Skip to Content

Entroido 2018

Neste Entroido viaxamos no tempo con Sabela e o cole enchéuse de trogloditas, exipcios, gladiadores, centurións, vikingos, damas, cabaleiros, guerreiros, reis, raíñas, indios, cortesanas, mesoneiras, piratas, cardenais, nobles, meninas e ata o mesmísimo Napoleón!!

Coma sempre pásamolo moi ben e enchemos as barrigolas cos doces de Entroido que as familias aportaron. Grazas pola colaboración!

 

As coplas deste ano estiveron cargadas de enxeño e orixinalidade.

Día Escolar pola Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia"

Como sempre, no cole, non desaproveitamos a ocasión para bailar e cantar, que tanto nos gusta!!!

Este ano bailamos a "Danza da Esperanza" de Mamá Cabra, que nos ensinou o profe Antonio.

Quedounos moi chula!!

Tamén fixemos un mural coas nosas mans cheas de desexos de Paz porque "a Paz está nas nosas mans" e se queremos  cambiar o mundo e facelo un lugar mellor onde vivir temos que poñer todo das nosas mans!!

Guardar

Visítanos Antonio García Teijeiro

Hoxe tivemos unha visita excepcional!

Grazas ao proxecto O Faro da Escola, do Faro de Vigo, visitounos Antonio García Teijeiro, poeta e gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Poemar o mar".

Con el poemamos o mar, cantamos, borramos as cousas malas do mundo coa nosa goma máxica e gozamos da poesía como nunca!

Tivemos unha conversa moi agradable, na que xurdiron preguntas moi interesantes.

Aproveitamos a ocasión para amosarlle o pequeno vídeo que os cativos de 3 anos fixeron o curso pasado co gallo do Día da Poesía.

Moitas grazas, foi un pracer recibilo no noso cole!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

23/01/18 - Faro de Vigo - El mar hecho poesía y música en Vilagarcía

24/01/18 - Faro de Vigo - El hombre que hace poemas con sirenas y gomas de borrar

Guardar

Viaxando pola Prehistoria de Vilagarcia

Unha vez máis alucinamos!

Despois de dar saltiños no tempo dunha época a outra da Prehistoria e ver que utensilios empregaban puidemos ver o Castro de A Xaiba dende o ceo, e enterámonos de que existe unha lenda que fala da existencia dun túnel dende o castro ata Castroagudín.

Tamén puidemos ver obxectos de cerámica, hastas de cervos... que nos fixeron entender mellor como vivían naquela época.

Grazas, Beatriz por vir de novo contarnos tantas cousas interesantes!

Festival Nadal

Un ano máis despedimos o primeiro trimestre de curso co noso popular "Festival de Nadal"

Como sigamos así imos ter que empezar a facer os festivais no Auditorio pois non cabía un alfinete.

Esperamos que as actuacións que con tanto agarimo preparamos fosen do voso agrado.

BOAS FESTAS E FELIZ 2018

 

Chegou Papá Noel!

Este ano recibimos a Papá Noel a ritmo de tambores..... bueno de caldeiros ....

Como xa vos contamos o outro día estivemos preparando unha actuación de percusión e así foi como hoxe amenizamos a chegada ao noso cole do home de vermello.

Os máis pequenos coma sempre con esa sensación que non saben se  rir ou chorar, entre nerviosos e asustados pero en definitiva felices!

Os maiores querendo aparentar, pero no fondo encantados de recibir os caramelos da man do viaxeiro do Norte.

Grazas á ANPA pola súa colaboración para  manter a maxia destas datas!

 

Recomendacións de lectura

Como cada Nadal o equipo da Biblioteca do cole, xunto con Sabela, realiza unha selección de libros moi intersantes para todas as idades.

Dende os máis cativos aos máis maiores non esquezades incluír na vosa carta algún libro porque xa sabedes que "Ler non pasa de moda"


 

Obradoiro de percusión

Hoxe tivemos un obradoiro moi divertido.

Aprendemos percusión!

Ao principio non se nos daba moi ben pero pouco a pouco collemos o ritmo.

 

Estade atentos porque gracias a este obradoiro ides levar unha boa sorpresa un día destes!

Graciñas Didier.

Recollida alimentos

Como cada ano as familias do cole colaboran con Amigos de Galicia na recollida de alimentos.

Coa nosa aportación  agardamos axudar a que estas datas non sexan tan duras para as familias máis necesitadas.

Moitas grazas ás familias do centro pola vosa solidariedade e xenerosidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut