes inventos, e moitas cousas máis...
Visita á Domus by Slidely Slideshow
Magosto en E. Infantil
Enviado por infantil o Ven, 27/11/2015 - 07:39Seguindo a tradicción o Vales Villamarín celebra o Magosto coa colaboración desinteresada das familias. Grazas a todos por facer posible este tipo de actividades.
Preme na imaxe para ver o vídeo.
Formación para profesorado sobre Síndrome de Asperger
Para poder ofrecer unha verdadeira ensinanza de calidade (de cores) a TODO O o noso alumnado é fundamental, por unha parte, a formación continuada do profesorado e, por outra banda, a colaboración e coordinación con asociacións e entidades que traballan en prol da súa educación.
Este martes día 24, ás 16,00 h. temos a sorte de recibir unha charla para o profesorado sobre o Síndrome de Asperger, impartida gratuitamente pola Asocición ASPERGA.
Agradecemos sinceramente a súa iniciativa e colaboración.
Grazas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »
