BICOS E AGARIMO NESTE NADAL TAN ESPECIAL!
Este ano, polo Nadal, o Apalpador propúxonos levarlle unha morea de agarimo á residencia de anciáns DomusVi de Vimianzo.
O alumnado do centro, por suposto, encheu o saco do Apalpador con postais e un mural xigante, onde recollen os mellores desexos para os usuarios e traballadores da residencia de maiores.
Dende o centro damos as gracias á ANPA e aos traballadores e usuarios de DomusVi pola súa implicación e colaboración, para poder levar a cabo esta actividade coa que potenciamos valores fundamentais para lograr unha sociedade cada día mellor e máis solidaria.
(PREMA PARA VER O VÍDEO)