Skip to Content

Inicio curso 24-25

Comezamos un novo curso con moita ilusión!

Este ano Sabela vai coñecer todos os segredos da nosa vila, queredes acompañarnos? Empezamos a aventura coa compañía do marqués García de Caamaño (fundador da Vila) e o Excmo. Sr. Alcalde Alberto Varela, que inauguraron o curso.

 

Despois cos guías de Sabelatis Tour fixemos un roteiro ata chegar ás aulas. Máis tarde realizamos unhas cucañas mariñeiras para dar fin a unha xornada aínda que de incio de curso moi festiva.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

11/09/24 - Diario de Arousa - Una aventura con regreso al futuro: García Caamaño se apunta a la vuelta al cole.

 

 
 

Documentación comedor curso 2024/2025

Informamos que todos os usuarios do comedor escolar deben cubrir e entregar a ficha adxunta. Ademais, aquel alumnado que presente algún tipo de alerxia é preciso que cubra o documento correspondente acompañado do informe médico. 

Pódese entregar por correo electrónico ou presencialmente no centro en horario de 10 a 13:30.

O prazo de entrega da documentación é o vindeiro luns, 9 de setembro. É preciso que toda a documentación estea entregada para poder facer uso do servizo.

Reunións informativas familias

As datas das reunións informativas de inicio de curso coas familias son as seguintes:

- 5º e 6º de Educación Infantil: martes, día 10 de setembro ás 12:00 horas.

- Educación Primaria: martes, 24 de setembro ás 16:00 horas.

Reunión inicio de curso alumnado 4º Educación Infantil

Informamos que o vindeiro xoves, día 5 de setembro ás 11 horas, terá lugar no centro educativo unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil.

 

Axudas á escolarización para o alumnado de Educación Infantil

O Concello vén de convocar as axudas á escolarización que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias do alumnado de Educación Infantil.

Como figura nas bases, as familias que reúnan os requisitos recibirían unha axuda de 70€ por neno ou nena.

O prazo de solicitudes está aberto do 1 ao 30 de setembro.

Nos documentos adxuntos pódense consultar as bases e descargar o formulario de solicitude, que se tramitará no propio concello.

Listaxes provisionais das axudas de material e fondo libros para o curso 2024/2025

Dende hoxe están publicadas as listaxes provisionais das axudas de material e fondo libros para o curso 2024/2025. Pódense consultar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  (é necesario ter certificado dixital) ou ben no centro educativo en horario de 10 a 13 horas.

O período de reclamacións será ata o vindeiro venres, día 5 de xullo.

Autorización uso do transporte escolar curso 2024/2025

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, Considérase usuario NON lexítimo e, polo tanto, debe entregar esta autorización, aquel alumnado con domicilio de residencia ou laboral a menos de 2 km ou aquel que resida fóra da zona de influencia do centro, é dicir fóra dos límites das parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

O prazo para entregar a documentacion remata o xoves, 5 de setembro de 2024.

O horario de entrega da documentación será:

Do 2 ao 12 de xullo: de 10 a 13 horas.

Do 2 ao 5 de setembro: de 10 a 14 horas.

Libros de texto curso 2024/2025

Faise pública a listaxe de libros de texto para o curso 2024-25 (ver adxunto). O alumnado de 5º e 6º de primaria non precisará libros por pertencer ao programa Edixgal.

Autodeclaración comedor curso 2024/2025

As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2024-25 deberán entregar o formulario de autoliquidación cuberto ata o 12 de xullo. 

O horario de entrega da documentación será de 10:00 a 13:00h. Tamén se pode entregar por correo electrónico enviando a solicitude cuberta ao correo do centro (ceip.rubians@edu.xunta.gal).

Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prezos de comedores escolares para realizar o cálculo.

Este formulario téñeno que entregar obrigatoriamente todos os usuarios de comedor. Non é o mesmo documento que se enviou en maio.

Telexornal 2024

Para finalizar o curso, que mellor que un resumo deste ano olímpico realizado polo alumnado de 6º. Que argallarían este ano? Sorpresa, sorpresa...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut