ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2022/2023
A resolución de 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (D.O.G. 30/09/22) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.
O proceso, na parte que implica ós pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:
- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
- Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
- Presentación de Candidaturas.
- Publicación dos Censos Electorais.
- Proclamación de candidaturas.
- Presentación de reclamacións, se as houbera.
- Votación e escrutinio.
- Proclamación de candidatos elixidos.
- Constitución do Consello Escolar.
O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL mércores día 26 de Outubro ás 14:30 horas na Dirección do Centro.
Unha vez constituída (día 02 Nov.), emitiráse información puntual do proceso mediante circulares .
PREMA NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:
CIRCULAR INFORMATIVA AOS PAIS E NAIS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
7 CIRCULAR Nº2 INFORMATIVA AOS PAIS E NAIS.pdf | 98.58 KB |