Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DO LIBRO: CONTACONTOS E MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

 

O martes 19, por mor da Semana do Libro, os alumnos e alumnas do I.E.S Terra de Soneira agasalláronnos cunha escolma de contos clásicos. A representación tivo lugar na Biblioteca para o alumnado de 1º e 2º de primaria.

   

 

Por outra banda, dende o Departamento da  Biblioteca do centro propuxéronnos para todo o centro unha actividade solidaria para conmemorar o Día do Libro (23  de abril) en colaboración coa asociación "Save the Children". Esta consistíu na decoración dun marcapáxinas,  achegado dende a asociación,  que posteriormente “venderon” a amigos e familiares para lograr recadar unha pequena axuda,destinada nesta ocasión a programas contra a desnutrición infantil dos nenos e nenas do Corno de África. 

   

 

Para máis información sobre esta iniciativa poden acceder ao enderezo: https://www.savethechildren.es/marcapaginas-por-la-solidaridad-coles.