E.I 5 anos A
DOS DOLMENS AOS CASTROS
Enviado por Administrador o Xov, 25/05/2017 - 10:26A PREHISTORIA - O DOLMEN
Durante o primeiro trimestre deste curso investigamos un pouco sobre a prehistoria e os dolmens. Vivimos na Terra de Soneira e estamos rodeados destes monumentos, polo tanto temos a oportunidade de coñecelos de cerca. Resultou un tema ben interesante e motivador.
O noso obxectivo básico é...
Aprender a respectar o Patrimonio Arqueolóxico e entender a importancia do mesmo.
Pero o tema tamén nos permite...
Mellorar a expresión e a comprensión oral, e ampliar o vocabulario mediante conversas, contos e lendas.
Seleccionar material informativo ou elaborado sobre a prehistoria, obtido de diversas fontes.
Coñecer tipos de vivendas habituais na Prehistoria.
Coñecer ferramentas prehistóricas e o seu uso.
Identificar seres vivos: animais propios da Prehistoria e da actualidade.
Comprender a importancia do lume dende a época prehistórica.
Coñecer a importancia da caza, a pesca e a recolección.
Coñecer algunhas manifestacións do Neolítico. Gandería e agricultura, olería e a arte monumental.
Aproximarse ao coñecemento da cultura e a arte na Prehistoria.
Comprender a importancia do uso responsable e sostible dos recursos.
Todo isto queda recollido no seguinte vídeo, e no "caderno de traballo" das nenas e nenos que podedes ver na revista que aparece máis abaixo.
Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós.
O CASTRO
Despois de ter traballado a Prehistoria e o megalitismo no primeiro trimestre, e seguindo centrados na nosa historia, adicamos o segundo trimestre aos CASTROS.
Por outro lado, aproveitamos a cercanía do Castro A CIDÁ de Borneiro, no concello veciño de Cabana, e o Castro das Barreiras que temos na propia contorna urbana de Vimianzo.
Ao igual que nos pasara co megalitismo, atopámonos cun territorio abundante nestes monumentos. E o mesmo que no trimestre anterior, unha historia que pensamos, temos a oportunidade (e o deber) de coñecer e preservar.
O obxectívo fundamental que pretendemos con este pequeno proxecto é que o alumnado aprenda a respectar o patrimonio arqueolóxico e entenda a importancia do mesmo.
Como resumo deste traballo, podedes ver o seguinte vídeo …
E O CARNAVAL XA CHEGOU
Enviado por Administrador o Xov, 11/02/2010 - 18:07XA ESTAMOS MOI PRÓXIMOS AO ENTROIDO....
E ASÍ É COMO NOS PREPARAMOS.......

OLEEEEEEEEEEEEEE
