Saltar navegación.
Inicio

HORARIO DE REUNIÓNS INICIAIS POR TITORIAS E PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2020-2021

CURSO 2020/2021

HORARIOS DE REUNIÓNS INICIAIS DE TITORÍA.

A continuación infórmase ás familias dos horarios establecidos para levar a cabo as titorías de aula cos mestres correspondentes:

  • 6º de Educación Infantil: venres día 4 ás 11.30 horas na aula de 6º de infantil.
  • 4º de Educación Infantil: luns día 7 ás 10:00 horas nas aulas das titorías correspondentes.
  • 5º de Educación Infantil: luns día 7 ás 11:00 horas nas aulas das titorías correspondentes.

 

  • 1º A de Educación Primaria: luns día 7 ás 10.15 horas na aula.
  • 1º B de Educación Primaria: luns día 7 ás 11.15 horas na aula.
  • 2º de Educación Primaria:luns día 7 ás 12.15 horas na aula.

 

  • 3º A de Educación Primaria: mércores día 9 ás 10.00 horas.
  • 3º B de Educación Primaria: mércores día 9 ás 10.15 horas.
  • 4º de Educación Primaria: mércores día 9 ás 10.30 horas.
  • 5º de Educación Primaria: mércores día 9 ás 10.45 horas.
  • 6º de Educación Primaria: mércores día 9 ás 11.00 horas.

O obxectivo de etablecer estes horarios é evitar aglomeracións no centro, na medida do posible. Cada grupo de pais será recollido á hora establecida na porta do parque polo mestre correspondente para acompañalos na subida ás aulas. Rógase que se cumpran as medidas de hixiene básicas así como o emprego de máscaras en todo o momento dentro do centro. Asistirá unha única persoa por alumno/a e sen nenos/as.

 

PLAN DE ACOLLIDA COAS NORMAS BÁSICAS DE ORGANIZACIÓN PARA O CURSO 2020/2021.

Pinchando no seguinte enlace poden acceder ao documento onde se detallan as medidas básicas que deben ter en conta as familias para este curso. Recoméndase a súa lectura detallada para coñecer como se organizan os horarios de entrada no centro, así como outros aspectos básicos relacionados coa seguridade e medidas básicas que se empregarán. Este documento foi elaborado atendendo as medidas recollidas no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 19 e ás Instrucións do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación.